Ir al contenido principal

Domingo de Ramos


ESQUEMA

FÓRA DO TEMPLO

*  SAÚDO
*  ESCOITA ACTIVA
*  BENDICIÓN DOS RAMOS
*   CANTO PROCESIONAL: GRAZAS, SEÑOR, GRACIÑAS

DENTRO DO TEMPLO

*CORAZÓN MISERICORDIOSO
*GLORIA
*ORACIÓN COLECTA
*PROCLAMACIÓN DA PALABRA
ðIs. 50, 4-7
ðCANTO: TODO O MUNDO UNHA FAMILIA
ðMt. 21, 1-11
*PALABRA ENRAIZADA
*CREDO
*CORAZÓN MISERICORDIOSO
*OFERTORIO: BENAVENTURADOS
*   PAZ: QUE VEÑA A PAZ
*COMUÑÓN: ANDAREI NA PRESENZA DO SEÑOR
*MIRADA ESPERANZADA
*BENDICIÓN












A PLURALIDADE E RIQUEZA DA COMUNIDADE ENGRANDECE E DIGNIFICA A ACOLLIDA QUE EN XESÚS SOMOS INVITAD@S A REALIZAR COS IRMÁNS. BENDITOS OS QUE VEÑEN NO NOME DO SEÑOR!
(Comézase fóra, a poder ser nun lugar un pouco afastado da Igrexa, para poder camiñar procesionalmente unha vez bendicidos os ramos).
SAÚDO
Quen preside: A paz, o ben e máis a xustiza de quen pasou polo mundo facendo o ben, estean con todas/os vós.
ESCOITA ACTIVA
            Os xestos á hora de expresar e celebrar a fe son moi importantes. E isto é así porque o relixioso necesita ser comprendido e celebrado para poder logo vivilo no cotián das nosas vidas, polo que precisa dunha linguaxe que se faga comprensible e comunicable e duns sinais que todos entendamos. Como se non falar de Deus, de amor ou de misericordia, por exemplo?. Neste domingo que abre o tempo da Semana Santa, todos traemos ramos e palmas como sinal de alegría, de encontro, de festa; pero tamén de acollida e sentido comunitario da fe en Xesús, aquel que entrou en Xerusalén e foi recibido nas rúas con estrondo ledo e festeiro.

          Tamén nós hoxe somos invitados a traer ánimo de festa para entrar na Xerusalén que nos leva a gozar da resurrección que vence á morte e non se deixa levar pola desgana. Ergamos os ramos e as palmas para dicirlle ao Señor que estamos ledos e con gañas de compartir este encontro comunitario que nos chama a poñernos en camiño cara á Pascua.
BENDICIÓN DOS RAMOS
            En cada unha das nosas parroquias, Señor, queremos acollerte con alegría e espírito de festa. Ofrecémosche ramos e palmas, para agradecer a túa presenza e facerche un sitio entre nós. Queremos que te sintas a gusto ao noso lado e coa túa forza ser luz de xustiza e compromiso de amor para os demais.
          A bendición + que agora realizamos sobre estes ramos e estas palmas no teu nome, lévanos a sentirte como compañeiro nesta viaxe de estar presentes no mundo para dar testemuño da túa mensaxe de vida e esperanza. P.X.N.S. Amén.
CANTO PROCESIONAL: GRAZAS, SEÑOR, GRACIÑAS

--------------------------DENTRO DO TEMPLO------------------------------

CORAZÓN MISERICORDIOSO
*       Porque son moitas as veces nas que non queremos poñernos en camiño, SEÑOR, GRAZAS POR ACOLLERNOS SEMPRE.
*       Porque tamén nós somos moito de facer para que nos vexan, e non de facer sentindo e convencidos, CRISTO, GRAZAS POR ACOLLERNOS SEMPRE.
*       Porque non acabamos de poñer o noso corazón e a nosa vida en disposición de celebrar que acollerte a Ti esíxenos cambiar a forma na que facemos moitas das cousas cada día, SEÑOR, GRAZAS POR ACOLLERNOS SEMPRE.

GLORIA

ORACIÓN COLECTA

PROCLAMACION DA PALABRA (Is. 50, 4-7)

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS

O Señor Deus concedeume lingua de discípulo para saber instruír ao cansado cunha palabra que o anime cada mañá.
El espreguiza pola mañá o meu oído para escoitar coma discípulo.
O Señor Iavé abriu o meu oído, e eu non me rebelei, non me botei para atrás.
Ofrecín o lombo aos que me azoutaban, e a miña cara aos que me arrincaban a barba. Non escondín a miña cara dos insultos e das cuspiñadas.
Pero o Señor axudarame, por isto non me sinto avergonzado, e poño a miña cara coma un diamante, pois sei que non me avergonzarei.
PALABRA DO SEÑOR

CANTO: TODO O MUNDO UNHA FAMILIA












PROCLAMACION DA PALABRA (Mt. 21, 1-11)

