Ir al contenido principal

2 domingo Advento 2022

Sinal de Advento.- Engadimos á árbore unha nova bóla. A lenda desta semana é: “Escoitar co corazón”.

Canto gozoso

  • Entrada.- Volve Señor  (Nº 90)
  • Lecturas.-  Preparade o camiño ao Señor (  )
  • Ofertorio.-  Eu soñei   (Nº 58)

·       Comuñón.-  Pan do ceo  (Nº 53)

Escoita activa

A potente lectura da profecía de Isaías que hoxe imos proclamar como primeira lectura dá razón do sentido e esperanza desde a que nós somos persoas invitadas a aproveitar este tempo de Advento, de xeito que o vivamos como unha experiencia de verdadeira conversión. E a razón non é outra que a de saber que o Deus que, por amor e xenerosidade, fai posible que o seu Fillo asuma a nosa condición humana non é un Deus nin de aparencia nin de faladorías. 

El non se deixa levar polo que dirán, senón que, desde o seu actuar con xustiza e igualdade, vai sementando recoñecemento e compromiso a prol das persoas empobrecidas e necesitadas. 

            Fagamos tamén nós o esforzo de comezar a cambiar desde esta experiencia de renovación transformadora que é o Advento.

Corazón misericordioso

Para que saibamos tratar ás persoas con respecto e igualdade. SEÑOR, QUE NON ACTUEMOS POR APARENCIA.
Para que este Advento nos plantexemos cambiar en cuestións concretas que sabemos que non facemos ben. CRISTO, QUE NON ACTUEMOS POR APARENCIA.
Para que o noso estilo de vida sexa sempre transparente e sincero. SEÑOR, QUE NON ACTUEMOS POR APARENCIA.

Palabra proclamada

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS

Sairá un retoño do pé da árbore de Ixaí
e un gromo brotará da súa raíz
Descansará sobre el o Espírito do Señor,
espírito de sabedoría e discernimento,
espírito de consello e fortaleza,
espírito de ciencia e temor do Señor.
Sentirá a súa compracencia no temor do Señor.
Non xulgará conforme a aparencia dos seus ollos,
nin sentenciará conforme as faladurías dos seus oídos.
Xulgará ó pobre conforme a xustiza,
e sentenciará con rectitude ós oprimidos da nación.
Castigará ó violento coa vara da súa boca,
e co espírito dos seus labios matará ó malvado.
Será a xustiza o cinguidor da súa cintura
e a fidelidade o cinguidor do seu lombo.
O lobo habitará co carneiro
e o leopardo deitarase co cabrito;
o becerro e o leonciño pacerán xuntos:
un meniño pequeno sacaraos ó pasto.
A vaca e a osa pacerán xuntas, xuntas deitaranse as súas crías;
o león, o mesmo có boi, comerá palla.
Un meniño de leite xogará no tobo da cobra,
e un neno destetado collerá a víbora coa súa man.
Ningún será malvado nin fará o mal en todo o meu monte santo:
o país estará cheo de coñecemento do Señor,
o mesmo que as augas enchen o mar.
Sucederá o día aquel que a raíz de Ixaí estará ergueita de bandeira das nacións, os pobos procurarana, e a gloria será o seu lugar de descanso. 

Palabra do Señor.

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA CARTA DE SAN PAULO APÓSTOLO ÓS ROMANOS

Irmáns e irmás:

Todo canto antigamente se escribiu, escribiuse para a nosa instrución: para que entre a nosa paciencia e o consolo que dan as Escrituras, manteñámo-la esperanza.

Que o Deus da paciencia e do consolo vos faga ter un mesmo sentir entre vós, conforme o exemplo de Cristo Xesús. Para que cun só corazón e unha soa boca louvedes a Deus, Pai do noso Señor Xesús Cristo.

Por iso, acollédevos uns a outros, como tamén Cristo vos acolleu, para gloria de Deus. Pois dígovos que Cristo se fixo servidor dos xudeus en razón da fidelidade de Deus, para lles mostra-la firmeza das promesas feitas ós patriarcas; e tamén para que os xentís, pola súa parte, glorifiquen a Deus en razón da súa misericordia. Tal como está escrito:

Por iso louvareite por medio das nacións e cantarei himnos ó teu nome. Palabra do Señor .

