Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2018

31 Domingo TO B 2018

Cando esquecemos actuar desde o corazón, a nosa realidade vital convértese en baleiro Descarga o ficheiro Cantos Entrada.- Ti es camiño e verdade ( 57 ) Lecturas.-   Escoita ao Señor (   15 ) Ofertorio.- Non leves para o camiño ( ) Comuñón. O amor é o meirande (   120 ) Para non perde-lo paso             En tempos de présa, incerteza e primacía do efémero , onde a resposta a calquera das preguntas ha de ser Xa, e nada máis que xa, a celebración desta mañá invítanos a facer o camiño da vida coa tranquilidade e o repouso de quen busca sen cansar e non desespera ante o erro e o fracaso. Non é, certamente, doado camiñar con estas premisas, pero é a aprendizaxe que hoxe nos mostra o Deus que nos reúne e alenta a superar o derrotismo e a mediocridade dos lugares comúns. Preparémonos entón para que o corazón se poña en actitude de escoita para que a proposta que desde a palabra de Deus se nos fai, a poñamos en practica. Co corazón ferido ·         Por ser moi derro

Festa de Todos os Santos 2018

Festa de Tódolos Santos   A festa da dos que pasaron con sinxeleza facendo do servizo ledicia Descarga o ficheiro Canto s Entrada.- Benaventurados Lecturas.- camiñarei na presenza do Señor Ofertorio.- Deixate querer Comuñón.- Pan do ceo Pórtico           Deus únenos hoxe no seu amor desde o testemuño dos homes e mulleres b@s e xeneros@s, para os que a esperanza e a sinxeleza foron eixes da súa vida. Este mesmo Deus acóllenos ao seu carón para invitarnos á confianza diante de toda a desconfianza do noso mundo. Chámanos chamarnos polo noso nome fronte ao anonimato que nos ignora e silencia; ofrécenos   a súa man nun momento no que o individualismo e o interese puramente materialista se vai impondo por riba da amizade, o amor e a espiritualidade de quen fai da dignidade respecto de persoas e vidas. A festa de hoxe, quere ser logo, chamada a non deixarse arrastrar do pesimismo, para facer agromar a esperanza daquel que sempre que achega a nós, non canse de d

30 domingo TO B 2018

Só seremos capaces de ver se nos deixamos acompañar. Na sinodalidade facemos sempre camiño, no individualismo volvémonos   estáticos e deseperanzados Descarga o ficheiro Cantos E ntrada .-    Que ledicia miña ( 4 ) Lecturas .- Deixate querer ( 61 ) Ofertorio .- Veleiqui, Señor, o viño   ( 37 ) Comuñón.- Todos xuntos coas mans unidas ( 56 ) Para non perde-lo paso   A medida que imos crecendo e madurando, imos tamén aprendendo a mirar. E a diferenza do ver que descobre pero non interpreta, a capacidade de mirar a   realidade   faino transcender ir máis alá do que son capaces de captar os nosos ollos. Porque a mirada fainos interpretar o que vemos, descubrir os seu contido e significado, non quedarnos nin deixarnos levar da primeira impresión. No evanxeo de hoxe Xesús danos unha lección de como ha ser esa mirada que debemos poñer en practica cada día. E dinos que non pode ser máis que a mirada de quen descobre aos seus iguais que sofren, están sos ou son vítimas