Ir al contenido principal

2 Domingo Nadal 2011

Sen Ti non somos nós......

e sen ti, tampouco

PÓRTICO

Canto temos vivido desde que comezou o tempo de Nadal foinos levando a que asentase en nós unha idea: Deus está entre nós. E isto que temos escoitado tantas veces, quere indicarnos que falamos dun Deus cercano, que se fai un de nós, e que, coma nós, vive e sente as nosas mesmas emocións: sofre, alédase, chora, goza… porque iso é o que a nós nos pasa. Non está alá no ceo e mirando para o outro lado, senón que quere facerse achega continuada ao noso lado. Que por riba de todo o externo que rodea este tempo de Nadal, saibamos descubrilo como amigo e compañeiro nesta fermosa viaxe que é aprender a estar no mundo con actitude participativa e colaboradora con todas aquelas causas que teñen ao ser humano como horizonte e fin polo que traballar.

O PERDÓN

  • Porque a nosa fe non vai da man da nosa vida e así non dubidamos en chamarnos cristiáns ao tempo que asoballamos a quen temos ao lado, SEÑOR,NON TE AFASTES NUNCA DE NÓS.
  • Polas veces nas que temos tomado o teu nome en van ao permitir que as persoas fosen tratadas como números ou cousas, e non fixemos nada para impedilo, CRISTO, NON TE AFASTES NUNCA DE NÓS.
  • Polas veces nas que temos caído na tentación de non crerte necesario como amigo e compañeiro na viaxe da vida, SEÑOR, NON TE AFASTES NUNCA DE NÓS.

REMUÍÑO

  • A sabedoría de Deus ten ben pouco que ver coa nosa sabedoría. Si, pois namentres nós entendemos que saber é acumular conceptos, datos, recordar moitas cousas… Deus preséntase como Aquel que se fai presente no medio do pobo, entre a xente, de xeito sinxelo, escoitando, aprendendo do que os demais van dicindo; descubrindo como e de que maneira se poden facer cousas para que os demais as disfruten. Si, a imaxe que desde a Palabra de Deus se nos vai presentando del, nada ou pouco ten que ver coa que nós tantas veces utilizamos. Por iso, estando como estamos a celebrar o tempo de Nadal, pode ser este un bo momento para esforzarnos máis por coñecer ao Deus en quen confiamos, ao que lle rezamos e do que dicimos que é luz no noso camiño. Un coñecemento que nos axudará a saber velo/descubrilo moito máis preto e coa disposición de acompañarnos sempre. Por iso dicimos que é sabio, porque sabe estar alí onde se lle necesita. E non o fai anunciándose ou saíndo nos medios de comunicación, senón dun xeito sinxelo e buscando non facer moito balbordo. Seremos capaces de recoñecer esta sabedoría e aplicala na nosa vida?.
  • Porque quería estar ao noso carón e non deixarnos de lado, inda que as veces cústanos descubrilo, mandounos ao seu Fillo para que aprendésemos a ver nel a imaxe do Pai que agarima, escoita, esixe, pero fundamentalmente e por riba de todo, ama. E desde Cristo foi poñendo en marcha unha comunidade, nós, que desde hai dous mil anos temos como tarefa experimentar na nosa vida que sabernos fill@s de Deus é motivo, non de vergoña ou de mala conciencia, senón de gozo e alegría: somos fill@s de Deus!, "fill@s no Fillo". É dicir, non somos seres anónimos uns para cos outros, nin rostros abocados á ausencia e á indiferenza, senón ao recoñecemento e a valoración de uns cara os outros. E somos así porque a filiación de Deus convértenos en irmáns. E como non imos preocuparnos uns polos outros se o vínculo que nos une é tan forte que fai que ninguén deba ser considerado de menos ou tratado como se fose unha pedra?. Que Deus nos teña destinado a ser os seus fill@s, e que en Cristo mostra na súa totalidade o seu amor, ha levarnos a revisar as nosas maneiras de tratarnos uns aos outros, tamén os enfrontamentos que tantas veces creamos por cuestións de quen é máis importante ou cal é o que ha merecer máis e mellor recoñecemento. Inda que o teñamos esquecido, e outras veces negado, somos iguais, e chamados a camiñar na esixencia de tender a man e non de aplastar o puño na cara de ninguén.
  • Para iso a Palabra se encarnou. E fíxoo dunha maneira sinxela, case imperceptible para moitos, polo que só os corazóns verdadeiramente dispostos a acoller e a deixarse enchoupar da toda a humanidade que o Deus feito Home veu deixar entre nós, son capaces de entendelo e descubrilo. Encarnouse naquela fría noite en Palestina, e segue a encarnarse tamén nestas frías noites, de corazón duro e sentimentos ausentes, do hoxe, nas persoas que están solas, sen traballo, esquecidas por tod@s e sen ter ao seu lado alguén que os escoite. Encárnase cada noite neses nen@s para os que a vida só é sinónimo de violencia, abuso e explotación. Encárnase cada noite en quen busca romper a situación de pobreza por ter nado, sen que o elixise, alí onde só os ricos teñen privilexios, e aos pobres non lles queda máis que morrer porque se lles ignora. No alí de hai dous mil anos, e no aquí de hoxe en día, Xesús segue a encarnarse porque quere acampar entre nós.

