Ir al contenido principal

A Asunción 2017

-->
Cómpre ampliar os espazos para unha presenza feminina máis incisiva na Igrexa. Porque o xenio feminino é necesario en todas as expresións da vida social debe garantirse a presenza das mulleres tamén no ámbito laboral e nos distintos lugares onde se toman as decisión importantes. (EG 103)
NIN SILENCIADAS, NIN ABUSADAS, NIN DESPREZADAS, NIN NINGUNEADAS... MARÍA INVÍTANOS A CAMIÑAR NA IGUALDADE
CANTO GOZOSO
ENTRADA: Xa nos tes aquí (Nº 71)
LECTURAS: Noraboa María (Nº 74)
OFERTORIO: Esa é María (Nº 72)
COMUÑÓN: Coa nosa naiciña do ceo (Nº 69)
ESCOITA ACTIVA
Abrimos os ollos hoxe para admirarnos, unha vez máis, da persoa de María, muller, nai e cristiá sempre de referencia. Nela somos invitados hoxe a mirarnos os que nos chamamos seguidores do seu Fillo, porque nesa mirada descubrimos o que é navegar contracorrente para poder dicir si ao proxecto de amor de Deus. Incomprendida, excluída e mal mirada por aquela sociedade de “ben pensantes”. Tamén hoxe son moitas as mulleres que, coma María, navegan a contracorrente vencendo incomprensións e críticas; mulleres que sacan tempo de onde non o teñen para dignificarse co seu traballo e a súa entrega ás causas nas que durante moito tempo foron excluídas, ignoradas e silenciadas. É hoxe a festa de María, si; pero nela é tamén a festa de todas as Marías que non deixaron nin deixan que a súa dignidade de mulleres sexa dominada polos máis fortes.
Recemos xunt@s esta mañá con elas e por elas desde a tenrura de María de Nazaré.
CORAZÓN MISERICORDIOSO
En moitas ocasións, cos nosos silencios e as nosas covardías, somos cómplices de que tantas e tantas mulleres do noso mundo sufran polo simple feito de ser mulleres, por iso che suplicamos; SEÑOR, ALENTA O NOSO CAMIÑO.
Fáltannos fe e confianza para sabermos descubrir que outro mundo é posible, que Deus destrúe os plans dos opresores e explotadores, por iso che dicimos; CRISTO, ALENTA O NOSO CAMIÑO.
Moitas veces deixámonos levar do ben visto e do socialmente correcto e desoímos a voz da nosa conciencia, por iso che pedimos; SEÑOR, ALENTA O NOSO CAMIÑO.
PALABRA ENRAIZADA
A Biblia afirma que home e muller somos cread@s a imaxe e semellanza, iguais en dignidade (Xn. 1, 26-27). O libro da Xénese ábrese cun nome de muller, Eva, e o libro da Apocalipse péchase coa imaxe da Xerusalén celeste “preparada coma a esposa que está engalanada para o seu esposo”. Ao longo das páxinas da Sagrada Escritura atopamos mulleres fortes, mulleres extraordinarias, que van tecendo a nosa historia de salvación complementariamente cos homes: Eva, a muller orixinal; Sara, a nai do pobo; Agar, a muller digna; Rebeca, a nai dividida; Raquel, nai ata a morte; Lía, a muller desprazada; Tamar, a muller que busca a súa dignidade; Miriam, a irmá do libertador; a filla do faraón, a muller providencial; Raxab, a prostituta; Débora, a nai de Israel; Dalila, o poder da sedución; Ana, o preludio do Magnificat; Xudit, a muller símbolo; Rut, a estranxeira fiel; Betsabé, unha historia con claroscuros, Susana, o perfume da piedade; Esther, a forza da oración; a nai dos macabeos, nai coraxe; a muller do Cantar, o amor sen rubores; a muller de Proverbios, unha muller liberada; a Sabedoría, a voz e o rostro feminino de Deus ... emerxen con forza nun mundo androcéntrico encarnando a fortaleza.

