Ir al contenido principal

Venres Santo 2020

“ Rezando na casa”

No Nome do Pai...

( Se é posible, poñemos nunha mesa un mantel branco e unha cruz)

Canto.-

Acharte presente na vida,fiarme de Ti sen te ver,
levar unha luz acendida,querer e deixarse querer.
Abrirche se petas na porta,
deixarte sentar no meu lar,
saber o  que oírte me aporta,
quedarme contigo  a velar.

Un camiño sempre aberto

Palabra e Cruz son os eixes sobre os que xira este momento de oración, do Venres Santo, que agora comezamos. Palabra que nos chega desde un pequeno fragmento da Paixón segundo Xoán; e Cruz que que é dor, non podemos negalo, pero tamén é esperanza. A esperanza que da sentido ao esforzo de tod@s cantos poñen a súa vida a carón das vidas que están a pasar pola experiencia de dificultade, dor, enfermidade, abuso, explotación, engano... e neste momento pola cruz da enfermidade do coronavirus. Cruz para el@s, si. Pero tamén para os seus familiares. Cruz para todas e todos nós confinad@s nas nosas casas desde a solidariedade en non contaxiarnos, e o ben común que nos une ante a tentación de saír da casa e ser transmisores ou receptores do virus. Desde todas estas cruces, que queremos se convertan en esperanza de superación e vida, rezamos esta tarde.
( Facemos un momento de silencio .Rezamos a continuación:)

Desde o eco da túa voz

Lembra, Señor, que a túa tenrura e a túa misericordia son eternas. Santificanos e protéxenos sempre, pois Xesucristo, o teu Fillo, no noso favor instituíu por medio do seu sangue o misterio pascual. Por Xesucristo o noso Señor. Amén.

Poñemos en camiño abríndonos á escoita da túa Palabra

Da PAIXÓN segundo XOÁN
c Daquela, entregóullelo para que o crucificasen. Entón colleron a Xesús. Cargando el mesmo coa cruz, saíu para o lugar chamado da Caveira, que se di Gólgota en hebreo. Alí o crucificaron, xunto con outros dous, un a cada lado, e Xesús no medio. Escribiu Pilato un título e púxoo na cruz. O escrito era: Xesús o Nazareno, o Rei dos Xudeus. Moitos dos xudeus leron este título, porque o sitio onde Xesús foi crucificado estaba cerca da vila, e estaba escrito en hebreo, latín e grego. Os sumos sacerdotes dixéronlle a Pilato:
s .- Non escribas "O Rei dos Xudeus", senón que el dixo "Son Rei dos Xudeus".
c.- Pilato respondeu:
s . - O escrito, escrito está.
c.- Entón os soldados, cando crucificaron a Xesús, colleron a roupa del -e fixeron catro partes, unha parte para cada soldado-, e maila túnica. Era a túnica sen costura, tecida dunha peza de arriba abaixo. E falaron entre eles:
s . - Non a rachemos: sorteémola a ver a quen lle toca.
c.- Así cumpriuse a Escritura, que di: Repartiron entre eles a miña roupa e sortearon a miña túnica. Tal fixeron os soldados.O pé da cruz de Xesús estaban súa nai e a irmá de súa nai, María a de Cleofás, e mais María a Magdalena. Xesús, vendo a súa nai e, onda ela, o discípulo a quen amaba, díxolle á nai:
+. - Muller, velaí o teu fillo.
c.- Despois díxolle ó discípulo:
+.- Velaí a túa nai.
c.- Desde aquela hora o discípulo acolleuna con el. Despois disto, sabendo Xesús que xa todo estaba acabado, para que se cumprise plenamente a Escritura, dixo:
+ ._ "Teño sede".
c.- Había alí un xerro cheo de vinagre. Entón, atando unha esponxa empapada de vinagre a unha cana de hisopo, achegáronlla á boca. Cando probou Xesús o vinagre dixo: Está cumprido. E, inclinando a cabeza, entregou o espírito.
Entón os xudeus, como era o Día da Preparación, para que non permanecesen os corpos na cruz durante o sábado -pois era grande aquel día de sábado-, rogáronlle a Pilato que lles rompesen as pernas e os retirasen.
Viñeron, logo, os soldados, e rompéronlle-las pernas ó primeiro e mais ó outro que crucificaran con el. Pero ó chegaren onda Xesús, como o viron xa morto, non lle romperon as pernas, senón que un dos soldados traspasoulle o costado cunha lanza; e no instante saíu sangue e auga.
Quen o viu, dá testemuño e o seu testemuño é verdadeiro; el sabe que di a verdade, para que tamén vós creades. Porque isto aconteceu para que se cumprise a Escritura: "Non lle crebarán óso ningún". E noutro lugar di: Han mirar para quen traspasaron.
Despois disto, Xosé o de Arimatea, que era discípulo de Xesús – inda que ás agachadas, por medo ós xudeus-, rogoulle a Pilato que lle deixase retira-lo corpo de Xesús. Pilato accedeu. Foi e retirou o corpo. Foi tamén Nicodemo -aquel que primeiramente viñera onda Xesús de noite-, levando unha mestura de mirra e áloe de case cen libras.
Colleron o corpo de Xesús e, segundo é costume sepultar entre os xudeus, enfaixárono en panos, con aromas. No sitio onde crucificaran a Xesús había un xardín, e no xardín un sepulcro novo, que aínda non usara ninguén. Puxeron alí a Xesús, por mor da Preparación dos xudeus, pois o sepulcro estaba cerca.
Palabra do Señor. Gloria a Ti, Señor Xesús.

