Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2015

Trindade 2015

UNHA FESTA DESDE A POLIFONÍA DE DEUS PARA UN MUNDO CHAMADO A ABANDONAR O MONOCROMATISMO   CANTO GOZOSO  ENTRADA: Vinde axiña  LECTURAS: Benaventurados/Xesús é Señor  OFERTORIO: Eu soñei  COMUÑÓN: Ide e pregoade ESCOITA ACTIVA Hoxe celebramos a festa da Santísima Trindade, a festa na que o Deus cristián se nos manifesta como presenza permanente ao noso lado. O Pai que nos escolle para ser o seu pobo, o Fillo que nos invita a seguilo e o Espírito Santo que nos alenta, desde o noso camiñar como Igrexa, para que superemos a tentación do pesimismo e a sensación de fracaso. Por iso dicimos tamén que é a festa da polifonía de Deus; é dicir, El ofrécenos moitas músicas para que poidamos interpretar a peza cuxa única letra é: amádevos uns aos outros e ide e anunciade. Ben aprendida a letra, esforcémonos por poñerlle sempre músicas que nos falen de xustiza, igualdade, dignidade, respecto e solidariedade. Só así entenderemos por que a celebración de hoxe é unha invitación a mirar ao m

Pentecostes 2015

Presenza e alento do Espírito nun xeito de sentir e vivir a fe moitas veces desalentado e pouco crible Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Que ledicia LECTURAS: Manda o teu Espírito OFERTORIO: Veña o teu Reino COMUÑÓN: Acharte presente ESCOITA ACTIVA A festa do Espírito Santo, Pentecostes. Si, hoxe achegámonos ao noso encontro semanal movid@s pola chamada que, nos seus discípulos, nos fai Xesús: ide e entendede. Porque aquí está a clave: entendernos. E cómo nos custa! Falamos moito, pero dicimos pouco. Confundimos utilizar moitas palabras, mesmo ter un vocabulario rico, con dicir cousas con sentido. Por iso neste domingo de Pentecostes poderiamos preguntarnos se somos dos que falamos sen dicir nada; se somos dos que nos gusta que outros falen inda que non entendamos nin prestemos atención; ou se somos dos que falan cando corresponde, sen buscar quedar ben, senón motivar os corazóns para actuar acollendo a forza do Espírito e facendo canto nos corresponde

Ascensión 2015

UNHA FE QUE NON SABE POÑER OS OLLOS FITANDO O ROSTRO DOÍDO DOS IRMÁNS E SÓ MIRA PARA O CEO É UNHA FE PRA ENTRETER E ENGANAR CANTO GOZOSO ENTRADA: Con ledicia imos todos ao altar LECTURAS: A túa Palabra OFERTORIO: O amor é o meirande COMUÑÓN: Ide e pregoade ESCOITA ACTIVA Neste domingo da Ascensión somos invitad@s a poñer a mirada no mundo do que formamos parte e que imos construíndo entre tod@s. Mirar, e facelo sen medo nin volvera vista, non é tarefa doada. Moitas das imaxes que van aparecendo diante dos nosos ollos son difíciles de entender nunha sociedade que se di avanzada, moderna e permanentemente aberta á comunicación. E son difíciles de entender porque nesa mirada imos atopando violencia -moita e cada vez máis-, indiferenza ante a dor dos demais, engano e mais mentira. Como vai ser doado manter os ollos nesa mirada! Claro que preferiríamos imaxinarnos que o mundo é unha película onde as cousas non son reais; pero non é así, por iso non é fácil soster, como dicimos

6 domingo Pascua 2015

Un amor en espiral, sen esquinas e en reciprocidade: Sempre aberto con e para nós CANTO GOZOSO ENTRADA: Non vou so LECTURAS: Cant á delle ao Se ñ or unha cantiga nova OFERTORIO: Grazas , Se ñ or, na ma ñá COMU ÑÓ N: O amor é o meirande ESCOITA ACTIVA Os tempos socio-culturais que estamos a vivir non resultan doados para a gran maioría da xente. Máis alá da televisión-consumo ou das mensaxes de distracción por parte dos poderosos, a maior parte da poboación, clase media, esta a pasalo mal. Os soldos, para quen ten a sorte de telos, son cada vez máis baixos, inda que haxa que traballar máis horas; conceptos como antigüidade, dereitos adquiridos ou emprego estable comezan a ser palabras que nos van quedando moi lonxanas. E no medio, coma sempre, as persoas. As que sofren, as que quedan sen nada, as que son un número nun impreso oficial. Fronte esta situación de desencanto, os crentes temos a fe. Pero non unha fe de ritos, vella e sen capaci