QUE O CÁNTICO AO SEÑOR SEXA UN CANTO AFINADO NA SOLIDARIEDADE E NA MISERICORDIA
Descarga o arquivo
ESCOITA ACTIVA
Qué
difícil nos resulta moitas veces ser agradecidos e recoñecer que os demais
teñen feito cousas por nós!. Cómo nos poden o orgullo, a autosuficiencia ou a
soberbia!. Porén, a mensaxe que Deus nos presenta para seguir e vivir é sempre
a mesma: sede agradecid@s, non deixedes de tender a man, abride horizontes de
fraternidade, non deixedes que nada nin ninguén vos roube a esperanza!.
Permitamos
que a palabra que vai ser proclamada resoe nos nosos corazóns e enchoupémonos
dela. Só deste xeito poderemos aclamar a gloria de Deus no pequeno e sinxelo,
no sorriso compartido, no tempo agradecido ao servizo dos demais!, como fan
tantas e tantas misioneiros, cuxa tarefa hoxe temos presente dun xeito especial
na Xornada Mundial das Misións, o DOMUND, unha xornada na que a Igrexa, cada un
e cada unha de nós, tomamos conciencia da universalidade da nosa tarefa
evanxelizadora, porque evanxelizar é transmitir alí onde nos atopamos coas
nosas palabras, cos nosos xestos, coas nosas obras… en resumo, coa nosa vida,
unha nova sinxela, unha nova cercana, unha nova que é alegría: Deus quérenos,
ocúpase e preocúpase por nós.
CORAZÓN MISERICORDIOSO
*
Para
que non deixemos que a ausuficiencia nos faga crer mellores, SEÑOR, QUE CAMIÑEMOS NA HUMILDADE.
*
Para
que fagamos do diálogo a ponte de entendemento cos demais, CRISTO, QUE CAMIÑEMOS NA HUMILDADE.
*
Para
que aprendamos a converter a nosa fe non en costume nin en rutina, senón en
solidariedade cara aos que precisen de nós,
SEÑOR, QUE CAMIÑEMOS NA HUMILDADE.
PALABRA ENRAIZADA
- Deus
sae ao encontro de cada un de nós non ao chou, senón acompañándonos de
maneira persoal. Porque nos coñece non nos confunde; ao contrario, sabe
perfectamente quen somos e como é a nosa vida: “Señor, ti escúlcasnos e
coñécesnos”, dicimos no salmo. Na lectura que acabamos de escoitar
do profeta Isaías, aparecen tres verbos que nos axudan a entender mellor
isto que vimos dicindo:
- CHAMEITE: Porque sabe quen somos, e non xoga ao xogo da confusión, cando nos chama sabe a quen se dirixe. E namentres aos demais podemos enganalos e aparentar o que non somos, non ocorre o mesmo con Deus. Na súa chamada está o desexo de que non camiñemos sós, nin tampouco que sexamos nós os que deixemos que outros vaian sós e desesperados.
- CREEITE: Pero non se limita a chamarnos e deixarnos abandonados, senón que na súa chamada está presente sempre a nosa orixe: somos de Deus. Por iso o profeta fala de que nos creou. En Deus atopamos o si, o camiño, o horizonte por onde nos dirixirnos ata chegar á meta. Desde sempre e por sempre, está con nós. Que senón significa afirmar que somos dignidade?.
- AMEITE: E só quen terma, coñece e se preocupa, pode dicir que ama, quere, que se entrega e se dá aos demais. O seu amor non é un amor por interese nin por comenencia, senón un amor de entrega e doazón. Un amor desde o que El nos vai abrindo e mostrando o camiño.
- Quen ama, crea e chama entende a grandeza
do que significa dar grazas. E isto é difícil nun mundo como no que nós
estramos, no que esta grandeza é moitas veces ignorada –non hai máis que
escoitar as noticias nas que aqueles que querían aparentar ser importantes
e poderosos, acaban sendo os mentireiros e enganadores, aproveitándose da
sinxeleza dos que confiaban e coidaban que as palabras eran para ser
respectadas- e pensamos que as reclamacións de dereitos non levan
acompañadas as dos deberes; como se só fosen os demais os que tiveran
obrigas para con nós, pero nós ningunha para con eles. Deste xeito –a
lóxica do capital– é imposible –vémolo cada día– que entendamos a grandeza
da gratuidade e do recoñecemento do que outros fan por nós. Ser
agradecidos é unha tarefa que vai intimamente unida ao ser cristiáns. Que
saibamos poñela en práctica!.
