Ir al contenido principal

Advento 1 domingo 2021 C

 Deixémonos sorprender no camiño do portal


SINAL DE ADVENTO

Elaboramos nunha cartolina a estrutura do portal, á vez que debuxamos e recortamos as siluetas dunha árbore, un boi e unha mula, Xosé María e mais Xesús. Cada domingo iremos colocando na estrutura da cartolina, que temos colocada nun taboleiro posto diante do altar, as diferentes siluetas que temos recortadas, ata chegar ao día de Nadal que colocaremos o Neno. 

    CANTO GOZOSO

  • ENTRADA: Volve Señor (Nº 90)
  • LECTURAS: Amostrame, Señor, os camiños da vida ( )
  • OFERTORIO: Eiquí están Señor (Nº 32)

o   COMUÑÓN: Eu sei de quen me fiei (Nº 64)

ESPERTANDO Á RENOVACIÓN

            Comezamos este domingo o camiño desde o que somos invitadas e invitados a preparar o Nadal. O camiño do Advento. Un tempo de espera e preparación; un tempo de interioridade e estímulo; un tempo de graza e esperanza. Que o fagamos coa sinxeleza de saber que quen chega quedará nos nosos corazóns para sempre. Preparémoslle o camiño!


ABRÍNDONOS Á MISERICORDIA

·      Que este sexa un tempo de graza e alegría. SEÑOR, VÉN E TRÁENOS A PAZ.

·      Que este sexa un tempo de misericordia e conversión. CRISTO, VÉN E TRÁENOS A PAZ.

·      Que este sexa un tempo de maduración e sinceridade. SEÑOR, VÉN E TRÁENOS A PAZ.

 



PALABRA PROCLAMADA

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE XEREMÍAS

Velaquí os días -é o Señor quen fala- 

nos que cumprirei a promesa 

que lles fixen á casa de Israel e á casa de Xudá. 

Nos días aqueles e no intre aquel

farei abrollar de David un retoño lexítimo,

que practicará o dereito e a xustiza no país.

Nos días aqueles

salvarase Xudá,

e Xerusalén descansará na seguridade,

e este lugar chamarase: "¡Iavé, nosa xustiza!". 

Palabra do Señor

Grazas a Deus

 

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PRIMEIRA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS TESALONICENSES

Irmáns e irmás:

Que o Señor vos faga medrar no amor duns cos outros e con todos, ata rebordar, como nos pasa a nós respecto de vós. Que El afinque os vosos corazóns nunha santidade sen falla diante de Deus, noso Pai, cando veña o noso Señor Xesús con tódolos seus santos. Polo demais, irmáns, pedímosvos con insistencia como cristiáns que, xa que aprendestes de nós como cómpre andar para contentar ó Señor, que sigades así e que progresedes aínda máis.

Porque ben sabedes que instrucións vos temos dado de parte do Señor Xesús. 

Palabra do Señor

Grazas a Deus

 

 

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO LUCAS

Dilles Xesús ós seus discípulos:

Haberá sinais no sol, na lúa e nas estrelas; e na terra as nacións tremerán coa angustia ante o bruar do mar e das ondas; os homes morrerán cheos de medo e de desacougo, polo que virá enriba do mundo, pois mesmo os astros abalarán. Entón verán o Fillo do Home vir sobre unha nube con grande poder e gloria. 

Pero cando empece a suceder todo isto, poñédevos de pé e erguede ben a cabeza, porque chega o día da vosa liberación

Tende conta de vós mesmos; non sexa que vos atordoedes na borracheira, na libertinaxe e nas preocupacións da vida, e de súpeto caia sobre vós aquel día; porque caerá como un lazo sobre tódolos que habitan a terra. Vós vixiade sempre, e pregade para que poidades escapar de todo o que está por vir, e comparecer así seguros diante do Fillo do Home.

Palabra do Señor


PALABRA REMOÍDA

·       Advento é tempo de anuncio e espera. Anuncio porque se nos invita a poñernos en disposición de escoitar a palabra que nos vai chegando ao longo destas catro semanas,e na que se nos insiste en que o Señor volve intentalo, que non cansa nin se desanima, que quere atopar oco no noso corazón e presenza na nosa vida. E é espera porque este anuncio, a diferenza do que ocorre no mundo de hoxe, non é xa, precisa que nos preparemos, que nos dispoñamos a acollelo. E iso necesita tempo, un tempo que quere ser espera creativa, misericordiosa e de conversión.

·       Desde esta dobre vertente de anuncio e espera, as lecturas que acabamos de proclamar fan unha chamada a poñernos en camiño, a comezar a dar pasos, e dispornos a preparar esta chegada ao noso corazón, á nosa vida, ao xeito que temos de relacionarnos unhas persoas con outras, a ter unha mirada ben diferente da que habitualmente temos para  situarnos na realidade. Unha mirada que pasa pola sinxeleza inxenua que teñen as crianzas e a insistencia esperanzada de quen sabe que se lle vai escoitar. Pois este novo comezo é o que quere ser o tempo de Advento cada ano nas semanas previas ao Nadal. Non é unha espera de balbordo externo, si é unha espera de cambio, de remuíño, de transformación interior.

