Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2010

3 Coresma 2010

Eu son o que son ... na gratuidade SIGNO : Colocamos unha terceira cuncha de cartolina. A frase que destacamos é "CHAMAD@S A DAR FROITO". PÓRTICO "Castigo de Deus" é unha expresión que adoitamos escoitar cando sucede algunha traxedia. Pronunciar esta frase produce consolo aos que consideran que Deus é un xuíz severo que, con frialdade, examina a vida e as obras dos seus fieis, ditando sentencia condenatoria para os culpables. "Deus premia aos bos e castiga aos malos", dixéronnos desde pequen@s. Porén, esta afirmación non se corresponde cun Deus que parece calar as máis das veces diante da inxustiza, da dor e da opresión humana. Para algúns Deus non intervén sempre, senón que manda un recado de cando en vez, a modo de escarmento, para que esteamos á espreita. Deus pode cansar, díxosenos, ten paciencia ata un certo límite. Pero ¿é este o rostro do Deus de Xesús?. A resposta é que non, que Deus non é partidario de escarmentos, senón que ten unha pacien

2 coresma 2010

CHAMADOS A FACER REALIDADE A PROMESA DE ABRAHAM NO NOSO TEMPO SIGNO: Colocamos unha segunda cuncha de cartolina na que escribimos a frase: ESCOITADE A VOZ DO SEÑOR Pórtico Sempre, pero hoxe se cabe máis, chámasenos á esperanza, a confiar en que o presente vai mellorar, en que o futuro será moito mellor co pasado e co presente. Cabería preguntármonos cal é a nosa postura diante destas chamadas. Xesús coa súa transfiguración, quere darlle azos aos seus discípulos, quere mostrarlles o que vai vir, pero facéndoos conscientes de que o presente hai que loitalo e hai que esforzarse por transformalo. E nós a que esperamos para ser conscientes da urxencia de cambiar para que moitas actitudes de inmobilismo e frustración non teñan cabida en nos? Comecemos esta celebración e deixemos que a palabra, o pan que se nos parte e a comunidade reunida transfigure o noso ser. Perdón · Polas veces en que pensamos que coas nosas forzas somos quen de transformar o mundo, rexeitando a ax

1 DOMINGO CORESMA 2010

CAMIÑAMOS CARA A XESÚS; EL É A NOSA META SIGNO : Como estamos en Ano Santo, o signo que escollemos este ano para o tempo de Coresma serán cinco cunhas de vieira, símbolo do peregrino, que queren representar que seguimos o camiño cara a Xesús. El é a nosa meta. Cada semana iremos presentando unha cuncha nunha cartolina na que escribiremos unha frase do Evanxeo. Esta primeira semana, a frase escollida é " Só a Deus daremos culto ". Pórtico Comezamos unha nova xeira dentro do ano litúrxico: o tempo da Coresma. Este é un tempo de conversión e de cambio, tempo de mirar interiormente para transformar o noso actuar. Nun tempo en crise, non só económica, a Coresma ábrenos un horizonte para que reconsideremos a nosa vida na convicción de que nada é para sempre, que a novidade é posible, que as cousas, inda que pareza o contraio están, pouco a pouco, a cambiar. Que Deus non nos deixa da súa man.Pero nós tamén temos que ir pondo da nosa parte, porque senón nada será posible, e a frustr

Remol domingo 6 TO 2010

CONTRA A FAME, DEFENDE A TERRA (XORNADA DE MANS UNIDAS) PÓRTICO Cada domingo xuntámonos coma crentes en Cristo, para celebrar o misterio salvador da súa morte e resurrección. O Señor faise presente na nosa vida para salvarnos. Hoxe, en todas as comunidades cristiás, fáisenos presente o berro dos máis pobres da terra por medio da Xornada Nacional de Mans Unidas, a Campaña contra a fame. Este ano o lema proposto é "Contra a fame, defende a terra". Abramos o noso corazón ao que Deus nos manifesta nesta celebración. O PERDÓN Ti, que queres a vida e a felicidade para todas as persoas, purifica os nosos egoísmos, SEÑOR, LIMPA O NOSO CORAZÓN Ti, que te fixeches persoa coma nós, perdoa a nosa falta de achegamento a irmáns nosos que viven na pobreza extrema, CRISTO, LIMPA O NOSO CORAZÓN Ti, que nos chamas a todos á ledicia do teu Reino, perdoa a nosa falla de xenerosidade para compartir cos que petan na nosa porta, SEÑOR, LIMPA O NOSO CORAZÓN REMUÍÑO As persoas todas buscamos a felic