Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2008

Mansos e humildes

Mansos e humildes, pero non domesticados “ Hai que facer discípulos, non prosélitos... non basta que deas o Evanxeo, has de abrir coa túa vida a paixón por comelo” (P. Casaldáliga) Pórtico Estamos nunha sociedade cada vez máis tecnificada, chea de electrodomésticos e de aparellos electrónicos, na época do móbil, de internet, do ordenador... Pero tamén é a sociedade da soidade, do individualismo. O comunitario, a colaboración, o traballo de todos decaeu e tamén o diálogo sereno e pausado. Só falamos o imprescindible, o xusto,... canta soidade xeramos, canta frustración... Por iso, un novo domingo somos alentad@s a dispor o corazón para acoller a Palabra proclamada e levala á nosa vida. Fagámolo con humildade e mansedume, vivámola coa alegría da comuñón esperanzada. Perdón Por non confiar en Ti para poder aprender da túa gratuidade, SEÑOR, ALENTA O NOSO CAMIÑAR. Por non ser capaz de levar a forza da túa bendición a quen se sente angustiado e sen esperanza, CRISTO, ALENTA

Pedro e Paulo 2008

“As veces as ideas son coma eses zapatos vellos que nos resistimos a tirar porque nos resultan comodísimos. Hai ideas que de tanto usalas adquiriron xa a forma do noso corpo. Dentro delas non nos pode pasar nada e por iso defendémolas a morte. O malo é que, na mesma medida na que nos protexen do contorno hostil, tamén nos limitan. Por iso hai que ter o valor de cambiar de zapatos, de poñer en cuestión as opinións que utilizamos coma un dogma de fe para protexernos da incertidume.” ( J.J.Millás) Unha vida marcada polo testemuño: quen di a xente que son eu? Pórtico Somos conscientes de que non debemos andar sempre coa mesma roupa nin cos mesmos zapatos; porque sabemos que temos que cambiala, inda que nos sexa moi cómoda, para lavala, aireala, ou porque está vella e rachada e é necesario retirala. Do mesmo xeito sabemos que, nas cuestións da fe, tamén necesitamos renovar as súas formas e xeitos de expresala. Como dicía Xoán XXIII, necesitamos de cando en vez abrir as “ventás para que entr

Domingo 12 TO 2008

“ Non basta con non ter medo. O Evanxeo invita a tomar partido por Xesús con valentía e con todas as súas consecuencias” Non lle imos dar esa satisfacción. Non teñamos medo! PÓRTICO Vivimos nun momento de auxe das posicións conservadoras dentro da Igrexa, mesmo dentro da sociedade. Que é o intento de impor sesenta e cinco horas semanais de traballo na empresa, senón un querer volver ao século XIX, que tanta explotación, miseria e morte creou; e que tan ben denunciou a Doutrina Social da Igrexa e o chamado catolicismo social. Pois ben; nesta situación de querer volver atrás, como moitos pretenden, esquecendo a historia, non está de máis que prestemos atención ao profeta Xeremías, e denunciemos esa situación. É verdade que son moitos os que están á espreita para sacar rendibilidade, pero como seguidores de Xesús, aquel que non calou diante da inxustiza, estamos chamados a perder os medos e a non deixarnos vencer. Que a celebración de hoxe nos alente, estimule e enforteza para

Domingo 11 TO 2008

Porque recibimos de balde, que saibamos dar de balde Pórtico Tamén hoxe, como fixo cos seus apóstolos, Xesús segue chamando. Esa chamada é a cada un e cada unha de nós; e como ocorría naquel momento, correspóndenos responder non só coa palabra, senón cos feitos. A misión é anunciar a Boa nova do Reino, o que supón estar cerca das doenzas e dificultades das nosas xentes para poñer mans e corazón na tarefa de ilas curando. Que a celebración de hoxe nos faga sensibles á necesaria dispoñibilidade que debemos ter para que o anuncio do Reino se vaia convertendo en actitudes e accións. Perdón Porque en demasiadas ocasións da nosa vida as nosas inseguridades, os nosos medos, as presións do noso contorno…fan que non sexamos fieis e coherentes coas nosas convicións , SEÑOR, QUE VIVAMOS NA GRATUIDADE . Cristo, que nos esforcemos por deixar atrás a tentación do egoísmo e a comenencia na relación cos irmáns, CRISTO, QUE VIVAMOS NA GR

Domingo 10 2008

XESÚS CHAMA…. ESTÁS DISPOST@ A ERGUERTE DA TÚA MESA PARA SEGUILO? PÓRTICO Moitas veces adoitamos dicir “sempre houbo clases”; e é certo: os de arriba preocúpanse de que a situación nos cambie; e os de abaixo traballan no máis dos casos para que a situación siga sendo a mesma pero dándolle a volta á tortilla: @s de arriba, abaixo e os de abaixo, arriba. Esta situación que se dá no plano económico, político, social… tamén aparece no eido relixioso: os bos e os malos, os cristiáns con pedrigui e a xentuza, os piadosos e os descridos….son as categorías nas que se clasifica ás persoas crentes, dándolles a uns certos privilexios (honores, nomeamentos, fama, carguiños…) e a outros marxinación, descreto e mesmo desprezo. E resulta que vén Xesús e, diante de tanta parafernalia, dinos que estamos equivocados, e contra do fácil (buscar o negativo de cada un de nós) El abre novas perspectivas, mira o fondo de cada persoa e rescata o positivo, o bo, o que podemos aportar ao cambio do mundo. Deixaré