Ir al contenido principal

Inmaculada 2016

A historia leva as pegadas dos excesos das culturas patriarcais,
nas que a muller era considerada de segunda clase (AL 54)
benaventurada ti, maría, nai e señora, porque grazas ao teu si, a súa misericordia chega a nós
CANTO GOZOSO
o   ENTRADA: Camiñar sen Xesús, sen amor (Nº 68)

o   LECTURAS: Noraboa María (Nº 74)

o   OFERTORIO: Benaventurados (Nº 118)

o   COMUÑÓN: Coa nosa naiciña do ceo (Nº 69)
ESCOITA ACTIVA
         Queiramos ou non admitilo, o noso mundo aínda está lonxe da igualdade entre xéneros e da complementariedade. Os datos obxectivos amósannos que, máis alá de leis e boas intencións, a realidade segue a estar marcada polas diferenzas en todos os ámbitos sociais. Desde a fenda salarial (en España os homes cobran un 20% máis) ata o feminicidio (45 mulleres mortas en España neste ano) hai un longo regueiro de diferentes xeitos de desigualdade que nos empurran a traballar para que a dignidade que Deus pousou en nós, sexa sempre respectada e defendida.

         Velaí a nosa misión, unha misión na que non estamos solos, senón que o Señor camiña con nós, enchendo de esperanza e sentido a nosa vida... E hoxe este camiño ten unha parada para honrar a María, muller valente que confiou en Deus e que, a pesares de intuír o que lle viña enriba, non dubidou en darlle como resposta un si incondicional e radical.

       Que aprendamos dela a dicirlle nós tamén si a Aquel que vén para que encher a nosa vida de sentido e de amor.
CORAZÓN MISERICORDIOSO
·      Polas veces nas que a Igrexa, basicamente a súa xerarquía, non coñece nin recoñece o papel fundamental da muller, SEÑOR, ILUSIÓNANOS DE NOVO.

·      Polas veces en que non respectamos as opinións dos demais, o seu xeito de vivir e de pensar, CRISTO, ILUSIÓNANOS DE NOVO.

·      Polas veces nas que á voz da muller lle esiximos un plus para ser escoitada, SEÑOR, ILUSIÓNANOS DE NOVO.
OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN
A primeira lectura, tomada do libro da Xénese, reflicte dun xeito claro unha postura moi de moda na nosa sociedade, e polo tanto tamén na nosa Igrexa: a de botar balóns fóra, evadíndonos das nosas responsabilidades, eludindo os nosos compromisos. Porque.... canto nos custa asumir os nosos erros, como nos rebotamos cando alguén ousa dicir ou suxerir que algo do que fixemos, dicimos ou de cómo actuamos, non é correcto!. Porén, qué enganad@s estamos pensando que a soberbia, a prepotencia ou o inmobilismo son actitudes construtivas!!!. Cando daremos entendido que só desde un compromiso real no mundo e co mundo, no que xustiza, solidariedade, respecto, igualdade, amor e coherencia non sexan só palabras fermosas, senón actitudes da nosa vida cotiá, poderemos facer presente o Reino de Deus!.

Un Reino no que temos cabida tod@s, que non entende de distincións por mor do lugar de nacemento, de idade, de status social, de nivel de estudos... e tampouco por mor de xénero, pois como nos lembra Paulo tod@s, tamén as mulleres, fomos elixidas para sermos sant@s por amor; tod@s, tamén as mulleres, temos talentos; tod@s, tamén as mulleres, temos voz, temos ideas, temos creatividade, temos criterio, estamos comprometidas fondamente coa causa de Xesús... e o que é máis importante: queremos que se nos teña en conta e se nos escoite. Non podemos, xa que logo, seguirnos refuxiando no típico tópico de que “os apóstolos eran todos homes” para soster algo que é, a todas luces, insostible. Por que unha Igrexa que debera ser sobre todo nai e mestra, unha Igrexa chamada a ser experta en humanidade –curiosamente todas categorías teñen xénero feminino- seguimos tendo tantos prexuízos cara ás mulleres? Xesús, fillo de Deus, fillo de María, mirou ás mulleres de xeito diferente á xente do seu tempo, porque as mirou con ollos de igualdade. A súa é unha mirada fonda, ao corazón, e non unha mirada superficial coma a nosa que só repara no envoltorio para escoller o papel que máis lle gusta e que, curiosamente, sempre é o masculino.


