Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2020

20 Domingo TO A 2020

A FE NON É UN PRIVILEXIO PARA UNS POUCOS ELIXIDOS, SENÓN QUE É UNIVERSAL 
CANTO GOZOSO
ENTRADA: Acharte presente (Nº 51)LECTURAS: Camiñar sen Xesús (Nº 68) OFERTORIO: Eu soñei (Nº 58)COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55)POÑENDO OS OLLOS NA REALIDADEEstamos ante unha fin de semana na que a Palabra que nos convoca ten, se cadra máis ca nunca, rostro de muller. Si, porque mulleres son as protagonistas das lecturas que proclamamos onte e hoxe: María, a nosa nai e unha anónima muller cananea que se achega ao Señor para pedirlle a curación da súa filla. Dúas mulleres sinxelas, dúas mulleres fortes, dúas mulleres decididas, dous xeitos de entender a vida e un eixo común a ámbalas dúas: a fe nun Deus que se achega a elas con naturalidade e que non fai distingos por mor do xénero.Que a Palabra que imos proclamar e que nos convoca aquí nesta mañá de domingo, nos axude a que, seguindo o exemplo de Xesús, sempre traballemos pola igualdade e a naturalidade nas relacións entre seres corresponsables.RENOVAN…

Asunción 2020

SUPERANDO A TENTACIÓN DA PREGUIZA, POÑÁMONOS TAMÉN NÓS EN CAMIÑO
CANTO GOZOSO
ENTRADA: Xa nos tes aquí (Nº 71)LECTURAS: Salve, Raíña (Nº 73) OFERTORIO: Na nosa terra (Nº 36)COMUÑÓN: Esa é María (Nº 72)
CELEBRANDO A ACOLLIDAAcostumad@s como estamos a escoitar as mesmas palabras a políticos, curas, bispos, artistas... moitas veces xa non nos damos conta do sentido e significado xenuíno que teñen. E ocórrenos así porque a medida que pasa o tempo deixámonos ir polos vieiros da rutina, o costume ou o ritualismo, o que vai facendo que desenganchemos do importante e acabemos confundindo o principal co secundario.Cando isto pasa no ámbito da fe, acabamos converténdonos en consumidores de tradicións, pero non en testemuñas ledas da proposta de xustiza e compromiso transformador do mundo e das súas estruturas, á que nos invitaba Xesús de Nazaré.E hoxe, se non lle poñemos atención, pode ocorrernos que celebremos esta festa do quince de agosto como unha rutina máis no calendario, litúrxico ou civil,…

19 Domingo TO A 2020

ONDE ATOPAR A DEUS?. NAS PERSOAS QUE AMAN E NAS QUE PRECISAN AMOR Descarga o ficheiro
CANTO GOZOSOENTRADA: Déixate querer (Nº 61)LECTURAS: O Señor é o meu pastor (Nº 27)OFERTORIO: Non vou so (Nº 60)COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)POÑENDO OS OLLOS NA REALIDADEA historia da Igrexa, a nosa historia, ten luces e sombras. Pero unha cousa está ben clara: cando triunfou o orgullo, a prepotencia, o dominio sobre as persoas, o avasalamento das conciencias… en realidade, a grande derrotada foi a Igrexa. Pola contra, cando foi perseguida e marxinada, cando permaneceu fiel ao ideal evanxélico de pobreza, de diálogo, de apertura, de comprensión… entón si podemos falar de verdadeiro triunfo da fe.A Palabra que hoxe escoitaremos é un bo punto de partida para examinar a nosa historia e para examinarnos tamén a nós mesmos. Sen o poder nas mans, alomenos sen o poder doutros tempos, onde quedou a nosa fe?. Esta é a pregunta que hoxe estamos chamad@s a responder. Camiñemos sen medo cara Aquel que …

18 Domingo TO A 2020

NON DEIXEMOS QUE O PAN ENDUREZA NAS “ALACENAS”.COMPARTÁMOLO CON QUEN O PRECISEDescarga o ficheiro
 CANTO GOZOSOENTRADA: Que ledicia a miña (Nº 4)LECTURAS: Escoita ti (Nº 26)OFERTORIO: Recibe, Señor (Nº 31)COMUÑÓN: Pan do ceo (Nº 53)POÑENDO OS OLLOS NA REALIDADEDun tempo a esta parte vimos escoitando novas diversas respecto ao actuar dos membros da Igrexa. Na maioría das veces son novas de corte negativo, e case sempre xiran ao redor de comportamentos pouco ou nada edificantes: loita por cartos, denuncias por abuso, escándalos pola xestión dos bens. Se nos deixamos levar pola información que nos traen estas novas, poderiamos pensar que a Igrexa só é un foco corrupto e de corruptores. Porén, inda que non sempre teñamos conciencia diso, non é só o actuar dos curas, monxas ou bispos, senón que dela forman parte, formamos parte, todas as persoas cristiás. E ben seguro que entre nós ten que haber persoas que fagan o ben, que sexan xenerosas, que teñan capacidade de escoitar e acompañar, que …