DEUS NON SABE VIVIR SÓ CANTO GOZOSO ö ENTRADA: Eu soñei (58 ) ö LECTURAS: As túas palabras (113 ) ö OFERTORIO: Acharte presente ( 51) ö COMUÑÓN: No cola da miña nai (49 ) ESCOITA ACTIVA Se cadra, máis dunha vez explicáronnos a Trindade coma se fose un problema de matemáticas difícil de resolver ou un misterio abstracto que só entenden os teólogos. Pero hoxe vimos aquí a celebrar algo moito máis sinxelo e revolucionario: que o noso Deus non é un xefe solitario, aburrido e illado no seu trono alá arriba no ceo. Non. O noso Deus é, por riba de todo, unha familia. É relación, é un abrazo continuo, é Amor en movemento que non para de saír de si mesmo para buscar e acoller á humanidade. Cando dicimos Pai, Fillo e Espírito Santo, o que estamos dicindo é que na ...
Para orar e celebrar a fe na nosa terra