 

PROCLAMACIÓN DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

Naqueles días apareceu Xoán Bautista no deserto, proclamando:

‑Convertédevos, que xa chega o Reino dos Ceos.

El era de quen dixera o profeta Isaías:

Unha voz clama no deserto:

Preparade o camiño do Señor,

endereitade os seus vieiros.

Xoán ía vestido con pelos de camelo e cun cinguidor de coiro no van, e mantíñase de saltóns e mel bravo.Ia onda el xente de Xerusalén, de toda Xudea e mais da banda do Xordán. Confesaban os seus pecados e el bautizábaos no Xordán.

Como se decatara de que moitos fariseos e saduceos viñan a que os bautizase, díxolles:

‑¡Raza de víboras! ¿Quen vos ensinou a fuxir do castigo que está a chegar? Dade froitos dignos dunha verdadeira conversión, e non vos fagades ilusións dicindo entre vós: "Somos fillos de Abraham", porque vos aseguro que Deus pode sacar fillos de Abraham mesmo destas pedras. Xa está a machada posta contra a raíz das árbores, e toda árbore que non dea froito cortarase e botarase ó lume.

Eu bautízovos con auga para que vos convertades. Pero o que vén detrás miña é máis forte ca min, e nin tan sequera son digno de lle leva-las sandalias. El havos bautizar co Espírito Santo e con lume. Porque trae a forcada na man, para limpa-la súa eira e na hucha recolle-lo trigo; e ha queima-la palla nun lume que nunca se apaga. Palabra do Señor.

 

Ollos abertos e pés no chan

·      As persoas somos moi dadas a xulgar polas aparencias, polo que nos parece, polo que pensamos, polo que... sen darnos conta que pontificar sen ter tódolos datos, sen ter unha visión seria, rigorosa, fiable e serea das cousas, lévanos sempre ao engano, á parcialidade, ao trato inxusto, e como remate á equivocación. E a isto é ao que se refire o profeta Iasías na primeira lectura que hoxe temos proclamado na celebración. Se o noso actuar é así, está moi lonxe do que Deus quere de nós, porque El non actúa nin fai as cousas por aparencia ou xulgando sen coñecer. Para El o principal é sempre a persoa e o trato xusto, humilde, sinxelo e que responda á situación na que a persoa se atopa. Bardallar, pretender aparentar o que non somos, pensar que somos mellores e máis importantes ca os demais, fai que poñamos muros entre as persoas e moita distancia en relación co proxecto de Deus a realizar no actuar cotián.

·      Para Deus o centro da súa mensaxe está na capacidade de mirar, con respecto e sen condescendencia nin paternalismo, ás persoas pobres. Elas están sempre no eixe do seu proxecto de amor. E cando nós falamos de dignidade, igualdade, fraternidade... o que estamos querendo dicir é que todas e todos temos unha mesma raíz que nos iguala e nos leva a que nos respectemos sen mirar por riba do ombreiro a ninguén, sen crernos moralmente superiores aos demais, sen imaxinarnos santos e escolleitos de Deus en vida, namentres pensamos que os demais están moi lonxe desde proxecto e non merecen que ninguén lles faga caso. A soberbia na que moitas veces caemos non fai máis que confirmar que a mirada de Deus e a nosa, en non poucas ocasións, van por camiños paralelos. E se non son capaces de atoparse, teremos que revisar actitudes, opcións e decisións que ás veces tomamos e que, para nada responden ao plan de Deus, de ser e facer ás persoas ditosas.

·      Neste sentido a irrupción de Xoán o Bautista, como acabamos de escoitar no evanxeo, quere ser unha invitación a que espertemos dese ensimesmamento ensoñador que nos fai crer que non precisamos un momento para parar e revisar as decisións que tomamos, as actitudes que mantemos ante certas situacións ou persoas, as rutinas nas que nos movemos sen cuestionarnos o seu sentido, a súa necesidade ou mesmo a súa coherencia. Xoán quere que espertemos de vez do soño de crernos que non precisamos cambiar, que todo está perfecto na nosa vida, que os que non actúan ben son os demais, non nós. Se queremos preparar, de verdade o camiño ao Señor, é este o momento para dispoñernos a revisar o noso xeito de mirar, tratar, revisar, renovar, reconducir, redirixir... a nosa vida. De xeito que atopemos o camiño que nos leva a El. 

