Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2020

1 Domingo Coresma 2020 A

Tempo de poñer o reloxo a punto: iguais e sen exclusións Descarga o ficheiro SINAL DE CORESMA Celebramos o primeiro domingo de coresma, e con el presentamos un sinal que nos pode ir axudando a marcar este tempo penitencial que comezamos o mércores da cinsa. Propoñemos un reloxo como imaxe central. No interior do reloxo, escribimos: “CORESMA É TEMPO DE...”, ao redor da cal iremos cada domingo axuntando unha actitude que temos que ir reflexionando ao longo da semana. Como neste primeiro domingo as mulleres crentes queren visualizarse e maniféstanse en varios puntos do país para mostrar o seu esquecemento e a pouca ou ningunha valoración polo seu traballo na Igrexa, queremos que a primeira actitude, que ha levar a non calar ante silencios aos que se somete á muller dentro da Igrexa, sexa a de REIVINDICAR. A partires dela, cada semana irán aparecendo: contemplar, dialogar, curar e confiar. CANTO GOZOSO ENTRADA: Non vou so (Nº 60) LECTURAS: As túas palabras, Señor (113) / Un

7 Domingo TO 2020 A

PORQUE NOS DOE A XENTE, QUEREMOS SER IGREXA EN SAÍDA Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Seguirei os teus pasos (Nº 103) LECTURAS: O amor é o meirande (Nº 120) OFERTORIO: Misioneiro (Nº 115) COMUÑÓN: Eu soñei (Nº 58) ABRINDO OS OLLOS Se cadra hoxe máis ca nunca todas as persoas que conformamos a Igrexa de Xesús estamos chamadas a ser comunidade en saída. Xa pasaron os tempos nos que bastaba con agardar a que viñese a xente, os tempos nos que nos sentiamos protexidos nos nosos grupos burbulla. Agora, somos cada un e cada unha de nós quen temos que achegarnos á multitude ferida no camiño pola cultura do descarte, a unha multitude que perdeu a esperanza, a unha multitude que sofre polo sensentido de ter convertido a economía e o rendemento na area movediza sobre a que edificar a vida. Si. Hoxe máis ca nunca estamos chamadas e chamados a ser sal e luz, hospital de campaña, bálsamo que alivia e esperanza. Deixemos que a frescura da Palabra resoe nos nosos oídos e cam

6 domingo TO 2020 A

AS PERSOAS DÉBILES E COVARDES “DEFENDEN” O AMOR CON LEIS....  AS PERSOAS FORTES SUPERAN AS LEIS CO AMOR Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Andarei na presenza do Señor (Nº 11) LECTURAS: O Señor é o meu Pastor (Nº 27) OFERTORIO: Señor Xesús, bendito sexas (Nº 52) COMUÑÓN: Déixate querer (Nº 61) OLLOS ABERTOS Nunha sociedade coma a nosa na que se estila a cultura do “sálvese quen poida”, na que o individualismo campa ás súas anchas, na que a corrupción e a desconfianza xorden por arte de maxia, na que o feito de fiarse da palabra de alguén é unha inxenuidade, na que o engano, o encubrimento ou as medias verdades son moeda de curso non só corrente, senón legal; na que se dubida de todo e de todas as persoas; na que os avales xa non avalan.... convén volver sobre a palabra que hoxe nos dirá Xesús no evanxeo: a sinceridade é posible, a confianza existe, a dignidade non está perdida, a honestidade é semente do Reino, a coherencia é a nosa meta. Que a celebración qu

5 Domino TO 2020 Mans Unidas

QUEN MÁIS SOFRE O MALTRATO Á CASA COMÚN NON ES TI  (CAMPAÑA DE MANS UNIDAS) Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Vinde axiña (Nº 10) LECTURAS: Canta o sol (Nº 22) OFERTORIO: Señor Xesús (Nº 52) COMUÑÓN: Eu soñei (Nº 58) OLLOS ABERTOS Hoxe, segundo domingo de febreiro, celebramos a campaña contra a fame de Mans Unidas. Baixo o lema “Q uen máis sofre o maltrato á casa común non es ti ”, esta asociación da Igrexa española convídanos ao coidado da creación, da nosa casa común, que en palabras do Papa Francisco “ é tamén como unha irmá coa que compartimos a existencia ”. (LS 1) É toda unha invitación a reflexionar sobre a tarefa que as persoas que nos dicimos cristiás temos de coidar e protexer o ecos, é dicir, a casa, o lugar no que medramos e nos desenvolvemos como persoas. Urxe, xa que logo, superar a cultura do descarte, que exclúe ás persoas máis débiles, necesitadas de atención e coidados ou sinxelamente ás que estorban; unha cultura que valora só o út

4 domingo to A 2020

Deixemos que a Luz nos indique, que non impoña, o camiño polo que ir dando pasos Cantos.-         Entrada.- Que ledicia miña ( 4 )          Lecturas.- Benaventurados ( 119 )         Ofertorio.- Ti e-lo pan do ceo ( 54 )         Comuñón. - Acharte presente ( 51)  Descarga o ficheiro Mirada integradora En tempos de tantas palabras baleiradas de contido a forza de repetilas, tentamos hoxe non caer nesa actitude que tantos seguidores ten hoxe en día. Constantemente dicimos que Xesús é a nosa Luz, que debemos deixar que ela nos vai mostrando o camiño, que seguir o seu relampo evitará que nos perdamos, que... e todo iso é verdade; pero é unha verdade que se ha mostrar e concretar no actuar, na nosa maneira de tomar as decisións sobre o que queremos, buscamos ou nos propomos na vida; á luz non nos quita, tampouco non impón o camiño, simplemente o alumea por se queremos ir por el. A isto é ao que nos invita a celebración de hoxe, non a deixarnos absorber ou cegar pola