Ir al contenido principal

Celebración Penitencia de Corema


Ambientación: Música clásica

Canto: Camiñarei na presenza do Señor

REFLEXIÓN AO COMEZO

          Co tempo de coresma case cumprido, e despois do esforzo por ir deixando atrás toda a dureza de pedra que non axuda a que o noso corazón sexa capaz de latexar desde o que une, axuda, anima e nos fai estar preto dos demais, queremos comezar esta celebración de perdón e misericordia na que Deus quere, outra vez, saír ao noso encontro para dicirnos: vén, non teñas medo, camiña ata aquí, a porta está aberta, deixa atrás o que non te fai feliz, e participa desta festa de alegría e esperanza que é o perdón vivido desde a presenza e a oración compartida da comunidade.
          Dispoñamos logo os corazón para abrirnos a Deus e recoñecer que non sempre temos estado á altura do que El e os irmáns nos merecen.

LECTURA DA PALABRA

1ª lectura
PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DA APOCALIPSE
Isto di o Amén, a testemuña fiel e lexítima, o comezo da creación de Deus. Mira que hai tempo que estou a petar na túa porta. Se alguén escoita a miña voz e abre a porta, eu entraría cabo del e cearía con el e el comigo.
Ao vencedor outorgareille sentar onda min no meu trono, do mesmo xeito que tamén eu vencín e sentei cabo do meu Pai no seu trono.
          Quen teña oídos, escoite o que o Espírito lles di ás igrexas.

Palabra do Señor
Grazas a Deus
Salmo
Camiñarei á vista do Señor na terra da vida
Con que lle pagarei ó Señor
todo o ben que me fai?
Alzarei a copa da salvación,
invocando o nome do Señor;

Moi custosa é ós ollos do Señor
a morte dos seus amigos.
Ai, Señor, que eu son o teu servo,
servo teu e fillo da túa serva,
a quen ti rompíche-las cadeas!

Ofrézoche sacrificios de loanza,
invocando o nome do Señor.
Cumprirei os meus votos ó Señor,
á vista de todo o seu pobo,

