Ir al contenido principal

22 domingo TO A 2017


PASAR POLO GÓLGOTA… PARA CHEGAR AO TABOR
https://drive.google.com/file/d/0B-QLZ-tpDg-aOEx2SE5mS3NUbGs/view?usp=sharing

CANTO GOZOSO


ö ENTRADA: Non vou so (Nº 60)

ö LECTURAS: Déixate querer (Nº 61)

ö OFERTORIO: Misioneiro (Nº 37)

ö COMUÑÓN: Acharte presente (Nº 115)

ESCOITA ACTIVA


Vivimos nunha sociedade na que todo se move polos cartos, que mesmo nos fan perder a cabeza. O desexo de acumular máis e máis lévanos á competencia, á deshumanización e á morte.

E nesta sociedade nosa que atropela aos máis febles e aplaude aos que gañan, Xesús hoxe lémbranos, coa súa pregunta, que o sentido da vida non está no materialismo abafante nin no utilitarismo tan en boga, senón que somos invitad@s a saber descubrir que só gaña a verdadeira vida quen é capaz de entregala xenerosamente.

Oxalá que a Palabra proclamada e o Pan compartido nos axuden a non deixarnos engaiolar por falsos cantos de sereas.

CORAZÓN MISERICORDIOSO


*  Porque seguimos sen ser capaces de descubrirte na dor da persoa enferma, na tristura da persoa desesperanzada, na mirada perdida da persoa que se sinte sola ou no tempo que non queremos compartir con quen precisa de nós, dicímosche; SEÑOR, A NOSA ALMA TEN SEDE DE TI.

*    Porque seguimos crendo que o sentido da vida está en ter cartos, poder e prestixio, sen dar entendido que a vida só ten sentido cando se gasta e se desgasta para facer felices aos demais, dicímosche; CRISTO, A NOSA ALMA TEN SEDE DE TI.

*   Porque son moitas as veces nas que nos deixamos levar (non sei, non podo...) e renunciamos a seguir o camiño que Ti nos marcas, pois supón esixencia, esforzo e compromiso, dicímosche; SEÑOR, A NOSA ALMA TEN SEDE DE TI.

OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN


· Un bo slogan que defina ben a nosa sociedade, podería ser “obtéñao todo e obtéñao agora”. E é que a nosa é a sociedade do confort, do inmediato, do non esforzo…. Unha educación excesivamente permisiva, unha falta total de autodisciplina, un ambiente social cheo de estímulos que nos empurran só a gañar, gozar, gastar e disfrutar, o medo a non vivir intensamente ou a aparecer coma fracasados e reprimidos…. estannos a conducir a un xeito de vida no que palabras coma renuncia, sacrificio, esforzo…. xa non teñen cabida.

· Pero tamén nos decatamos de que non é este o camiño axeitado para vivir en plenitude, e cando satisfacemos un desexo, rapidamente xorde outro novo máis apremante e excitante que o anterior, convertendo a nosa existencia nunha carreira de tolos no que o único que nos enche parece que é ter sempre máis e disfrutar máis intensamente. Quedamos así atrapad@s nunha trampa que non ten saída cara á verdadeira liberdade, senón que nos conduce a unha cruel escravitude.

·  E neste crebacabezas…. como encaixamos a nosa fe?. Pois… do mesmo xeito que os demais elementos: facemos unha fe a medida, buscamos un cristianismo cómodo, que case ben coas tendencias da nosa sociedade. O que me interesa cólloo, o que non, déixoo. Por iso entendemos perfectamente a actitude de Pedro, mesmo nos identificamos con ela: o pasado domingo, recoñece en Xesús ao Mesías, e hoxe non é quen de entender que o seu é un camiño de renuncia e sacrificio. A el, coma a nós, gustábanlle os aspectos amables do seguimento; pero non o sacrificio. Gustáballe o Tabor, pero non o Gólgota. Hoxe, tamén a nós nos gustan determinados aspectos da nosa fe que poderíamos dicir son os aspectos folclórico-festivo: a Misa e a festa do día do patrón, as cerimonias sociais (vodas, bauticeiros, comuñóns…), as procesións…. pero cando o que se nos pide é coherencia, cando nos decatamos de que estamos chamad@s a encarnar a nosa fe na nosa vida de cada día, cando caemos na conta de que a fe é o cristal a través do que debemos ver e xulgar o noso mundo para así poder logo actuar, cando nos damos de conta de que ás veces a fe esixe renuncia e sacrificio, cando temos descuberto que a fe compromete a vida enteira…. Entón, a cousa cambia!

· Porque a Boa Nova de Xesús sitúa o noso comportamento cotián no camiño da esperanza: aquí e agora é cando nos xogamos a salvación. Traballamos para ser libres e para, desde a tolerancia, o diálogo e o respecto, construír un mundo mellor co esforzo de todas as persoas de boa vontade. E neste fermoso proxecto temos cabida todas as persoas, coas nosas cousas boas e cos nosos erros. Xesús chámanos a cargar coas nosas cruces, cos nosos desánimos, coas nosas neuras… para achegarnos a Deus Pai, que é alento e forza. Estamos dispost@s a deixarnos acariñar por El?