Para orar en comunidade

Na esperanza de sabernos sempre acollidas e acollidos no colo agarimoso de Deus, dicimos:

SEÑOR, QUE CHE PREPAREMOS O CAMIÑO.

·      Para que a Igrexa saiba vivir este tempo de Advento como un tempo para pedir perdón, recoñecer erros e volver ao camiño do Evanxeo de Xesús. Oremos. Señor, que che preparemos o camiño.

·       Para que este tempo de Advento nos leve a poñer a mirada e a calor do corazón, nas persoas das nosas parroquias que máis precisan compartir un tempo para ser escoitadas e axudadas. Oremos.Señor, que che preparemos o camiño.

·      Para que nós, non deixemos de prepararlle o camiño ao Señor, de xeito que cando chegue nos atope en disposición de acollelo desde compromiso de solidariedade e ben común para con quen máis o precise. Oremos. Señor, que che preparemos o camiño.

Señor, que este tempo de Advento, sexa renovador e transformador no camiñar cotián de cada unha e cada un de nós. Por Cristo o noso señor. Amén.

Acougando no silencio do corazón

Moitas veces escoitamos que o Señor está presente no noso camiño, que nos acompaña e nos guía. Pero quizais, distraídos por tantas cousas, esta verdade quede para nós meramente teórica, ou imaxinamos que o Señor nos ve dun xeito sensacional, quizais por medio dalgún sinal prodixioso. Xesús di que sucederá "como os días de Noé". E que facían nos dias de Noé? Simplemente o normal e o cotián dá vida: «Comían e bebían, casaban...».

Consideremos isto: Deus non está oculto na nosa vida, está sempre presente, non está oculto nas situacións máis habituais e ordinarias da nosa vida. Non vemos acontecementos extraordinarios, senón cousas do día a día. O Señor, faise presente nas cousas de tódolos días, porque El está aí. El está aí, no noso traballo diario, no encontro casual, no rostro do necesitado, aínda que nos enfrontemos a días que parecen sombrizos e monótonos, o Señor está alí, chámanos, fálanos e inspira os nosos actos. (Francisco)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

4 advento 2023

  Advento, tempo de Xenerosidade Sinal de Advento .- Engadimos un novo elemento ás miradas con corazón deste Advento, a Xenerosidade Cantos          Entrada.-   Volve, Señor ( 90 ) Lecturas.- Benaventurados ( 119   ) Ofertorio.-   Velaqui Señor o viño ( 37) Comuñón.-   Xesús chamado amigo   ( 89 ) Abrindo o corazón Chegamos ao final de traxecto deste tempo de Advento. Ao longo destas catro semanas fóisenos invitando a facer un fondo proceso de revisión das nosas actitudes e comportamentos. E non era calquera o que nos invitaba, foi a voz de Xoán Bautista a que nos ía marcando este camiño que tiñamos que preparar cada un e cada unha de nós de maneira repousada, tranquila, sincera e liberadora. E para que? Para poder chegar a esta noite co corazón preparado para acoller nel ao neno que chega para traernos ilusión, esperanza, xenerosidade e, por riba de todo, a salvación. É dicir, sentido e horizonte para a nosa vida. Unámonos logo par co

Transfiguracón 2023

  COS OLLOS ABERTOS E COS PÉS NO CHAN CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Vinde axiña (Nº 10) o     LECTURAS:  Escoita ti (Nº 26) o     OFERTORIO:  Déixate querer (Nº 61) o     COMUÑÓN:  Quédate Señor connosco  ESCOITA ACTIVA O medo a correr riscos é unha das cousas máis paralizantes. Temos medo ao novo, como se conservar o pasado garantira automaticamente a fidelidade ao Evanxeo. Por medo calamos cando teriamos que falar, desentendémonos cando deberiamos intervir, non debatemos temas importantes para evitar plantexamentos novidosos. Temos medo a revisar liturxias e ritos que valeron noutro tempo, pero que na actualidade non din nada. Temos medo a falar de dereitos humanos, de diversidade, a recoñecer o papel da muller dentro da Igrexa. Temos medo a poñer por riba de todo a misericordia...  Segundo o relato evanxélico, os discípulos caen por terra cheos de medo.... pero Xesús achégase e dilles –dinos-:  erguédevos, non teñades medo . Que a celebración deste domingo, a Transfiguración do Señor