Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2020

34 Domingo TO A 2020

A LEDICIA DA FE ATOPA RAÍZ NO ENCONTRO DESDE A REALIDADE COAS DORES E ILUSIÓNS DAS IRMÁS E DOS IRMÁNS CANTO GOZOSO ENTRADA: Non vou so (Nº 60) LECTURAS: O Señor é o meu pastor (Nº 27) OFERTORIO: Recibe, Señor (Nº 31) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 120) POÑENDO OS OLLOS NA REALIDADE É domingo, o día do Señor. Reunímonos para compartir sentindo a presenza próxima das irmás e dos irmáns. Moitas e moitos de nós non nos temos visto desde hai unha semana; neste tempo téñennos pasado cousas. Unhas ben seguro que boas, outras non tan boas, pero volvemos estar de novo a carón da mesa do pan e da palabra para celebrar compartindo, porque non estamos nin sos nin illados. Estamos á beiriña uns dos outros. Que saibamos recoñecernos no sorriso sincero co que nos saudamos e na ledicia esperanzada desde a que nos atopamos para compartir e participar deste encontro co Señor, e poder así gozar do pan da fraternidade. RENOVANDO O CORAZÓN Por non ter sido sempre persoas misericordiosas e acolledoras; SE

33 Domingo TO A - Xornada das persoas pobres

XORNADA MUNDIAL DOS POBRES.  TENDE A TÚA MAN ÁS PERSOAS POBRES Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO ENTRADA: Vinde axiña (Nº 10) LECTURAS: Eu sei de quen me fiei (Nº 64) OFERTORIO: Téndeme a túa man (Nº 47) COMUÑÓN: Oh, Señor, escólleme (Nº 62) POÑENDO OS OLLOS NA REALIDADE Hoxe é o día da Xornada mundial dos Pobres, co lema: Tende a túa man ás persoas pobres. Dinos Francisco na mensaxe que escribiu para este día: “A antiga sabedoría ten formulado estas palabras coma un código sagrado a seguir na vida. Hoxe resoan con todo o seu significado para axudarnos tamén a nós a ollar o esencial e a superarmos os atrancos da indiferenza. A pobreza sempre asume rostros diferentes, que demandan unha atención especial en cada situación particular; en cada unha delas podemos atopar a Xesús, o Señor, que se nos revelou presente nos nosos irmáns máis febles (cf Mt 25, 40) . A opción por dedicarse aos pobres e ter conta das súas moitas e variadas necesidades non pode estar condicionada pola disposición de

32 Domingo TO A 2020

PERSOAS SABIAS NA EXPERIENCIA DE APRENDER A VALORAR O PASENIÑO DA VIDA CANTO GOZOSO  ENTRADA: Con ledicia vamos todos ao altar (Nº 2)  LECTURAS: Eu soñei (Nº 58)  OFERTORIO: Recibe, Señor (Nº 31)  COMUÑÓN: Quédate, Señor, connosco (Nº 63)  POÑENDO OS OLLOS NA REALIDADE Sabedoría e esperanza son os eixes nos que se move hoxe a Palabra de Deus. Un binomio desde o que somos invitadas e invitados a dar os pasos da nosa vida. Pero non desde a sabedoría de quen ten moito coñecemento e pouca humanidade, senón desde a esperanza de quen aprendeu a valorar o sinxelo, o pequeno, o humilde e desde a cotidianeidade desta experiencia vai encarando o seu día a dia na procura da esperanza que dá sentido á vida, converténdose en horizonte cara ao que camiñar. Hoxe, desde esta sabedoría esperanzada, a Igrexa española celebra o día da “Igrexa diocesana”; o día no que as comunidades tomamos conciencia de quen somos e cara onde imos dando pasos desde o día a día da nosa vida de fe vivida en comunidade. Non