Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2018

Domingo 22 TO B 2018

A PALABRA INVÍTANOS A FUXIR DAS FALSAS FIDELIDADES E A NON ESQUECER QUE O ÚNICO IMPORTANTE, O QUE VERDADEIRAMENTE NOS FARÁ FELICES, É AXUDAR, COMPARTIR, EMPATIZAR COA XENTE, NA QUE DEUS SE NOS MOSTRA
Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Andarei na presenza do Señor (Nº 11)
LECTURAS: Benaventurados (Nº 119)
OFERTORIO: Seguirei os teus pasos (Nº 103)
COMUÑÓN: Déixate querer (Nº 61) PARA NON PERDER O PASO
En máis dunha ocasión tennos matado a nosa “pretendida e excesiva” fidelidade. Si, inda que nos resulte estraño, quen algunha vez non se deixou levar polo que manda a letra, esquecendo ás persoas que vían que esa mesma letra os facía infelices?. Quen, en máis dunha ocasión, non se ten amarrado á literalidade para xustificar os propios medos e inseguridades?. Quen non ten posto as normas por diante do corazón das persoas para pretender ter tranquila a súa conciencia?.

A Palabra invítanos hoxe a fuxir destas falsas fidelidades, e a non esquecer que o único importante, o que verdadeirament…

Domingo 21 TO B 2018

A INMADUREZ DE BOTARLLE AS CULPAS AOS DEMAIS, SEN ASUMIR AS CONSECUENCIAS DAS NOSAS ACCIÓNS, IMPÍDENOS CRECER NA LIBERDADE RESPONSABLE
Descarga o ficheiro
CANTO GOZOSO
ENTRADA: Que ledicia a miña (Nº 4) LECTURAS: As túas palabras, Señor (Nº 113) OFERTORIO: Velaquí, Señor, o viño (Nº 37) COMUÑÓN: Todos xuntos (Nº 56)
PARA NON PERDER O PASO Neste mundo tan "perfecto" que queremos construír ten pouca cabida o fracaso, a esixencia, a dor, as dificultades... nunha palabra, todo canto non saia coa perfección coa que temos programado. Caemos na falsa ilusión de que as cousas con só pensalas xa van para adiante, esquecendo que unha das características das persoas é que somos falibles, e polo tanto equivocámonos e fallamos nos nosos prognósticos e previsións. E contra o que puidera parecer, esa falibilidade humanízanos e fainos tomar conciencia de que nin somos perfectos nin nos bastamos a nós solos, que necesitamos uns dos outros. Que os demais son importantes e necesarios sempre. Deixemos…

Domingo 20 TO B 2018

A Igrexa é muller, é a Igrexa, non o Igrexa. É este un desafío que xa non pode postergarse... Configurouse un novo paradigma: o da reciprocidade na equivalencia e na diferenza. (Francisco, Discurso aos participantes na Plenaria do Consello Pontificio para a Cultura, Roma 7 febreiro 2015) GRAZAS, SEÑOR, POR QUERERNOS EMPODERADAS E NON SUMISASDescarga o ficheiro

CANTO GOZOSOENTRADA: Camiñar sen Xesús, sen amor (Nº 68) LECTURAS: Noraboa María (Nº 74) OFERTORIO: Benaventurados (Nº 118) COMUÑÓN: Coa nosa naiciña do ceo (Nº 69)

PARA NON PERDER O PASO Se miramos a realidade dun xeito superficial, parece que a muller xa está no mesmo plano de igualdade co home. Pero se nos poñemos os anteollos da igualdade, descubriremos que en todos os ámbitos que conforman a realidade humana: social, político, relixioso, cultural, laboral... segue presente un patriarcado que discrimina á muller, relegándoa a un segundo ou terceiro posto. Nembargantes, o Evanxeo preséntanos a María coma a muller que co seu si …