Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de agosto, 2011

23 domingo TO A 2011

A ausencia de compromiso moral converte o cumprimento da lei en mentira totalitaria Pórtico     Pouco a pouco as sociedades van deixando atrás o seu compromiso moral para quedarse no dominio da lei. Non nos resulta estraño escoitar que as convicións morais son algo individual, e que nunha sociedade democrática o que ha primar é o cumprimento da Lei. E de tanto escoitalo, resulta que tamén nós acabamos por crelo. O resultado está á vista, non fai falta dar moitas explicacións: non cremos no que facemos, fáltanos capacidade para a tenrura, non distinguimos a persoa da norma, buscamos facer o que manda a lei esquecendo valores e convicións. E deste xeito ímonos baleirando por dentro ata non quedar en nada; convertémonos en robots que cumpren o que lles mandan, pero non pensan nin buscan razón de por que deben facer así e non doutro xeito. Este é un dos moitos males do noso tempo e da nosa xente, quizais tamén noso. Somos incapaces de sentir algo por alguén, só nos vale na medida en que ll

22 domingo TO 2011

TODOS NECESITAMOS UN POUCO DE SUR PARA PODER VER O NORTE PÓRTICO Vivimos nunha sociedade que se caracteriza pola incapacidade para o sufrimento e a renuncia. A nosa civilización do confort e da comodidade non quere escoitar falar diso. Pero, que pensar dunha sociedade que evita, esconde e rexeita determinados xeitos de sufrimento?. Que dicir dunha sociedade que saca rapidamente de casa aos inválidos e anciáns e que borra da súa memoria rapidamente o recordo dos mortos?. Que dicir dunhas xeracións de pais e fillos que cortan o máis axiña posible a comunicación entre eles, aínda que vivan xuntos, para evitar conflitos e vivir con maior tranquilidade?. Que dicir de quen non sen detén diante dos dereitos máis elementais das persoas e actúan sen ningún escrúpulo, movidos só polo éxito económico, polo triunfo social ou polas ansias de posuír?. Que dicir dunha sociedade incapaz da máis mínima renuncia cando contempla na beirarrúa de enfronte a millóns de persoas que non teñen o básico p

21 domingo TO A

UNHAS CHAVES PARA ABRIR E INVITAR A ENTRAR, NUNCA PARA BOTAR FÓRA Pórtico Houbo un tempo, que lonxe nos parece que quedou!, no que se nos invitaba a abrir portas e ventás para que entrara aire novo e renovador na Igrexa. Hai un tempo, que preto o temos!, en que xa non se nos invita, senón que se nos impón pechar as ventás e as portas por medo a que entre un aire que sexa tan frío que nos enferme. Volvemos ao mesmo, ao que xa pensabamos que hai moitos anos quedara desterrado: o paternalismo, a submisión, o medo á autonomía… o infantilismo da fe. Non perdamos a memoria, non deixemos que outros nos sometan e digan o que temos ou non temos que facer. Deus entréganos as chaves como mostra de que confía en nós, de que nos dá liberdade, de que nos crea responsables e libres para que tomemos decisións, acertadas ou equivocadas; pero sempre propias, sen deixar que ninguén nos domine e manipule. Que as chaves que en Pedro o Señor nos dá a tod@s, non as convertamos nas chaves que algúns qu

20 domingo TO 2011

UN DEUS INCLUÍNTE QUE NON EXCLÚE A NINGUÉN Pórtico     Escoitamos dicir moitas veces, ou mesmo ata podemos chegar nós a pensalo, que o Evanxeo pouco ou nada pode aportar ao mundo e á cultura de hoxe. Que é algo do pasado, que valeu pero xa non vale. Porén, unha vez máis a Palabra de Deus, que non a actuación e maneiras de Papa, bispos, curas ou cristiáns, vén rebater esta afirmación e preséntasenos coma unha Palabra, e polo tanto como unha mensaxe fresca, renovadora e incluínte. Todo o contrario do que ocorre hoxe na nosa sociedade occidental, na que nos queremos únicos e na que nos imos esforzando en poñer dificultades a quen vén de fóra ou se mostra distinto. É unha mensaxe incluínte porque non discrimina; incluínte porque acolle; incluínte porque non diferenza; incluínte porque volve proclamar a súa universalidade: é para todas as persoas, non só para unhas poucas, elixidas e de clase alta. Por iso dicimos que indo contracorrente ás modas que hoxe tanto priman, a mensaxe cristi

19 domingo TO 2011

SUPERAR A SOBERBIA DO FARAÓNICO, AXÚDANOS A VER A DEUS NO PEQUENO E SINXELO Pórtico      A sociedade occidental, á que nós pertencemos, é unha sociedade marcada fundamentalmente por dous elementos: a dúbida diante de todo e todos e o afastamento de Deus. E a pouco que o pensemos, as dúas están en moi estreita relación; xa que se sobre todo se dubida e nada hai de certo sobre o que asentar principios, valores ou actitudes; e se non temos certezas, se os principios están ao servizo do que conveña ou non en cada momento, e se as actitudes todas son iguais e valen o mesmo, para que ter a Deus como referente?. Xa nos valemos nós mesmos para facer, desfacer, alentar ou desalentar momentos, situacións e circunstancias. Este escepticismo que respiramos en occidente vai facendo que crezamos planos e sen horizontes. E xa sabemos, se na vida non hai horizontes máis alá do que vemos e tocamos, todo se nos volve sen sentido e innecesario. Porén, no Evanxeo de hoxe, Xesús invítanos a non d