FRATERNIDADE ORANTE


Poñámonos agora nas mans de Deus, que nos ama, e digámoslle:

QUE FAGAMOS DA FE MOTOR DA NOSA VIDA

o   Pola Igrexa, para que poñendo sempre á persoa no centro do seu actuar, entenda que a está chamada a gastarse no servizo incondicional, humilde e sinxelo a prol de todas as persoas, sen ningún tipo de excepción, OREMOS.

QUE FAGAMOS DA FE MOTOR DA NOSA VIDA

o  Polas nosas comunidades, para que non convertamos a fe en algo baleiro e estéril, senón que pola contra, sexa o motor que nos leve a traballar por un mundo mellor, coas mesmas oportunidades para todas as persoas, OREMOS.

QUE FAGAMOS DA FE MOTOR DA NOSA VIDA

o   Por tantas e tantas persoas crucificadas no mundo de hoxe: @s famentos, as mulleres maltratadas e tratadas coma obxectos, @s nen@s escrav@s, @s vell@s abandonad@s, @s que non teñen saúde, traballo ou vivenda digna… para que sexamos quen, desde a nosa opción por Xesús, de axudarlle a levar a súa carga, OREMOS.

QUE FAGAMOS DA FE MOTOR DA NOSA VIDA

Grazas, Señor, por quereres que a fe sexa a luz que alumee o noso camiño e non un conxunto de normas inútiles. PXNS. Amén.

MIRADA DIFERENCIADA


Ti, Señor, dis: “O que queira poñer a salvo a súa vida, perderaa; pero quen a perda pola miña causa, poñeraa a salvo”.

E nós, egoístas e covardes, a pesares das túas palabras, temos medo a gastar e a entregar a vida.

Gastar a vida é:

û  Traballar polos demais, aínda que non nos paguen

û  Facerlle un favor a quen non pode darnos nada a cambio

û  Arriscarse ao fracaso sen falsas prudencias

û  Queimar as naves a prol do próximo

Ensínanos, Señor, a lanzarnos cara ao imposible, sabedores de que connosco van a túa graza e a túa presenza, que non nos deixar caer en baleiro.

Comentarios

Entradas populares de este blog

5 Domingo TO B 2018

PERSOAS LOITADORAS, NON SUFRIDORAS Descarga o ficheiro
CANTO GOZOSO
öENTRADA: Amigos nas penas
öLECTURAS: O Señor é o meu pastor (Nº 27)
öOFERTORIO: Acharte presente na vida (Nº 51)
öCOMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55)
PARA NON PERDER O PASO
Cando unha cousa non nos serve, cando non ten nada que poidamos obter dela, deixámola de lado. Na nosa vida de fe, ocorre que moitas veces estamos ermos: non sentimos nada e somos incapaces de poñer en relación canto rezamos co que facemos cada día. Deste xeito, pouco a pouco, váisenos apagando a chama da fe e convertemos todo o que di relación con ela en puro e simple costume, comercio, acto social ou tradición, inda que ás veces o queiramos revestir de cultura para poder mantelo.
Fronte desta situación, os textos que hoxe imos proclamar chámannos a non deixarnos caer nesta tentación, a esforzarnos por non deixar que esmoreza a esperanza, a aprender a gozar do moito que nos enriquece e aporta a fe. Non imos solos, temos un amigo ao noso lado: Xesús. Deixemos…

2 Domingo Coresma 2018

Fronte á tentación da vulgaridade, Ti, Señor, empéñaste en seguir alentándonos para facer da fe sopro renovador das nosas decisións e opcións Descarga o ficheiro
SINAL DE CORESMA Continuamos, neste segundo domingo de coresma, engadindo pedras ao redor da árbore da esperanza. Esta semana colocamos o letreiro coa palabra vulgaridade. Si, porque a forza de non pensar sobre a razón e sentido da nosa fe, acabamos facendo dela unha vulgaridade, algo que non valoramos, inda que si consumimos. Por iso nesta coresma poderiamos poñer todo o noso esforzo por facer do seguimento de Xesús e da fe que iso supón, unha opción persoal, libre e responsable, que rompa coa tentación da vulgaridade e da rutina. CANTO GOZOSO oENTRADA: Eu sei de quen me fiei (Nº 64) oLECTURAS: Aquí estou, Señor, para facer a túa vontade oOFERTORIO: Eiquí están Señor (Nº 32) oCOMUÑÓN: Acharte presente na vida (nº 51) PARA NON PERDER O PASO Na Palabra de Deus que hoxe imos proclamar aparece Abraham poñéndose ao dispor de Deus. O seu “…