Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2013

Aninovo 2014

A FRATERNIDADE, FUNDAMENTO E CAMIÑO PARA A PAZ Descarga o ficheiro BENDICIÓN NO COMEZO Que Deus nos bendiga todos os días do ano, Que Deus nos sorría todos os días do ano, Que Deus se fixe en nós todos os días do ano, Que Deus nos conceda a súa paz todos os días do ano A paz, o amor e a xustiza de Deus, que se manifestaron en Cristo, nacido para a nosa salvación sexan con todos e con todas vós.   ESCOITA ACTIVA Bos días e feliz ano novo para tod@s. Este mes de xaneiro ( ianua, a porta) que hoxe comezamos fala de inicios. E sempre que empezamos algo, facémolo con moita ilusión, con bos propósitos e co desexo de poder rematalo. Por iso vimos aquí: para agradecerlle a Deus a súa compaña e para poñer estes doce meses que temos por diante na súa man. Si, porque a celebración de hoxe, na xornada da paz, é unha chamada a poñer todas as nosas ilusións e as nosas forzas en continuar, ao longo destes 365 días, o proxecto de Xesús: coidarnos e querernos coma irmáns e irmás. Que,

RECUPERAR A FRESCURA DO EVANXEO

  No prólogo do evanxeo de Xoán fanse dúas afirmacións básicas que nos obrigan a revisar de xeito radical o noso xeito de entendermos e de vivirmos a fe cristiá, despois de vinte séculos de non poucas desviacións, reducionismos e enfoques pouco fieis ao Evanxeo de Xesús. A primeira afirmación é esta: "A Palabra de Deus fíxose carne". Deus non permaneceu calado, fechado para sempre no seu misterio. Falounos. Pero non se nos revelou por medio de conceptos e doutrinas sublimes. A súa Palabra encarnouse na vida entrañábel de Xesús para que a poidan entenderen e acolleren ata os máis sinxelos. A segunda afirmación di así: "A Deus ninguén o viu xamais. O Fillo único, que está no seo do Pai, é quen o deu a coñecer". Os teólogos falamos moito de Deus, pero ningún de nós o viu. Os dirixentes relixiosos e os predicadores falamos del con seguridade, pero ningún de nós viu o seu rostro. Só Xesús, o Fillo único do Pai, nos contou como é Deus, como nos quere e como busc

Nadal 2013

PORQUE DEUS SE FIXO UN DE NÓS… TODO PODE CAMBIAR ESCOITA ACTIVA Bos días e Bo Nadal para tod@s vós!!!!.Porque o nacemento dun neno non era unha festa para tod@s; porque á meirande parte das persoas a vida resultáballes unha triste e penosa escravitude; porque un poder tiránico asoballaba a liberdade dos pobos impoñendo leis inxustas, unha paz muda e unha cultura uniforme; porque a dignidade da persoas medíase pola forza, a riqueza ou a sorte; porque a humanidade vivía nunha crise desesperanzada e deprimente; porque só Deus podía salvar ás persoas... enviou ao seu Fillo ao mundo.   Se Deus se fixo un de nós, todo pode cambiar: novas serán as persoas, nova será a sociedade, nova será a terra. Non perdamos máis tempo, non poñamos máis escusas, non renunciemos á ledicia e ao amor que nos trae. Abramos o noso corazón e acollámolo: vén para traernos felicidade e vida. CORAZÓN MISERICORDIOSO Deus enviou ao seu Fillo ao mundo para ensinarnos a vivir na sinxeleza, e nós reduc

4 Advento

Na sinxeleza dun si, concretouse a salvación e converteuse en encontro SIGNO: Penduramos da árbore o cuarto e derradeiro corazón no que está escrito o texto da Escritura. Neste cuarto domingo, a frase que escollemos é: “ Non vos é pouco dominar os homes, que aínda queredes dominar o meu Deus? ”.   PÓRTICO María e Xoán veñen alternando ao longo de todo o Advento nas lecturas que imos proclamando nas celebracións. Hoxe aparece de novas Xosé. Tamén para el aquela situación nova era un momento de desconcerto: o que lle estaba a pasar a María descolocábao. A pesares disto, non deixa de confiar. Para el, como para Xoán e María, aquela situación abríalle un novo horizonte: no desconcerto é necesario aprender a confiar en Deus, e así o fai. A partires deste momento, anuncio e acollida convértense nas dúas palabras que o axudan, como tamén nos poden axudar a nós, a descubrir que hai detrás da afirmación: “creo en Xesucristo”. Coma eles, tamén nós somos invitados a anunc

3 Advento

SER PACIENTES LÉVANOS A DESCUBRIR QUE AS COUSAS IMPORTANTES SEMPRE NECESITAN TEMPO PARA CALLAR. CAMIÑEMOS CON PACIENCIA AO LONGO DESTE TEMPO DE ADVENTO! SIGNO : Penduramos da árbore un terceiro corazón, co que simbolizamos que estamos dispost@s a abrir o candado que deixe escapar canto non nos fai felices, para que entre a forza da palabra que renova e nos chama a cambiar as nosas actitudes. Neste terceiro domingo, a frase que escollemos é: “ Tede paciencia, irmáns e irmás, deica a volta do Señor ”. PÓRTICO En tempos de présa, a carta de Santiago lémbranos unha vez máis que é a paciencia a que nos axuda a descubrir onde están os alicerces da vida. As cousas que teñen que deixar pouso en nós, como lle ocorre á boa comida, necesitan tempo para irse facendo e asentando. E para isto as présas son sempre malas compañeiras. Porque o Señor está a chegar, deixemos que este tempo de Advento vaia asentando en nós de xeito que cando chegue, nos atope preparados para acollel

2 Domingo Advento A

SABENDO DAS DIFICULTADES DO CAMIÑO, NON CAEMOS NA TENTACIÓN DE ABANDONAR. GRAZAS, SEÑOR, POR SEGUIR ABRINDO OS CANDADOS DO NOSO CORAZÓN!!!!! SIGNO: Penduramos da árbore un segundo corazón, co que simbolizamos que estamos dispost@s a abrir o candado que deixe escapar canto non nos fai felices, para que entre a forza da palabra que renova e nos chama a cambiar as nosas actitudes. Neste segundo domingo, a frase que escollemos é: “ Non xulgará conforme ás aparencias, senón conforme á xustiza”.mos alegres á casa do Señor ”.   PÓRTICO Coa celebración deste segundo domingo de Advento, damos un paso máis nesta tarefa de ir deixando atrás todas esas cousas que nin nos fan ben nin nos axudan a sentir o gozo de acoller ao Deus que quere nacer no corazón de cada un/unha de nós. Tamén hoxe se nos vai invitar a abrir o candado do corazón para que deixemos que entre nel, de novo e sen cansar, a Palabra dun Deus que insiste unha e outra vez no feito de que para El somos importantes, qu