·      E recollendo o que Lucas nos narra do que lle escoitou a Xesús, cando ese comezo agrome en nós comezaremos a verdadeira liberación. Advento entón é tempo de comezar, persoal e comunitariamente, tempo que nos levará á verdadeira liberación. E cando utilizamos esta palabra, e seguindo a xeira de Xesús, queremos dicir: non á violencia contra as mulleres, non á violencia contra as crianzas (vicaria ou non), non á violencia contra as persoas maiores (familiar, política, relixiosa –cando os “novos”– non lle respectan as súas conviccións), non á violencia de calquera outro tipo. Advento é momento de comezar o proceso para ser persoas distintas, persoas mellores, persoas felices.



COMPARTINDO O QUE NOS UNE

O Deus liberador que hoxe nos invita a volvernos poñer en camiño, non deixa de insistir que nos deixemos acompañar. Fagámolo rezando xunt@s: 

GRAZAS POR MOSTRARNOS A LIBERACIÓN

1.  Para que a Igrexa sexa verdadeiramente liberadora, e traballe pola liberación das persoas. Oremos.

2.  Para que as nosas parroquias sexan berces seguros onde ninguén vexa a súa vida ameazada e violentada. Oremos.

3.  Para que nós nos esforcemos por liberarnos de todas esas actitudes que nos fan ser persoas violentas, indiferentes, pasotas e pouco respectuosas coa igualdade de tódalas persoas. Oremos.

Grazas, Señor, por chamarnos a abrir os ollos neste tempo de Advento, á liberación persoal e comunitaria. P.X.N.S. Amén.



AGRADECENDO O DON DA FE

Ás mulleres haitianas que xa non están, amigas, irmáns, nais, compañeiras, amantes.

Coa esperanza de que a nosa lembranza e os noso pensamentos as acompañen no seu tránsito a esa natureza que respectaron, coidaron e amaron, e en cuxa aperta se foron

Que as súas savias se unan á terra para que o novo volva agromar

Á mulleres haitianas que continúan alá, buscando e enterrando os seus mortos e mortas, aos seus fillos e fillas, aos seus compañeiros e compañeiras, aos seus amores, as súa nais e pais, as súas irmás e irmáns,

Que a nosa solidariedade as apoie, para que poidan recuperar a harmonía e o equilibrio nas súas vidas

Que as nosas enerxías cheguen a elas, unidas, cheguen ata elas para que as fortalezan na difícil tarefa de facer que a súa terra, os seus corpos e os seus corazóns, pechen as súas e renazan

Que as nosas palabras de coraxe as axuden a superar a angustia polo futuro do seu país e se sintan acompañadas polas súas compañeiras feministas de todo o mundo

A todas elas dicímoslles:

Que poden contar co noso compromiso solidario de apoio as súas reivindicacións

para seguir construíndo

Que así sexa… (Lilian Soto)

(O texto é para as mulleres de Haití, pero vale tamén para tódalas mulleres, comezando polas que temos máis preto: na casa, no barrio, na nosa Unidade pastoral das Pontes. Nesta solidariedade na irmandade sorórica, comecemos este ano o Advento)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

4 advento 2023

  Advento, tempo de Xenerosidade Sinal de Advento .- Engadimos un novo elemento ás miradas con corazón deste Advento, a Xenerosidade Cantos          Entrada.-   Volve, Señor ( 90 ) Lecturas.- Benaventurados ( 119   ) Ofertorio.-   Velaqui Señor o viño ( 37) Comuñón.-   Xesús chamado amigo   ( 89 ) Abrindo o corazón Chegamos ao final de traxecto deste tempo de Advento. Ao longo destas catro semanas fóisenos invitando a facer un fondo proceso de revisión das nosas actitudes e comportamentos. E non era calquera o que nos invitaba, foi a voz de Xoán Bautista a que nos ía marcando este camiño que tiñamos que preparar cada un e cada unha de nós de maneira repousada, tranquila, sincera e liberadora. E para que? Para poder chegar a esta noite co corazón preparado para acoller nel ao neno que chega para traernos ilusión, esperanza, xenerosidade e, por riba de todo, a salvación. É dicir, sentido e horizonte para a nosa vida. Unámonos logo par co

Transfiguracón 2023

  COS OLLOS ABERTOS E COS PÉS NO CHAN CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Vinde axiña (Nº 10) o     LECTURAS:  Escoita ti (Nº 26) o     OFERTORIO:  Déixate querer (Nº 61) o     COMUÑÓN:  Quédate Señor connosco  ESCOITA ACTIVA O medo a correr riscos é unha das cousas máis paralizantes. Temos medo ao novo, como se conservar o pasado garantira automaticamente a fidelidade ao Evanxeo. Por medo calamos cando teriamos que falar, desentendémonos cando deberiamos intervir, non debatemos temas importantes para evitar plantexamentos novidosos. Temos medo a revisar liturxias e ritos que valeron noutro tempo, pero que na actualidade non din nada. Temos medo a falar de dereitos humanos, de diversidade, a recoñecer o papel da muller dentro da Igrexa. Temos medo a poñer por riba de todo a misericordia...  Segundo o relato evanxélico, os discípulos caen por terra cheos de medo.... pero Xesús achégase e dilles –dinos-:  erguédevos, non teñades medo . Que a celebración deste domingo, a Transfiguración do Señor