Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2018

1 Advento C 2018

Advento: Luz, desde a Palabra proclamada, para un tempo de conversión Cantos     Entrada.- Preparade o camiño ao Señor     Lecturas.- As túas palabras, Señor ( 113)     Ofertorio. - Eu soñei ( 58 )     Comuñón. - Xesús chamado amigo ( 89) Sinal de Advento Poñemos un taboleiro diante do altar e nel, sobre unha cartolina morada, colocamos un cartel no que apareza a imaxe dunha vela e dunha biblia aberta . Escribimos ao lado a seguinte lenda: Advento, luz e Palabra . Ao longo de cada un dos domingos iremos colocando unha palabra ao redor do cartel : nen@s, moz@s, matrimonios e maiores. Abrindo os ollos e mirando aos lados                 Volvemos comezar unha nova oportunidade de mirar cara dentro de nós e descubrir a necesidade de poñernos de novo en camiño e de deixar atrás todo   canto nos pesa e nos impide camiñar de maneira lixeira e esperanzada: tristura, desánimo, comentarios ferintes... O Advento que nos invita a poñernos en camiño, é unha gr

Cristo Rei 2018

Pechamos para volver abrir Cantos Entrada.- Que ledos  ( 5 ) Lecturas.- Veña o teu reino ( 88 ) Ofertorio. - Eiqui están, Señor  ( 32  ) Comuñón.- Déixate querer  ( 61  ) Abrindo os ollos e mirando aos lados Remata hoxe o ano litúrxico, ao longo del fomos reuníndonos e poñendo os nosos oídos en actitude de escoita para que a Palabra resoara de fóra  para dentro e de dentro para fóra. Unha Palabra que  nos mostraba como o proxecto de amor de Deus, chegado a nós  desde a encarnación de Xesús. Un amor que é necesario ilo convertendo en vida a través da nosa maneira de mira-lo mundo e o noso xeito de actuar e comportarnos uns en relación cos outros.     Sen cansar, esta Palabra invitounos a  acoller, e ser sensibles á dor dos demais, a non deixarnos vencer  polo arrouto, a ... camiñar asumindo a nosa  limitación e a buscar con gozo canto podemos e sabemos facer de ben para que os demais se sentan recoñecidos e queridos.     Compartamos entón este momento de fe e esp

33 Domingo TO B Dia mundial dos pobres

Abrindo os ollos e mirando aos lados Reunidos para celebrar a fe, experiencia de unidade e caridade. Neste domingo, porque así estableceu o papa Francisco, a Igrexa celebra o día mundial dos pobres. Coa se pretende que na nosa conciencia se produza un forte chamamento, de modo que esteamos cada vez máis convencidos de que compartir cos pobres permítenos entender o Evanxeo na súa verdade máis profunda e de que os pobres non son un problema, senón un medio para acoller e vivir a esencia do Evanxeo. Ofrezámoslle achega sincera, a oración, e a axuda xenerosa e efectiva a tantas persoas que, cerca e lonxe de nós, sofren diferentes formas de pobreza que se dan hoxe no noso mundo. Na celebración que agora comezamos atoparémonos con Xesús modelo de amor e entrega, e forza para vivir na caridade cristián cos pobres e necesitados. Corazón misericordioso Defensor dos pobres: Señor, que acollamos co corazón. Refuxio dos débiles: Cristo, que acollamos co corazón. Esperanza dos pec

32 Domingo TO B 2018 Igrexa Diocesana

DIA DA IGREXA DIOCESANA SOMOS UNHA FAMILIA CONTIGO. Descarga o ficheiro Cantos Entrada.-    Unha parroquia nova   ( ) Lecturas.-          (   ) Ofertorio.-    ( ) Comuñón. Non vou só ( 60 ) Para non perde-lo paso   Benvidos todos á celebración deste domingo. De novo Xesús dirixírenos a súa Palabra que nos convidará á confianza en Deus e á xenerosidade. E unha vez máis escoitaremos a súa invitación: “Tomade e comede”. Pan e Palabra que son o sustento para o camiño. Coma nós responderán a esta invitación moitas comunidades de crentes, unhas formadas por moitos fieis, outras moi pequenas, a todas elas queremos telas presentes na nosa celebración, porque hoxe celebramos O DIA DA IGREXA DIOCESANA que nos lembra que formamos parte dunha gran familia, a Diocese de Tui-Vigo, que debemos coñecela, apreciala e comprometernos con ela. Teñamos tamén moi presentes a todos os que a formamos: o bispo, sacerdotes, persoas da vida consagrada e segrares. Co corazón ferido