Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2020

26 domingo TO A 2020

DÁNDONOS OU SEN DARNOS CONTA, ESQUECEMOS QUE A COMPAIXÓN HUMANIZA O NOSO TRATO DUNHAS PERSOAS PARA COAS OUTRAS CANTO GOZOSO ENTRADA : Non vou so (Nº 60) LECTURAS: Canta o sol (Nº 22) OFERTORIO: Recibe, Señor (Nº 31) COMUÑÓN: Eu soñei (Nº 58) MIRANDO AS BEIRAS Dicimos, e mesmo escoitamos moitas veces que o tempo pasa sen que nos deamos conta, que agora todo vai con moita présa, que non nos queda tempo para nada; que a pouco que nos descoidemos o sopro da vida xa chega ao seu remate... Si, dicímolo ou escoitámolo moitas veces. Pero poucas veces nos paramos a pensar nas consecuencias. Está moi ben darlle voltas ás ideas, pero está moito mellor dar o paso cara adiante e facer das ideas comportamentos e accións. Realidade. E de realidade, que non vai con présa, e si coa súa cadencia de sempre, é sobre o que nos invita hoxe a reflexionar a Palabra de Deus. Unha reflexión que ten que levarnos a poñer os pés no chan, a vista na realidade das persoas que temos ao noso lado e as mans en actitu

22 Domingo To 2020 A

  RESPONDAMOS COA NOSA VIDA, Á SEDUCIÓN DO AMOR QUE HUMANIZA E NON UTILIZA ÁS PERSOAS CANTO GOZOSO ENTRADA: Que ledos hoxe estamos (Nº 5) LECTURAS: Ergo os meus ollos  OFERTORIO: Ti es o pan do ceo COMUÑÓN: Escoita ao Señor POÑENDO OS OLLOS NA REALIDADE Escoitaremos hoxe unha invitación a non poñer tapóns nos oídos para que, escoitando a Palabra de Deus e prestándolle atención, nos deixemos seducir por ela. Pero esta non é unha sedución ao uso, senón que a sedución de Deus chama ao cambio de corazón, á sensibilidade ante as dores e tristuras do noso mundo e das persoas que nel habitamos. So deste xeito a Palabra collerá fondura e gravarase no noso corazón e na nosa mente, para deste xeito non esquecer nunca que as persoas, máis alá do que teñamos, somos dignidade e merecemos respecto. Un respecto e unha dignidade que temos que mostrar cada día da nosa vida co noso xeito de actuar e de facer as cousas. Que non caiamos na tentación de darlle as costas a este fermoso, ledo e sempre cheo d

25 domingo TO 2020 A

CANDO NO CENTRO DAS NOSAS DECISIÓNS NON ESTÁ A PERSOA, DÁMOSLLE AS COSTAS AOS PLANS DO SEÑOR CANTO GOZOSO ENTRADA : Temos unha festa (Nº 6) LECTURAS: Cantádelle ao Señor (Nº23) OFERTORIO: Recibe, Señor (Nº 31) COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) MIRANDO AS BEIRAS Na vida de cada un e cada unha de nós hai días de tonalidades e cores diversos, porque a vida, inda que ás veces algunhas persoas se empeñen, non é nin monótona nin sempre igual. Por ela van pasando todas as situacións que vivimos cada día, E estas son, verdade que si?, ben diferentes e diversas. Quen non é capaz de entendelo así, acaba caendo na intolerancia e na ansia de amedrentar e someter a quen está disposto a apostar pola pluralidade e a diversidade, que as diferentes vivencias polas que imos pasando nos traen. RENOVANDO O CORAZÓN Porque non acabamos de deixar atrás a intransixencia; SEÑOR, QUE A ENVEXA NON NOS DOMINE. Porque non estamos plenamente convencid@s de que non é a imposición, e si o servizo, o que ha marcar a n

24 domingo TO 2020 A

  PORQUE A FE NON É UN SISTEMA ECONÓMICO, NON PRECISA QUE LEVEMOS CONTA DAS COUSAS QUE FACEMOS BEN CANTO GOZOSO ENTRADA : Unha parroquia LECTURAS: Déixate querer (Nº61) OFERTORIO: Señor Xesús (Nº 52) COMUÑÓN: Quédate Señor connosco (Nº 63) MIRANDO AS BEIRAS De proximidade, é dicir, da nosa capacidade de achegarnos ao próximo coa man tendida para ofrecer canto precise, é do que nos falan hoxe as lecturas que imos proclamar na celebración. Facer proximidade, que non é estar preto, senón achegarnos ao irmán e á irmá co recoñecemento de que é un igual, é compromiso permanente das persoas que nos chamamos seguidoras do Deus de Xesús. Tarefa e compromiso que lles fagan a vida máis feliz e humana. Nesta esixencia permanente ha estar a capacidade de non facer do rancor actitude inamovible que nos impida avanzar deixando atrás o pasado para albiscar con esperanza o futuro que hai que construír. Participemos da celebración coa disposición a revisar a nosa vida, e a deixar atrás ca

23 domingo TO A 2020

APRENDAMOS A ESCOITAR Á VOZ DO SEÑOR QUE NOS FALA NOS ”SINAIS DOS TEMPOS” CANTO GOZOSO ENTRADA : Non vou so (Nº 60) LECTURAS: Douvos un mandado novo (Nº18) OFERTORIO: Pan do ceo (Nº 53) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) MIRANDO AS BEIRAS Neste atípico ano pandémico comezamos a retomar as actividades nas escolas, nas empresas, nas parroquias... Setembro é o mes no que todo recomeza, mesmo moitas cousas se poñen en marcha por vez primeira. Retomar, comezar, desenvolver... son verbos que nos invitan a ilusionarnos, a non tirar a toalla a pesares das dificultades, a encarar a realidade mirando cara adiante. Dispoñámonos a participar e compartir este proxecto de esperanza que nos ofrece Xesús. RENOVANDO O CORAZÓN Para que non sexamos insensibles á dor das outras persoas; S EÑOR, QUE NON ENDUREZAMOS O CORAZÓN. Para que non deixemos que a desilusión atope oco na nosa vida; CRISTO, QUE NON ENDUREZAMOS O CORAZÓN. Para que superemos a tentación de non querer volver a comezar; SEÑOR, QUE NON