- Agradecid@s
a Deus por ter confiado en nós, temos que ir xuntando esforzos, mans e
corazóns con aqueles que teñen o mesmo empeño ca nós: non deixar que a
ninguén lle sexa negada a súa dignidade. O Evanxeo libera de todo aquilo
que vai impedindo que sexamos felices. Por iso a nosa misión coma crentes,
a tarefa á que estamos chamad@s é evanxelizar, ou o que é o mesmo:
anunciar que a dignidade que Deus nos deu a cada un e cada unha de nós
debe ser respectada por riba de diferenzas de cultura, credo ou nivel
social e económico. Por que non facemos isto realidade?. Hoxe, no día do
DOMUND, somos invitad@s a botar unha ollada a noso mundo e traballar para
que xustiza e igualdade deixen de ser unha utopía epasen a converterse
nunha realidade. O día das misións é unha chamada de atención, para tod@s
nós, os que estamos no primeiro mundo, para que deixemos de lado esa falsa
solidariedade que nos fai dicir “pobriños” e nos leva a darlle as migallas
que caen da nosa mesa, para traballar pola xustiza, ou o que é o mesmo,
para facerlle sitio na mesa e que compartan o banquete con nós. Tod@s
somos Igrexa, tod@s somos fill@s dun mesmo Pai, por que nos deixamos levar
dos fundamentalismos que separan a uns en bos e a outros en indesexables?.
Hoxe é un bo día para comprometernos na globalización do amor.
FRATERNIDADE ORANTE
Pedimos ao
Señor que nos bendiga coa súa graza e co seu agarimo dicindo xunt@s:
QUE
A MISERICORDIA ENCHOUPE O NOSO ACTUAR
*
Que
sexamos unha Igrexa de misericordia e non de rancor, Señor. Especialmente
pedímosche que non teñamos medo aos cambios dentro da Igrexa, pois só así poderá
entrar aire que a renove e a faga volver ás orixes do evanxeo, OREMOS.
QUE A MISERICORDIA ENCHOUPE O
NOSO ACTUAR
*
Para
que os traballos do Sínodo dean froitos de misericordia, levando acollida e
alento a tantas familias que se ven en dificultades nas súas relacións e no seu
esforzo por seguir querendo ser familias cristiás, a pesares dos fracasos e
dificultades, OREMOS.
QUE A MISERICORDIA ENCHOUPE O
NOSO ACTUAR
*
Para
que sexamos sempre unha Igrexa leda e solidaria, aprendendo a mirar máis alá
das lindes das nosas parroquias, para camiñar con esperanza na universalidade
dunha fe que se mostre en forma de entrega solidaria entre os máis pobres e
esquecidos do noso mundo, OREMOS.
QUE A MISERICORDIA ENCHOUPE O
NOSO ACTUAR
Señor, que nos deixemos
bendicir pola forza da túa palabra, para que vivamos a fe coa alegría de quen
se sabe axudado para transformarnos persoal, comunitaria e socialmente. P.X.N.S.
Amén.
MIRADA DE ESPERANZA
DISCÍPULOS E
MESTRES
Señor,
ensínanos a mirar ao ceo,
a gustar das
cousas de arriba,
a gardar as
túas palabras,
a sentir a
túa presenza viva,
a xuntarnos
cos irmáns e coas irmás,
a anunciar a
túa mensaxe,
a escoitar
ao teu Espírito,
a sementar o
teu Reino,
a percorrer
os teus camiños,
a esperar a
túa chegada,
a sermos
discípul@s.
Señor,
ensínanos a vivir na terra,
a seguir as
túas pegadas,
a construír
a túa comunidade,
a repartir
os teus dons,
a saírmos de
Xerusalén,
a investir
os talentos,
a disfrutar
da creación,
a camiñar
polo amplo mundo,
a continuar
o teu proxecto,
a morrer
dando froito,
a ser
cidadáns e cidadás.
Señor,
ensínanos a gozar coma fill@s
e a vivir
coma irmáns e irmás.
Ensínanos a
sermos discípulos e cidadáns.
(Ulibarri,
Fl.)
CANTO GOZOSO
ENTRADA: Con ledicia vamos todos ao altar
LECTURAS: Como che cantarei
OFERTORIO: Misioneiro
COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas
Comentarios