PROCLAMACIÓN DA BOA NOVA DO NOSO SEÑOR XESUCRISTO SEGUNDO MATEU

Cando se aproximaban a Xerusalén e chegaron a Betfagué, ao pé do Monte das Oliveiras, mandou Xesús a dous discípulos, dicíndolles:
‑ Ide á aldea que tendes aí de fronte, e de seguida atoparedes unha burra atada e un burriño con ela; ceibádeos e traédeos. Se alguén vos pregunta algo, respondédeslle que lle fan falta ao Señor, e que de seguida llos mandará de volta.
Isto sucedeu para que se cumprise o que fora dito polo profeta:
Dicídelle á filla de Sión:
Velaí o teu Rei que vén onda ti,
humilde e montado nunha burra,
nun burro, fillo de animal de carga.
Foron os discípulos, e fixeron o que Xesús lles mandara. Trouxeron a burra e mailo burriño, botáronlle enriba os mantos, e Xesús montou. Moita xente estendeu os mantos no camiño; outros cortaron pólas das árbores, e estendéronas tamén no camiño. E a xente que ía diante e mailos que o seguían gritaban:
‑ ¡Hosanna ao Fillo de David!. ¡Bendito o que vén no nome do Señor!. ¡Hosanna nas alturas!.
E ao entrar en Xerusalén, toda a cidade conmovida preguntaba:
‑ ¿Quen é este?
A xente respondía:
‑ Este é o profeta Xesús, o de Nazaret de Galilea.


PALABRA DO SEÑOR



PALABRA ENRAIZADA
  • Sitúa o evanxeo de Mateu que temos lido hoxe na celebración, a Xesús ás portas de Xerusalén. É dicir xa está en camiño. Un camiño que, desde o externo, desde o aparente, non parecía doado, foi o que tivo como meta o triunfo sobre a morte. E dicimos que aparentemente non foi doado porque ao longo deste camiño houbo traizóns, enganos, costas viradas e mesmo morte; pero non quedou aí, senón que Xesús foi quen de afrontar todas estas situacións que entorpeceron o seu paso, e acadou canto se propuña: a meta de quen deixou atrás, cando tiña tódolos boletos para que non fose así, o sentido da morte e derrota, para abrir unha xeira nova que tiña como cumio levar a termo a misión que Deus Pai lle encomendara.
  • Do mesmo xeito, tamén nós, queremos iniciar este camiño coa celebración deste Domingo de Ramos. E como lle ocorreu a El, no final deste traxecto está o triunfo sobre a morte e o fracaso: a resurrección. Diante da explotación agroma a solidariedade; fronte a corrupción, o engano é descuberto e xulgado; e cando o enriquecemento ilícito parece que non ten fin, os explotadores son xulgados e reciben o seu castigo. Detrás desta palabra escóndese todo o sentido que os cristiáns lle queremos dar á vida. Un sentido que nos manifesta que desde a fe, aquilo que para outros é fracaso, e como tal renuncia, para un crente non son máis que dificultades que hai que sortear para poder chegar e gozar de ter acadado canto nos tiñamos proposto. Unha fermosa metáfora da vida!.
  • Cando queremos ou nos propomos algo, non sempre resulta doado acadalo, senón que nos esixe traballo, capacidade de sufrimento, esforzo, humildade ou aprendizaxe a dialogar e escoitar canto outros nos poden aportar. Pero sempre paga a pena porque ao final o resultado acádase. E isto é o que quereremos nós celebrar ao longo destes días de Semana Santa: que na vida, para acadar todo isto, e sen renunciar ás dificultades que nos van aparecendo, Deus sempre nos acompaña e non nos deixa solos. Esperanza e utopía non son expresións abstractas e baleiras, senón concreción real de quen ten chegado á meta. Por iso paga a pena non renunciar na metade de camiño, porque toda tarefa inacabada deixa en nós un pouso de insatisfacción e de desacougo que non só entristece, senón que tamén abre unha profunda fenda de perda da autoestima nas nosas capacidades, que moitas veces se expresan no consabido non sei, non podo ou non vallo. Xesús, non sen dificultades, foi capaz de vencer esta tentación, e por iso nós hoxe podemos falar de sentido da vida, esperanza ou solidariedade. Se El abriu o camiño, como nós imos renunciar a continualo!.
CREDO
FRATERNIDADE ORANTE