Canto: Déixate querer

Evanxeo
PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO XOÁN
Os xudeus comezaron a murmurar de Xesús, porque dixera ''Eu son o pan que baixou do ceo '', e dicían:
 -¿Non é este Xesús, o fillo de Xosé?. Non lle coñecémo-lo pai e maila nai?. Como di, logo ''Eu baixei do ceo''?.
Xesús respondeulles:
- Non esteades aí a murmurar. Ninguén pode vir onda min, se non o trae o Pai que me mandou e eu resucitareino no derradeiro día. Está escrito nos profetas: ''todos serán ensinados por Deus'': todo aquel que escoita ó Pai e aprende, vén onda min.  
Non porque alguén vise ó Pai; o único que viu ó Pai é o que estaba onda Deus; con toda verdade volo aseguro: quen cre, ten vida eterna.
Eu son o pan da vida. Os vosos pais comeron o maná no deserto, pero morreron. Este é o pan que baixa do ceo, para que quen coma del non morra. Eu son o pan vivo que baixou do ceo: se alguén come deste pan, vivirá para sempre; e o pan que eu darei, é a miña carne, para a vida do mundo.
Palabra do Señor
Gloria a ti Señor Xesús
HOMILÍA
v A porta de Deus sempre está aberta: El non pon dificultades. Somos nós os que ranqueamos unha e outra vez diante dela sen decidirnos a entrar.
v El peta tamén na nosa porta, pero facémonos os xordos... e a nosa xordeira acaba por facer dano aos demais, porque:
o   Utilizámolos para o que nos convén
o   Moitas veces tratámolos como se foran cousas que podemos mover ao noso antollo.
v Diante destas actitudes que tantas veces temos, o Señor segue a invitarnos, chamarnos e abrirnos a man; por iso, como nos di o salmo, non debemos perder a capacidade de agradecer. E aquí todos temos que mirar con fondura ao noso interior para recoñecer que moitas veces non son as actitudes de agradecemento cara aos demais, senón as de orgullo, as que van aparecendo no cotián da nosa vida. Que mellor momento ca este para recoñecelo e poñernos en camiño de cambiar deixándoas atrás. Porque, se o Señor non cansa nunca e segue abríndonos as portas e dándonos oportunidades, como non imos estar agradecidos?. Pero tamén: como non facer o mesmo nós cos demais?. A diferenza del, nós si que cansamos rápido e pechamos a porta, porque os nosos medos son máis grandes que a confianza.
v A segunda idea para axudarnos a situar os textos que vimos de ler fálanos de deixar atrás un costume, polo que vemos xa moi vello, e que ten aniñado tanto en nós que nos resulta difícil afastalo. É o de murmurar. Si, iso que tantas veces facemos de veciños, amigos, ou mesmo de xente á que non coñecemos, pero da que falamos de oídas dicindo o que non é , e que tanto dano fai. Como ocorría cos xudeus, tamén esta actitude a practicamos en exceso, e o que é máis grave, moitas veces nin nos damos conta do dano que nos fai e do mal que con ela facemos. Ben podemos esta tarde facer o esforzo de recoñecelo e afastala de nós, porque senón vai ser moi difícil que escoitemos canto nos di o Señor e poidamos ir a El.
v Deixemos logo que repouse esta palabra para que nos axude a recoñecer todo canto temos que deixar atrás, do que pedir perdón, tanto a Deus coma aos irmáns.
DECÁLOGO PARA A REFLEXIÓN PERSOAL
1.    A porta de Deus sempre está aberta. Podemos dicir o mesmo da nosa?. A cantas persoas lle temos pechado a porta da acollida, do sorriso, da escoita ou da tolerancia?.
2.    Están os nosos oídos dispostos a prestar atención ao que nos din as persoas que nos queren e se preocupan por nós, cando nos empeñamos en facer o que nos peta, sabendo que esa decisión non é a mellor para nós?.
3.    As nosas ansias de destacar, de querer ser máis, de aparentar o que non somos, vannos facendo superficiais e indiferentes a canto pasa ao noso redor?. Somos conscientes do dano que nos facemos e que facemos, ao actuarmos así?.
4.    Somos invitad@s por Deus a aprender dos demais porque non o sabemos todo. Habitualmente actuamos así, ou o noso é facer oídos xordos a canto poidan corrixirnos, ensinarnos ou dicirnos os demais?.
5.    A Deus témolo que ir descubrindo no que podemos facer de bo para que os que están ao noso lado sexan felices. Temos isto en conta cando nos relacionamos cos da casa, cos amigos ou cos comapañeir@s de traballo?. Ou imos buscando o Deus creado á nosa imaxe e semellanza, como se fora o “buffet” dunha casa de comidas, e collemos del só o que nos interesa e non nos esixe nin complica a vida?.
6.    Un aspecto importante na vida de todo crente é a súa relación de contacto, diálogo e comunicación con Deus. Sabendo isto, somos capaces ao longo do día de buscar algún momento para darlle grazas, para poñer a nosa vida nas súas mans ou para pedirlle que nos alente e anime nos momentos nos que nos dá o baixón?.
7.    Nun momento no que para moitas familias o pan é escaso, a pesares de que nós non sexamos nin potentados nin millonarios, buscamos a ocasión de dar, compartir ou renunciar a un pouco do noso para que outros poidan comer?. Ou somos dos que se xustifican no seu egoísmo dicindo: non están tan mal, se eu o necesitara non mo darían?. Non debemos esquecer que Xesús insistiu en que non é mellor quen dá máis, senón quen comparte o que ten.
8.    Honestidade, traballo, responsabilidade, verdade e confianza son actitudes que constantemente nos chama a vivir o Evanxeo. Inda que na sociedade os exemplos de moitos son os do engano, a mentira ou a preguiza, nós esforzámonos por non renunciar á invitación de Xesús de vivir o que fai feliz aos demais e non o que os entristece e os considera non como persoas, senón coma cousas?
9.    Os que non aceptaban a Xesús andaban sempre a murmurar del. Porén, nós dicimos que somos os que o queremos, mesmo nos chamamos os seus seguidores. Esforzámonos por non murmurar dos demais, por non caer no costume de criticar sen razón nin fundamento, por non andar malmetendo con contos e mentiras?.
10.           Cando participo na Eucaristía son consciente de que é un momento de esperanza, de festa, de encontro comunitario no que rezamos xuntos, compartimos xuntos, escoitamos a palabra para que asente ben a nosa vida, e sentimos o gozo de comer o pan consagrado; pan de perdón, misericordia e reconciliación. Ou somos dos que vimos e vemos, pero nin estamos co corazón nin participamos con alegría e esperanza compartindo o agasallo que nos fai Xesús de quedar con nós?.
EU CONFESO
PERDÓN
û  Porque nos poden as rutinas e fáltanos o gozo de vivir a fe con sinceridade e sinxeleza, SEÑOR, AFASTA DE NÓS O CORAZÓN DE PEDRA.

û   Porque falamos moito dos demais: criticándoos, dicindo deles o que non é ou buscando facelos de menos, CRISTO, AFASTA DE NÓS O CORAZÓN DE PEDRA.

