Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2014

Domingo 30 TO A

O ESQUECEMENTO LÉVANOS A REPETIR OS ERROS QUE NOS FAN INFELICES Descarga o ficheiro ESCOITA ACTIVA Seguro que as lecturas que imos proclamar hoxe resúltannos moi coñecidas, alomenos por telas escoitado moitas veces. O que ao mellor xa non é tan seguro é que lle teñamos prestado a atención que merecen pola fondura da mensaxe que nos transmiten e pola forza coa que son pronunciadas. Si, porque tanto as palabras do libro do Éxodo como as de Xesús poñen o importante no centro, sen deixarse levar de modas ou rebumbios mediáticos. O importante, o fundamental é manter sempre, e dise isto moi claro, sempre o respecto e a defensa da persoa. Porque é ela, e só ela, a que posúe a dignidade que comparte con Deus. Por iso é necesario respectala, comparta ou non o noso xeito de pensar, rece a un Deus diferente ao noso ou teña unha escala de valores que non compartimos. E iso é así porque a dignidade non nola dá ningunha constitución nin ningún acordo internacional asinado por países, senón qu

Hoxe vai ser un gran día

Co gallo da Beatificación de Paulo VI Clodomiro Ogando (*)   Parafraseando a Serrat, podemos dicir que o próximo domingo 19 de Outubro, en Roma e en toda a Igrexa universal, vai “ ser un gran día”. Porque o Papa Paulo VI será declarado Beato polo Papa Francisco.   A diferenza de outras canonizacións e   beatificacións, esta non está sendo nada mediática.   A timidez de Paulo VI impúxose a súa brillantez intelectual. Era un home un estudoso que foi chamado a desenvolver, e con gran acerto pastoral,   a sede arcebispal de Milán de onde saíu primeiro para participar na primeira sesión do concilio Vaticano II, e despois – e xa non volveu – para participar no conclave, logo da morte de Xoán XXIII, no que sería elixido Bispo de Roma, e coma tal, Pastor da Igrexa universal, adoutando o nome de Paulo VI. Non ter sido un Papa baixo o seguimento permanente dos medios, non supón que non fose un Papa sen cuxa achega dificilmente se podería entender nin a primavera eclesial daque