Remoendo a Palabra

Podemos vivir o Venres Santo, e moi especialmente o deste ano, como unha experiencia de paso, non como un final de camiño. A morte, non o foi para Xesús e tampouco o é para nós, o remate de todo. Tampouco o coronavirus pode ser o final de todo e a desesperación absoluta. Non, si é, non podemos negalo, unha experiencia dura de enfermidade e illamento, pero sabemos que dela imos saír . E que despois deste momento de confinamento volveremos vernos, saudarnos, apertarnos, sentir a cercanía de uns para cos outr@s.
Esta experiencia de cruz que estamos a vivir, este Venres santo prolongado, ten que servirnos para revisar comportamentos e actitudes, e tomar conciencia de que debemos deixar cousas atrás. Que a nosa vida temos que orientala doutro xeito, desde outra perspectiva; a perspectiva que pensa en clave de ben común e sentido comunitario cidadán e non desde o individualismo pechado que nos illa, aparta e invisibiliza moitas das veces.
Venres Santo non é fin de camiño, senón paso. Desde esta afirmación nos uniremos na oración universal poñendo a vista, o corazón e as nosas mans nas vidas de tantas persoas lastradas polo sufrimento e a incomprensión; despois, no silencio da nosa casa, poñeremos a man sobre a cruz e faremos a adoración. Porque nela foi acollida a salvación do mundo.

Oración Universal

Compartamos a Oración universal, e loitemos contra a indiferenza e a invisibilidade que tantas veces fan que esquezamos a realidade na que vivimos.

Pola Igrexa, polo Papa Francisco, polas comunidades cristiás. Que sexamos persoas que como Igrexa Doméstica, construímos unha Igrexa de ollos abertos e o corazón samaritano. Oremos: Contigo construímos esperanza.


Pola unidade dos cristiáns, polas persoas que non cren, polas persoas descartadas e excluídas. Para que traballemos por abrir camiños de encontro e colaboración na Casa Común que nos acolle e invita á defensa de todo canto humaniza. Oremos: Contigo construímos esperanza.

“Deus todopoderoso e eterno, singular protector da enfermidade humana, mira compasivo a aflición dos teus fill@s que padecen esta pandemia; alivia a dor dos enfermos, da forza aos que os coidan, acolle na túa paz aos que morreron e, namentres dura esta tribulación, fai que todos poidan atopar alivio na túa misericordia. Por Xesucristo, o noso Señor. Amen”.

Adoración da cruz

Gardamos un momento de silencio e achegámonos á cruz que puxemos sobre a mesa. Poñemos sobre ela a nosa man e dicimos: Miramos a árbore da cruz, onde estivo cravada a salvación do mundo.

Nosa Pai...
Oración do remate
Que a túa bendición, Señor, descenda con abundancia sobre nós e sobre as persoas que, desde diversos lugares, compartimos este momento de oración, na que temos celebrado a morte do teu Fillo coa esperanza da súa santa resurrección; concédenos o teu consolo, acrecenta a nosa fe, e consolida en nós a túa esperanza. eterna. Por Xesucristo o noso Señor.Amén.

Canto.- Gracias, Señor, graciñas. Gracias, Señor, graciñas.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

4 advento 2023

  Advento, tempo de Xenerosidade Sinal de Advento .- Engadimos un novo elemento ás miradas con corazón deste Advento, a Xenerosidade Cantos          Entrada.-   Volve, Señor ( 90 ) Lecturas.- Benaventurados ( 119   ) Ofertorio.-   Velaqui Señor o viño ( 37) Comuñón.-   Xesús chamado amigo   ( 89 ) Abrindo o corazón Chegamos ao final de traxecto deste tempo de Advento. Ao longo destas catro semanas fóisenos invitando a facer un fondo proceso de revisión das nosas actitudes e comportamentos. E non era calquera o que nos invitaba, foi a voz de Xoán Bautista a que nos ía marcando este camiño que tiñamos que preparar cada un e cada unha de nós de maneira repousada, tranquila, sincera e liberadora. E para que? Para poder chegar a esta noite co corazón preparado para acoller nel ao neno que chega para traernos ilusión, esperanza, xenerosidade e, por riba de todo, a salvación. É dicir, sentido e horizonte para a nosa vida. Unámonos logo par co

Transfiguracón 2023

  COS OLLOS ABERTOS E COS PÉS NO CHAN CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Vinde axiña (Nº 10) o     LECTURAS:  Escoita ti (Nº 26) o     OFERTORIO:  Déixate querer (Nº 61) o     COMUÑÓN:  Quédate Señor connosco  ESCOITA ACTIVA O medo a correr riscos é unha das cousas máis paralizantes. Temos medo ao novo, como se conservar o pasado garantira automaticamente a fidelidade ao Evanxeo. Por medo calamos cando teriamos que falar, desentendémonos cando deberiamos intervir, non debatemos temas importantes para evitar plantexamentos novidosos. Temos medo a revisar liturxias e ritos que valeron noutro tempo, pero que na actualidade non din nada. Temos medo a falar de dereitos humanos, de diversidade, a recoñecer o papel da muller dentro da Igrexa. Temos medo a poñer por riba de todo a misericordia...  Segundo o relato evanxélico, os discípulos caen por terra cheos de medo.... pero Xesús achégase e dilles –dinos-:  erguédevos, non teñades medo . Que a celebración deste domingo, a Transfiguración do Señor