Comezamos hoxe bendicindo ramos e palmas fóra do noso templo. Que saibamos facer o camiño que nos leva a dirixirnos cara aos nosos irmáns para poder facer xunt@s o camiño que nos leva cara Ti. Por iso dicimos:
COA TÚA PRESENZA, FACEMOS CAMIÑO DE ENCONTRO E ESPERANZA
û  Para que en todas as comunidades cristiás espalladas polo mundo a celebración deste domingo sexa un pulo de forza e optimismo para saber acoller e compartir con outras persoas e institucións, que temos que unirnos e remar xunt@s na defensa dos pequenos e necesitados, OREMOS.
COA TÚA PRESENZA, FACEMOS CAMIÑO DE ENCONTRO E ESPERANZA
û  Para que os que hoxe viñemos bendicir os ramos e as palmas non reduzamos a un simple rito o que acabamos de facer, senón que a bendición que temos recibido supoña un exercicio de solidariedade compartida, desde a ledicia e o acompañamento de quen nos barrios das nosas parroquias agardan de nós un tempo de escoita, un sorriso, unha palabra de ánimo ou a axuda na petición de canto non teñen e os fai pobres e excluídos, OREMOS.
COA TÚA PRESENZA, FACEMOS CAMIÑO DE ENCONTRO E ESPERANZA
û  Para que fagamos deste tempo que vai do Domingo de Ramos ao de Resurrección, experiencia de oración, camiño compartido de reflexión e acción, encontro agradecido de humildade e servizo e disposición a non deixarse levar pola sensación de fracaso ou derrota, OREMOS.
COA TÚA PRESENZA, FACEMOS CAMIÑO DE ENCONTRO E ESPERANZA
Acolle, Señor, canto sae do noso corazón, que agora expresamos de xeito compartido e comunitario. P.X.N.S. Amén.
Canto do ofertorio: BENAVENTURADOS
Canto da paz: QUE VEÑA A PAZ
Canto da comuñón: ANDAREI NA PRESENZA DO SEÑOR
mirada esperanzada
Que a comunidade que hoxe se reúne no teu nome, sexa bendicida coa túa presenza.
Que o pobo de Deus que hoxe, en cada recuncho da terra, se pon en camiño, sexa pobo que acolle, une e busca un mundo máis xusto.
Que as familias, Igrexa doméstica, se esforcen por quererse, respectarse e levarse ben.
Que cantos sofren, atopen mans amigas que os acompañen, animen e se preocupen por aliviarlles a súa dor.
Que os nen@s crezan sendo queridos e valorados desde o exemplo de amor dos seus pais e das súas nais.
Que cantos hoxe temos rezado xunt@s, comecemos a andar cara á pascua de salvación que nos trae esperanza e futuro solidario compartido. Amén.

CANTO GOZOSO
·        CANTO PROCESIONAL: Grazas, Señor, graciñas
·        LECTURAS: Todo o mundo unha familia
·        OFERTORIO: Benaventurados
·        PAZ: Que veña a paz

·        COMUÑÓN: Andarei na presenza do Señor

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

2 Pascua 2023

A paz é  camiño  de  e speranza e resurrección   ( Pódese, ad libitum, facer a aspersión no momento penitencial) Cantos •  Entrada.-  Que ledicia miña ( Nº 4 ) •  Lecturas.-   Canta   Aleluia ( Nº 21 ) •  Ofertorio.-  Recibe Señor ( Nº 31 ) •  Comuñón.-  Gracias, Señor, graciñas ( Nº 50 )   Mirada agradecida   ​ O tempo de Pascua é tempo de testemuño e esperanza compartida. O primeiro, o testemuño, vano dando os seguidores e seguidoras de Xesús a medida que van vencendo os seus medos e comezan a saír e  compartir  coa veciñanza que Cristo vive; que a súa vida foi semente de vida nova e alegría que precisaban anunciar. E é  esperanza  porque esa alegría é froito da presenza, sempre alentadora, de Xesús na súa  cotidianeidade. Xesús non é o ausente ao que se lle recorda, ao contrario, é presenza viva que fai reactivar a aqueles e aquelas que o coñeceron e acompañaron . Deste xeito pouco a pouco  foron  vencendo medos e dúbidas; deste xeito, tamén nós recibimos tamén a invitación de ser h

Vixilia Pascual 2023

       1      5)     LITURXIA DA EUCARISTÍA  ð   OFERTORIO  ð   SANTO  ð   NOSO PAI  ð   PAZ  ð   COMUÑÓN  ð   MIRADA ESPERANZADA   ð   DESPEDIDA  ð     6)     CANTO GOZOSO •         Ao prender o lume : A Cristo cantamos (Nº 110)  •         Na procesión cara o templo : Amigos nas penas  •         Lecturas  o   1º Ergo os meus ollos cara aos montes (Nº 112)   o   2º Pai, Pai, póñome nas túas mans  o   3º As túas Palabras, Señor, son espírito e vida  o 4º Benaventurados (Nº 119)  o   Canta Aleluia (Nº 21)  •         Aspersión:  A auga do Señor (Nº 124) •         Ofertorio : Sementar, sementarei  •         Santo:  Santo es ti (Nº 39)  •         Noso Pai : No camiño do amor (Nº 43)  •         Comuñón : Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)   •         Canto final á Virxe:  Boas noites (Nº 70)      P ORQUE A MORTE FOI VENCIDA ,  FAGAMOS QUE  AS BÁGOAS SE CONVERTAN EN SORRISOS   LUME DE QUENTURA E LUZ   Ao redor do lume, que nos ofrece luz e quentura, xuntámonos no nome do Señor para comezar a cel