û   Porque nos gusta dar sentencias sobre os outros, pero non admitimos que nos digan que os equivocados somos nós, que non sempre facemos as cousas ben, que tamén o mal é froito do que nos facemos, e non podemos achacarllo ao demais, SEÑOR, AFASTA DE NÓS O CORAZÓN DE PEDRA.
ABSOLUCIÓN INDIVIDUAL (mentres soa música de fondo que invite a orar en silencio)
ORACIÓN DA COMUNIDADE
Agradecid@s porque Deus, unha vez máis, saíu ao noso encontro, abriunos a súa porta e invitounos a entrar, dicimos:
GRAZAS POLA TÚA MISERICORDIA
1.    Para que non estraguemos coa nosa irresponsabilidade o gozo do perdón hoxe recibido, OREMOS.
GRAZAS POLA TÚA MISERICORDIA
2.     Para que a alegría do teu perdón non a estraguemos nunca ao testemuñar a nosa fe e esperanza cos feitos que realizamos cada día, OREMOS.
GRAZAS POLA TÚA MISERICORDIA
3.    Para que saibamos agradecerche, e non só con palabras, a grandeza de ofrecernos un camiño de realización e crecemento persoal, que non se fai desde o engano nin a mentira, senón desde a confianza e a verdade, OREMOS.
GRAZAS POLA TÚA MISERICORDIA
4.     Para que poidamos vivir e participar con sentido de esperanza e festa, de renovación e creatividade, de unión e colaboración este tempo que nos leva ata a pascua, OREMOS.
GRAZAS POLA TÚA MISERICORDIA
Grazas, Pai, por volver darnos novos folgos e ilusións para seguir mostrando na nosa vida que a fe non é un atranco, senón o camiño para ser felices. P.X.N.S. Amén.
NOSO PAI   Canto: No camiño do amor....
PAZ
COMUÑÓN   Canto: Benaventurados
ORACIÓN FINAL

          Agradecid@s por ter celebrado con gozo esta experiencia de misericordia e cambio persoal, poñemos, Señor, ao teu dispor, a nosa vida, para que a través dela vaiamos mostrando a forza da túa palabra, a esperanza da túa invitación a ser xermolo de vida comunitaria; e o amor que recibido de ti, invítasnos a desenvolver compartíndoo cos que neste momento de dificultade necesitan da nosa man, do noso corazón de da nosa axuda material. P.X.N.S. Amén.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

2 Pascua 2023

A paz é  camiño  de  e speranza e resurrección   ( Pódese, ad libitum, facer a aspersión no momento penitencial) Cantos •  Entrada.-  Que ledicia miña ( Nº 4 ) •  Lecturas.-   Canta   Aleluia ( Nº 21 ) •  Ofertorio.-  Recibe Señor ( Nº 31 ) •  Comuñón.-  Gracias, Señor, graciñas ( Nº 50 )   Mirada agradecida   ​ O tempo de Pascua é tempo de testemuño e esperanza compartida. O primeiro, o testemuño, vano dando os seguidores e seguidoras de Xesús a medida que van vencendo os seus medos e comezan a saír e  compartir  coa veciñanza que Cristo vive; que a súa vida foi semente de vida nova e alegría que precisaban anunciar. E é  esperanza  porque esa alegría é froito da presenza, sempre alentadora, de Xesús na súa  cotidianeidade. Xesús non é o ausente ao que se lle recorda, ao contrario, é presenza viva que fai reactivar a aqueles e aquelas que o coñeceron e acompañaron . Deste xeito pouco a pouco  foron  vencendo medos e dúbidas; deste xeito, tamén nós recibimos tamén a invitación de ser h

Vixilia Pascual 2023

       1      5)     LITURXIA DA EUCARISTÍA  ð   OFERTORIO  ð   SANTO  ð   NOSO PAI  ð   PAZ  ð   COMUÑÓN  ð   MIRADA ESPERANZADA   ð   DESPEDIDA  ð     6)     CANTO GOZOSO •         Ao prender o lume : A Cristo cantamos (Nº 110)  •         Na procesión cara o templo : Amigos nas penas  •         Lecturas  o   1º Ergo os meus ollos cara aos montes (Nº 112)   o   2º Pai, Pai, póñome nas túas mans  o   3º As túas Palabras, Señor, son espírito e vida  o 4º Benaventurados (Nº 119)  o   Canta Aleluia (Nº 21)  •         Aspersión:  A auga do Señor (Nº 124) •         Ofertorio : Sementar, sementarei  •         Santo:  Santo es ti (Nº 39)  •         Noso Pai : No camiño do amor (Nº 43)  •         Comuñón : Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)   •         Canto final á Virxe:  Boas noites (Nº 70)      P ORQUE A MORTE FOI VENCIDA ,  FAGAMOS QUE  AS BÁGOAS SE CONVERTAN EN SORRISOS   LUME DE QUENTURA E LUZ   Ao redor do lume, que nos ofrece luz e quentura, xuntámonos no nome do Señor para comezar a cel