ORACIÓN DA COMUNIDADE

A Palabra encarnada, Xesús, volve mostrársenos como a Palabra que quere alentar e acompañar a nosa vida. Dispoñámonos a acollela e compartila comunitariamente dicindo xunt@s:

GRAZAS, SEÑOR, POR QUERER QUEDAR NA NOSA CASA

  • Para que, como Igrexa que acolle a Palabra, non esquezamos nunca que facer presente a Xesús é levalo coa nosa vida á hora de facer as cousas de xeito coherente, honesto e solidario, OREMOS.

GRAZAS, SEÑOR, POR QUERER QUEDAR NA NOSA CASA

  • Para que nas nosas comunidades aprendamos a descubrir a presenza da Palabra nos máis necesitados e esquecidos, e así, co noso xeito de achegarnos e a maneira de poñer calor humano onde hai friaxe inxusta, testemuñemos a fe, OREMOS.

GRAZAS, SEÑOR, POR QUERER QUEDAR NA NOSA CASA

  • Para que de verdade as nosas palabras axuden a descubrir a verdadeira Palabra, Xesucristo. El asumiu a condición humana para acompañar a nosa vida, mostrándose coma un Deus amoroso e solidario, creador de tecido comunitario, OREMOS.

GRAZAS, SEÑOR, POR QUERER QUEDAR NA NOSA CASA.

Grazas, Señor, por facerte Palabra viva e estimulante para cada un e cada unha de nós.Por Xesucristo o noso Señor.Amén.

PARA A REFLEXIÓN

O REINO

No tempo aquel,

cando os animais falaban,

dicir liberdade non era triste,

dicir verdade era coma un río,

dicir amor, dicir amigo,

era igual que nomear a primavera.

Ninguén sabía dos aldraxes.

Cando os animais falaban

as persoas cantaban nos solpores

pombas de luz e xílgaros de soños.

Dicir teu e meu non se entendía,

dicir espada estaba prohibido,

dicir prisión sómente era unha verba sen senso,

un aire que mancaba o corazón da xente.

¿Cando,

cando se perdeu, este gran Reino?


 

Celso Emilio Ferreiro

CANTOS

  • ENTRADA: Camiñarei na presenza do Señor
  • LECTURAS: A túa palabra/As túas palabras, Señor, son espírito e vida
  • OFERTORIO: Ti es camiño
  • COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

2 Pascua 2023

A paz é  camiño  de  e speranza e resurrección   ( Pódese, ad libitum, facer a aspersión no momento penitencial) Cantos •  Entrada.-  Que ledicia miña ( Nº 4 ) •  Lecturas.-   Canta   Aleluia ( Nº 21 ) •  Ofertorio.-  Recibe Señor ( Nº 31 ) •  Comuñón.-  Gracias, Señor, graciñas ( Nº 50 )   Mirada agradecida   ​ O tempo de Pascua é tempo de testemuño e esperanza compartida. O primeiro, o testemuño, vano dando os seguidores e seguidoras de Xesús a medida que van vencendo os seus medos e comezan a saír e  compartir  coa veciñanza que Cristo vive; que a súa vida foi semente de vida nova e alegría que precisaban anunciar. E é  esperanza  porque esa alegría é froito da presenza, sempre alentadora, de Xesús na súa  cotidianeidade. Xesús non é o ausente ao que se lle recorda, ao contrario, é presenza viva que fai reactivar a aqueles e aquelas que o coñeceron e acompañaron . Deste xeito pouco a pouco  foron  vencendo medos e dúbidas; deste xeito, tamén nós recibimos tamén a invitación de ser h

Vixilia Pascual 2023

       1      5)     LITURXIA DA EUCARISTÍA  ð   OFERTORIO  ð   SANTO  ð   NOSO PAI  ð   PAZ  ð   COMUÑÓN  ð   MIRADA ESPERANZADA   ð   DESPEDIDA  ð     6)     CANTO GOZOSO •         Ao prender o lume : A Cristo cantamos (Nº 110)  •         Na procesión cara o templo : Amigos nas penas  •         Lecturas  o   1º Ergo os meus ollos cara aos montes (Nº 112)   o   2º Pai, Pai, póñome nas túas mans  o   3º As túas Palabras, Señor, son espírito e vida  o 4º Benaventurados (Nº 119)  o   Canta Aleluia (Nº 21)  •         Aspersión:  A auga do Señor (Nº 124) •         Ofertorio : Sementar, sementarei  •         Santo:  Santo es ti (Nº 39)  •         Noso Pai : No camiño do amor (Nº 43)  •         Comuñón : Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)   •         Canto final á Virxe:  Boas noites (Nº 70)      P ORQUE A MORTE FOI VENCIDA ,  FAGAMOS QUE  AS BÁGOAS SE CONVERTAN EN SORRISOS   LUME DE QUENTURA E LUZ   Ao redor do lume, que nos ofrece luz e quentura, xuntámonos no nome do Señor para comezar a cel