María é, para as persoas crentes, muller de fe e de audacia, muller de entrega e solidariedade, muller de fidelidade e esixencia, muller de servizo gratuíto e responsable desde a entrega, sempre xenerosa, aos demais. Por isonon é só un nome nos nosos beizos nin unha festa no calendario litúrxico. Non. María é testemuño gozoso de reivindicación do papel da muller na nosa sociedade. Ela ábrelle un camiño ás mulleres, hoxe e sempre, na súa loita por facérense visibles. A súa figura é unha chamada a todas as persoas crentes, especialmente ás mulleres, para que o compromiso pola vida ao que nos invita Xesús se realice cada día de xeito xeneroso e nobre na gratuidade dun si que se concreta hoxe, dentro e fóra da Igrexa, desde o traballo de tantas mulleres que saben que os tempos son chegados, que xa non se pode mirar atrás e vivir do pasado, senón erguer a mirada e construír esperanza desde a igualdade complementaria.


É hora de que, como María, tod@s esteamos dispost@s a dicir: que se cumpra en nós a túa Palabra. Para Deus non hai imposibles. Por que para nós si?.
FRATERNIDADE ORANTE
Como María, poñámonos tamén nós hoxe en actitude de acoller a misericordia de Deus e digamos:

QUE SE CUMPRA EN NÓS A TÚA PALABRA

Pola Igrexa, para que nunca esqueza que a súa credibilidade pasa sempre polo camiño do amor misericordioso e compasivo, un amor de nai; OREMOS.
QUE SE CUMPRA EN NÓS A TÚA PALABRA

Polas mulleres que nas nosas comunidades levan a cabo distintos servizos, para que o seu traballo e esforzo sexa sempre valorado, coñecido e recoñecido, OREMOS.
QUE SE CUMPRA EN NÓS A TÚA PALABRA

Por cada un e cada unha de nós, para que, como María, realicemos a experiencia de abrir o noso corazón ás persoas que viven nas periferias existenciais creadas por un mundo inxusto, OREMOS.
QUE SE CUMPRA EN NÓS A TÚA PALABRA

Por todas as mulleres que dun cabo ao outro do mundo sofren polo simple feito de ter nacido mulleres: as vítimas da violencia de xénero, as que son obrigadas a prostituírse, as que son escravizadas polos modelos estéticos imperantes na nosa sociedade, as que non teñen acceso a unha cultura que permita o seu desenvolvemento como persoa, as que son ignoradas polos vellos prexuízos; OREMOS.
QUE SE CUMPRA EN NÓS A TÚA PALABRA

Grazas, Señor, por estar sendo alento, forza, camiño e esperanza na nosa vida. Que, coma María, perdamos os nosos medos e traballemos por poñer no centro sempre a misericordia. P.X.N.S. Amén.
MIRADA ESPERANZADA
MARÍA DA ESPERANZA
María de Nazaret, nai do noso Señor,
compañeira das nosas marchas,
vén visitarnos e queda con nós.
María, Virxe da Esperanza,
contáxianos a túa forza,
achéganos o Espírito que enche a túa vida.
Axúdanos a vivir con ledicia,
a pesares das probas e das cruces
que atopamos no seguimento do teu Fillo.
Que non nos desalente a lentitude dos cambios,
que as espiñas da vida non afoguen a semente do Evanxeo.
Que non perdamos a utopía de crer que outro mundo é posible.
Que non nos crucemos de brazos na loita pola xustiza
e na práctica da solidariedade.
Que non se enturbe a nosa mirada
ata tal punto que non véxamos a luz do Señor que nos acompaña sempre,
que camiña ao noso carón,
que nos sostén nos momentos duros.
Que, coma ti, sexamos quen de dicirlle si
cos nosos feitos, coas nosas actitudes, cos nosos xestos....
coa nosa vida!.Señor Xesucristo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

5 Domingo TO B 2018

PERSOAS LOITADORAS, NON SUFRIDORAS Descarga o ficheiro
CANTO GOZOSO
öENTRADA: Amigos nas penas
öLECTURAS: O Señor é o meu pastor (Nº 27)
öOFERTORIO: Acharte presente na vida (Nº 51)
öCOMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55)
PARA NON PERDER O PASO
Cando unha cousa non nos serve, cando non ten nada que poidamos obter dela, deixámola de lado. Na nosa vida de fe, ocorre que moitas veces estamos ermos: non sentimos nada e somos incapaces de poñer en relación canto rezamos co que facemos cada día. Deste xeito, pouco a pouco, váisenos apagando a chama da fe e convertemos todo o que di relación con ela en puro e simple costume, comercio, acto social ou tradición, inda que ás veces o queiramos revestir de cultura para poder mantelo.
Fronte desta situación, os textos que hoxe imos proclamar chámannos a non deixarnos caer nesta tentación, a esforzarnos por non deixar que esmoreza a esperanza, a aprender a gozar do moito que nos enriquece e aporta a fe. Non imos solos, temos un amigo ao noso lado: Xesús. Deixemos…