Carpinteiras do berce da esperanza CANTOS · ENTRADA: Volve, Señor. (Nº 90) · LECTURAS: Amostrame, Señor, os camiños da vida (Nº 20) · OFERTORIO: Velaquí Señor o viño (Nº 37) · COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89) SINAL O sinal que utilizaremos neste tempo de Advento vai ser un berce. Berce que iremos conformando ao longo dos catro domingos, para que cando chegue o día de Nadal poidamos poñer sobre el ao Neno recén nacido. ABRINDO O CORAZÓN Comezamos hoxe as catro semanas de Advento previas ao tempo de Nadal. Ao longo delas invitarásenos a volver os ollos e o corazón ao Señor, de xeito que cando El chegue nos atope cos brazos abertos e toda a mellor das disposicións para que quede con e entre nós. Non chega nin con luces nin con invitación ao consumo, todo o contrario. A súa chegada é silenciosa, moitas das veces na escuridade da noite, e sempre invitando a compartir, que non a consumir. Comecemos entón tamén nós este
Para orar e celebrar a fe na nosa terra