Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2010

5 pascua 2010

Un tsunami de esperanza: construír o Reino, testemuñar a vida PÓRTICO O tempo de pascua vaise desenvolvendo pouco a pouco, case sen darnos conta, como quen vai pasando de puntillas e sen facer moito barullo. Pero neste non facer balbordo, vainos deixando a súa pegada. Si, porque como quen non quere a cousa, insiste na importancia de dar testemuño de canto cremos e celebramos, na necesidade de ir perdendo os nosos medos, na insistencia en que só desde a esperanza poderemos entender e vivir a pascua como unha experiencia gozosa, alegre e transformadora da nosa vida e das situacións que necesitan cambio e empuxe no noso contorno. Podemos dicir que o tempo de pascua é un verdadeiro tsunami de esforzo por construír o Reino, e de facer que o testemuño de cantos nos chamamos cristiáns non quede reducido á celebración do domingo ou á rutina dunhas oracións que non falan da vida. Poñámonos en actitude de permitir que este alento de forza positiva irrompa na nosa vida. Perdón (Aspersió

4 Pascua 2010

E O TEU TDT.... COLLE A SÚA ONDA? SIGNO: Seguimos co signo neste tempo de pascua: aspersión da comunidade e a renovación das promesas bautismais PÓRTICO     Paseniñamente imos debullando este tempo de Pascua. Hoxe chegamos xa ao cuarto domingo, tradicionalmente coñecido coma o domingo do bo pastor. As persoas que temos a sorte de ter nado nun medio rural, sabemos ben de qué fala o Señor cando di que as ovellas coñecen e recoñecen a voz do seu pastor. E é que esta imaxe de pastor serve para expresar a relación de Deus co seu pobo. Fronte aos dirixentes, que non serven nin se preocupan da xente, Xesús móstrase coma aquel que coñece o seu rabaño, condúceo aos pastos, deféndeo dos perigos, entrégase totalmente e dá a súa vida por el. Nunha palabra: a súa autoridade vén da adicación que lles presta.     Que a celebración que agora comezamos nos axude a ter os oídos ben abertos para non deixarnos engaiolar por cantos de sereas que só queren confundirnos e que nos fan infelices. O PER

3 Pascua 2010

Non o dubides, El si está ao teu lado SIGNO: Seguimos co signo neste tempo de pascua: aspersión da comunidade e a renovación das promesas bautismais PÓRTICO Paz e ben. Xesús Resucitado vaise manifestando na horta, no camiño, na casa... Este domingo maniféstase nunha xuntanza de amigos (na comunidade), na noite (que dá medo e tristura), no mar (que é perigoso), no traballo solidario (duro e difícil), na fatiga de cada día (tantas veces aparentemente inútil), no medio da frustración (tanto esforzo para nada).... Porque o Señor é imprevisible. O mesmo aparece no norte que no sur, na noite que no día, cando amañece e cando atardece, cando se reza e cando se come, cando se descansa e cando se traballa, cando se goza e cando se sofre, na agonía da Madalena, no desencanto dos camiñantes de Emaús, nas bágoas de Pedro, na carraxe de Saulo.... faise presente o Señor. E o mesmo na nosa vida: sempre camiñamos acompañados por El. O problema está en que ás veces non sabemos descubrir a súa pr

2 Pascua

FELICES NÓS, SE CREMOS SEN VER SIGNO Facemos da fonte bautismal o signo central da Pascua. Ao lado dela colocamos o cirio pascual, para seguir traballando a partir dos símbolos que utilizamos na noite de Pascua: auga e lume. Collemos a auga para a aspersión que substitúe á petición de perdón ou que pecha o rito penitencial de cada domingo. Durante o tempo pascual, despois do remuíño, tamén renovaremos as promesas bautismais. PÓRTICO      As persoas que nos consideramos crentes vivimos a miúdo, coma os discípulos do Evanxeo, "ao anoitecer", "coas portas pechadas", "cheos de medo".... Estamos inmers@s na vella creación, non miramos nin experimentamos ao Resucitado, a humanidade nova parece ausente das nosas vidas. As nosas comunidades están ás veces repregadas, ocultas, sen dar testemuño. É coma se non tiveran alegría, perdón e vida que transmitir. A pesares de ser "o primeiro día da semana", o primeiro da nova creación, nós seguimos ancorados ao v

VIXILIA PASCUAL 2010

MONICIÓN AO COMEZO LITURXIA DA LUZ Bendición do lume Acendemos as veas Procesión ata a porta do templo LITURXIA DA PALABRA Primeira Lectura (Xén) ( Na porta da Igrexa ) Proclamación do Pregón Pascual ( Luces ) Segunda lectura (Ex) Terceira lectura (Is) Cuarta lectura (Ez) Quinta lectura (Rom) Gloria Evanxeo (Lc) Remuíño LITURXIA DA AUGA Bendición Aspersión Renovación das promesas bautismais Ladaíñas ORACIÓN DA COMUNIDADE LITURXIA DA EUCARISTÍA Ofertorio Santo Noso Pai Paz Comuñón Reflexión Despedida Hai que nacer da auga Fora da igrexa No nome do Pai … Pórtico Nesta noite rematamos e comezamos. Si, inda que pareza unha contradición, esta noite é a que marca o final do camiño do Xesús da historia, o que naceu de María, o que axudou aos seus pais en canto necesitaban, o que a partires dun momento na súa vida considerou que xa chegara o tempo de estar agochado e en silencio e comezou a súa vida pública. Unha vida pública ao longo da que foi presentando a súa mensaxe, palabras e f