No Novo Testamento percibimos que, en tempo de Xesús, a situación que vivía a muller era claramente discriminatoria. Fronte disto, os Evanxeos relatan numerosos encontros de Xesús con mulleres: perdoa a unha pecadora pública, resucita ao fillo da viúva de Naím, discute de teoloxía cunha samaritana, perdoa á muller adúltera, cura á hemorroísa, escoita o berro da muller cananea... e outras moitas mulleres coas que se relacionou, sempre nun plano de igualdade. Marta e a súa irmá María, Mª Magdalena, Susana e outras moitas mulleres pertencían ao grupo de seguidoras cercanas de Xesús, quen “non só non as discrimina, senón que El o auténtico promotor da dignidade da muller, o que ás veces provocaba estupor, sorpresa e mesmo chegaba ata o límite do escándalo” (cfr. MD 12-16). As mulleres están ao pé da cruz e elas son tamén as primeiras testemuñas da resurrección.

Mención especial merece María de Nazaré, unha moza sinxela na que Deus, “desbaratando os plans dos soberbios”, fai unha opción preferencial polos pobres, elixíndoa para ser Nai do seu Fillo e Nai nosa. Con razón o papa Francisco afirma: “A Virxe María era máis importante cós Apóstolos, os bispos , os sacerdotes e os diáconos”. Ela é, para as persoas crentes, muller de fe e de audacia, muller de entrega e solidariedade, muller de fidelidade e esixencia, muller de servizo gratuíto e responsable desde a entrega, sempre xenerosa, aos demais. Por iso María non é só un nome nos nosos beizos nin unha festa no calendario litúrxico. Non. María é testemuño gozoso de reivindicación do papel da muller na nosa sociedade. Ela ábrelle un camiño ás mulleres, hoxe e sempre, na súa loita por facérense visibles. A figura de María é unha chamada a todas as persoas crentes, especialmente ás mulleres, para que o compromiso pola vida ao que nos invita Xesús se realice cada día de xeito xeneroso e nobre na gratuidade dun si que se concreta hoxe, dentro e fóra da Igrexa, desde o traballo de tantas mulleres que saben que os tempos son chegados, que xa non se pode mirar atrás e vivir do pasado, senón erguer a mirada e construír esperanza desde a igualdade complementaria. Que en María aprendamos a atopar os folgos necesarios que movan o noso actuar.
FRATERNIDADE ORANTE
Como comunidade crente, alegre e esperanzada que celebra a festa na honra da Nosa Señora, presentamos a Deus as nosas peticións e dicimos:
DITOSOS NÓS, POR TEMOS CRIDO
·      Pola Igrexa, para que nunca esqueza, silencie ou rexeite ás mulleres, senón que sempre as teña en conta, OREMOS.
DITOSOS NÓS, POR TEMOS CRIDO
·      Para que nas nosas comunidades saibamos valorar o labor e o esforzo de tantas mulleres que unen traballo, maternidade e coidado dos maiores como sinal de amor e servizo aos máis débiles, OREMOS.
DITOSOS NÓS, POR TEMOS CRIDO
·      Para que abramos ollos, oídos e corazón ao grito, moitas veces mudo, de tantas mulleres que ao noso lado sofren calquera tipo de violencia e discriminación, OREMOS.
DITOSOS NÓS, POR TEMOS CRIDO
·      Para que, sen deixar de mirar ao ceo de onde recibimos a forza e o estímulo para non quedar nunca quedos, nos esforcemos por poñer os pés no chan traballando cada día para que non haxa exclusións nin discriminacións de xénero, OREMOS.
DITOSOS NÓS, POR TEMOS CRIDO
Grazas, Señor, por invitarnos hoxe a restituír o creto e a valorar a importancia do traballo das mulleres na nosa diocese, nas nosas parroquias e nas nosas familias. P.X.N.S. Amén.
MIRADA ESPERANZADA
CREDO DAS MULLERES

Creo en Deus, que creou á muller e ao home á súa imaxe e semellanza,
encomendándolles a ambos o coidado da terra.
Creo en Xesús, Fillo de Deus, nado dunha muller, María;
que escoitaba e quería ás mulleres,
que entraba nas súas casas, que lles falaba do Reino.

