Ir al contenido principal

Sinal de Advento 2016


SINAL DE ADVENTO
O sinal que temos escollido para o advento é un debuxo dunha árbore seca á que cada semana lle iremos engadindo unha folla. Queremos representar así que o advento quere ser para cada un e cada unha de nós un tempo para medrar, para renovarnos desde a esperanza daquel que quere vir ao noso corazón. As follas que iremos engadindo serán diferentes (en cor e forma) para representar así ese poliedro do que tanto nos fala o papa Francisco (cfr. EG 236), un poliedro que recolle o mellor de cadaquén. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

5 Domingo TO B 2018

PERSOAS LOITADORAS, NON SUFRIDORAS Descarga o ficheiro
CANTO GOZOSO
öENTRADA: Amigos nas penas
öLECTURAS: O Señor é o meu pastor (Nº 27)
öOFERTORIO: Acharte presente na vida (Nº 51)
öCOMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55)
PARA NON PERDER O PASO
Cando unha cousa non nos serve, cando non ten nada que poidamos obter dela, deixámola de lado. Na nosa vida de fe, ocorre que moitas veces estamos ermos: non sentimos nada e somos incapaces de poñer en relación canto rezamos co que facemos cada día. Deste xeito, pouco a pouco, váisenos apagando a chama da fe e convertemos todo o que di relación con ela en puro e simple costume, comercio, acto social ou tradición, inda que ás veces o queiramos revestir de cultura para poder mantelo.
Fronte desta situación, os textos que hoxe imos proclamar chámannos a non deixarnos caer nesta tentación, a esforzarnos por non deixar que esmoreza a esperanza, a aprender a gozar do moito que nos enriquece e aporta a fe. Non imos solos, temos un amigo ao noso lado: Xesús. Deixemos…