Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2019

8 Domingo TO C 2019

Poñamos os feitos ao servizo da honestidade e a coherencia da vida ao estilo de Xesús. Razoemos antes de botar pola boca loanzas ou críticas ao vento. Descarga o ficheiro Cantos Entrada.- Eu sei de quen me fiei  ( 64  ) Lecturas.- Escoita ti ( 26 ) Ofertorio.- Velaqui, Señor, o viño  ( 37  ) Comuñón.-  QUÉDATE, Señor, connosco  ( 64 ) Oídos atentos Saber escoitar é unha tarefa nada doada. Parécenos que podemos acadala, mesmo que sabemos facelo, pero cada vez cústanos máis poñernos no lugar da outra persoa, poñer toda a atención ao que nos di, saber calar e atender, sen estar  buscando resposta ao que nos está a dicir. A escoita supón un esforzo permanente de non caer na tentación de dicir o que nos parece ou o que a nós nos gusta ou convén, pensando só no noso interese. Toda escoita esíxenos  renunciar a nós mesmos para poñer toda a atención en quen se dirixe a nós, o que nos obriga a  facelo con respecto e sen facer de menos. Neste noso mundo tan necesitado de persoas que saiban escoitar e…

7 Domingo TO 2019 C

FAGAMOS DA IMAXE DE DEUS PRESENZA VIVA CO NOSO ACTUAR CON OLLOS ABERTOS Cantos Entrada.- Non vou só  ( 60 ) Lecturas.- Douvos un mandato novo   (18 ) Ofertorio.- Pan do ceo  (53 ) Comuñón.- O amor é o meirande  (  120 ) Mirando ás beiras No mundo actual é fundamental ser persoas con capacidade de saber estar e escoitar. E isto, inda que nos pareza o contrario, non é nada doado, porque a presenza supón non algo simplemente físico, senón capacidade de ser persoas receptivas e pendentes da realidade que nos conforma e das preocupacións ou ansias de con quen estamos. Asemade, a escoita é unha verdadeira disposición a poñer o noso tempo e o noso corazón a prol das persoas ás que nos achegamos . Non é un simple poñer orella, necesitamos tamén sinxeleza para non espantarnos, humildade para non crernos mellores e sinceridade para recoñecer que nin somos perfectos nin o sabemos todo. Por iso necesitamos, máis ca nunca, abrir moito os ollos e ensanchar o máis posible o corazón para compartir, desde a …

6 domingo TO C 2019

CONTRACORRENTEDescarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Unha xuntanza de amor (Nº 7)
LECTURAS: Eu soñei (Nº 58)
OFERTORIO: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)
COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120)

PARA NON PERDER O PASO Ditosas as persoas que saben ser pobres e compartir o pouco ou moito que teñen cos seus irmáns e as súas irmás. Pobres das persoas que só se preocupan das súas riquezas e dos seus intereses.
Ditosas as persoas que coñecen a fame e a necesidade, porque non queren explotar, oprimir ou pisotear á xente. Pobres das persoas que son capaces de vivir tranquilas e satisfeitas, sen preocuparse da xente necesitada.
Ditosas as persoas que choran as inxustizas, as mortes, as torturas, os abusos e o sufrimento da xente pequena. Pobres das persoas que se rin da dor da xente mentres disfrutan do seu benestar.
O camiño de Xesús cara á felicidade é completamente distinto ao que nos propón a sociedade actual. Aceptas o seu desafío?
CO CORAZÓN FERIDO Por non ter aprendido a escoitar e a mi…

5 Domingo TO C 2019 Mans Unidas

Cremos na igualdade e na dignidade das persoas A proposta de celebración de Manos UnidasDescarga o ficheiroCantos Entrada.- Camiñando pola vida  (9) Lecturas.- Ide e pregoade  (55) Ofertorio.- Aquí están Señor  (32) Comuñón.-  Acharte presente na vida  (54) Oídos atentos (A partires dun texto  da revista de Mans Unidas) En xeral, pódese dicir que son bos tempos para a “dignidade humana”. Está especialmente presente nos discursos políticos, nas Declaracións e Convencións multinacionais e mesmo en moitas Constitucións nacionais. É tamén unha expresión moi utilizada pola sociedade civil, sen grandes coñecementos teóricos, para dicir simplemente que cada persoa é un “ser valioso” que ha levar unha vida adecuada a esa condición.