Creo en Xesús,
que discutiu de teoloxía cunha muller
sentado á beira dun pozo, ao mediodía;
que foi unxido por unha muller en casa de Simón,
reprendendo aos invitados que a desprezaban;
que curou a unha muller en sábado,
dicíndolle que se erguera, porque ela tamén era un ser humano;
que se fixo acompañar polas mulleres, sentindo o seu amor
e encomendándolles a boa nova.

Creo en Xesús, que falou de Deus comparándoo cunha muller
que varría a súa casa para atopar o que perdera,
que puña lévedo na masa para fermentalo todo.


Creo no Resucitado,
que se lle apareceu en primeiro lugar a María Magdalena,

enviándoa coma mensaxeira da grande ledicia da Pascua.

Creo na plenitude do Salvador,
en quen non hai xudeu nin grego,
escravo ou libre, home ou muller,
porque todas as persoas somos unha nel.

Creo no Espírito Santo, espírito feminino de Deus
que nos cobre coas súas ás enchéndonos de vida.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

2 Pascua 2023

A paz é  camiño  de  e speranza e resurrección   ( Pódese, ad libitum, facer a aspersión no momento penitencial) Cantos •  Entrada.-  Que ledicia miña ( Nº 4 ) •  Lecturas.-   Canta   Aleluia ( Nº 21 ) •  Ofertorio.-  Recibe Señor ( Nº 31 ) •  Comuñón.-  Gracias, Señor, graciñas ( Nº 50 )   Mirada agradecida   ​ O tempo de Pascua é tempo de testemuño e esperanza compartida. O primeiro, o testemuño, vano dando os seguidores e seguidoras de Xesús a medida que van vencendo os seus medos e comezan a saír e  compartir  coa veciñanza que Cristo vive; que a súa vida foi semente de vida nova e alegría que precisaban anunciar. E é  esperanza  porque esa alegría é froito da presenza, sempre alentadora, de Xesús na súa  cotidianeidade. Xesús non é o ausente ao que se lle recorda, ao contrario, é presenza viva que fai reactivar a aqueles e aquelas que o coñeceron e acompañaron . Deste xeito pouco a pouco  foron  vencendo medos e dúbidas; deste xeito, tamén nós recibimos tamén a invitación de ser h

Vixilia Pascual 2023

       1      5)     LITURXIA DA EUCARISTÍA  ð   OFERTORIO  ð   SANTO  ð   NOSO PAI  ð   PAZ  ð   COMUÑÓN  ð   MIRADA ESPERANZADA   ð   DESPEDIDA  ð     6)     CANTO GOZOSO •         Ao prender o lume : A Cristo cantamos (Nº 110)  •         Na procesión cara o templo : Amigos nas penas  •         Lecturas  o   1º Ergo os meus ollos cara aos montes (Nº 112)   o   2º Pai, Pai, póñome nas túas mans  o   3º As túas Palabras, Señor, son espírito e vida  o 4º Benaventurados (Nº 119)  o   Canta Aleluia (Nº 21)  •         Aspersión:  A auga do Señor (Nº 124) •         Ofertorio : Sementar, sementarei  •         Santo:  Santo es ti (Nº 39)  •         Noso Pai : No camiño do amor (Nº 43)  •         Comuñón : Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)   •         Canto final á Virxe:  Boas noites (Nº 70)      P ORQUE A MORTE FOI VENCIDA ,  FAGAMOS QUE  AS BÁGOAS SE CONVERTAN EN SORRISOS   LUME DE QUENTURA E LUZ   Ao redor do lume, que nos ofrece luz e quentura, xuntámonos no nome do Señor para comezar a cel