Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2018

Domingo 26 to B 2018

FÁLANOS SEÑOR, QUE QUEREMOS ESCOITARTE! Descarga o ficheiro RECENDO DE SONS AGRADECIDOS ENTRADA: Con ledicia vimos LECTURAS : Benaventurados OFERTORIO: Na nosa terra (Nº 36) COMUÑÓN: Non vou so (Nº 60) PARA NON PERDER O PASO          Volvemos reunirnos no día do Señor. Rezamos en comunidade, pedimos sentindo a forza da súa presenza; damos grazas desde a confianza que nos trae ao pé do altar. Que este momento de oración que agora comezamos sexa experiencia de encontro e de confianza no Deus de Xesús que nos chama sempre a reunirnos no seu nome. Participemos con alegría sabéndonos acompañad@s da súa presenza. CO CORAZÓN FERIDO û   Porque moitas veces non prestamos atención á voz de Deus que nos fala a través de quen nos necesita; SEÑOR, ACOLLE A NOSA ORACIÓN. û   Porque non sempre somos capaces de dicir si ao plan de Deus coa nosa vida; CRISTO, ACOLLE A NOSA ORACIÓN. û   Porque somos máis de pensar en nós que na necesidade que os demais teñen

Propostas para o Domingo 25 TO B

25 domingo TO B 2015  HAI PERSOAS QUE SERVEN UN DÍA E SON BOAS. HAI OUTRAS QUE SERVEN UN ANO E SON MELLORES. OUTRAS SERVEN MOITOS ANOS E SON MOI BOAS... PERO TAMÉN HAI AS QUE SERVEN TODA A VIDA: ESAS SON IMPRESCINDIBLES E IMPORTANTES Descarga o ficheiro Domingo 25 TO B 2012  https://remoldapalabra.blogspot.com/2012/09/domingo-25-to-b.html DOMINGO 25 TO B 2009 https://remoldapalabra.blogspot.com/2009/09/domingo-25-to.html

Domingo 24 TO B 2018

QUE NON NOS DEIXEMOS ATRAPAR POLA VERGOÑA DE QUEN ESCONDE OU NEGA A SÚA FE CANTO GOZOSO ⬁  ENTRADA:  C amiñando pola vida  (Nº  9 ) ⬁  LECTURAS :  Camiñarei na presenza do Señor   (Nº  12 ) ⬁  OFERTORIO:  Grazas, Señor   (Nº  34 ) ⬁  COMUÑÓN:  Acharte presente PARA NON PERDER O PASO ​ Abert@s sempre a dar razón de canto nos aleda e anima, reunímonos hoxe para compartir esta experiencia que ,  desde Xesús ,  queremos vivir comunitariamente. É verdade que son moitas as cousas que nos fan esquecer e perde r  a invitación que nos ofreces desde o teu proxecto de amor, igualitario, incluínte e permanentemente  en renovación. Pero non é menos verdade que nós moitas veces deixámonos levar da rutina e dos costumes, empobrecéndoo e facéndolle perde r a frescura.  Por iso neste novo domingo que nos abre a un novo curso que nos chama a vivir e ilusionarnos, queremos deixar que a palabra que El nos dirixe nos manteña en actitude de espreita e disposición para ser creativos e

Domingo 23 TO B

Non nos crea para o medo, senón para o amor Domingo 23 TO B 2015   ROMPER COA ANTROPOLOXÍA DO ENFRONTAMENTO PARA CAMIÑAR NA ANTROPOLOXÍA DA IGUALDADE SOLIDARIA 23 Domingo TO B 2012   Se Deus nos quere iguais, por que facemos distingos e nos empeñamos en ser o que non somos? DOMINGO 23 TO 2009

Domingo 24 TO B

24 Domingo TO B 2105 A vivencia da fe ou é solidariedade ou non é fe. “ Sen feitos que a fagan crible, a fe non serve para nada” Descarga o ficheiro Domingo 24 TO B A DUREZA DO CAMIÑO INVITA Á COLABORACIÓN Descarga o ficheiro DOMINGO 24 TO B A forza da fe, estímulo no noso camiño