Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2011

2 domingo pascua 2011

Non importa tanto o ver coma o crer, confiar, compartir, buscar consello, escoitar... para así descubrir a presenza do Resucitado PÓRTICO Hoxe, se cadra máis ca nunca, os que nos consideramos crentes vivimos, a miúdo, coma os discípulos do evanxeo: ao anoitecer, coas portas pechadas, cheos de medo..... Estamos inmers@s no vello, non experimentamos ao resucitado; a nova humanidade parece ausente das nosas vidas. A pesares de ser este día o primeiro da semana, o primeiro da nova creación, seguimos aferrados ao vello, ao de antes. Precisamos que o Señor se faga presente e recoñecelo nos seus sinais. Hoxe ofrécesenos un sinal para atoparnos co Resucitado: a comunidade. Xa podemos esquecernos de pensar so en nós, na nosa fe, na nosa oración, na nosa misa, no noso domingo, no... "meu". A Pascua, a resurrección que estamos a celebrar, invítanos a mirar en común, a expresar a nosa fe en comunidade, xa que é nesta onde se aparece o Resucitado, na reunión orante dos discípulos. E tamé

VIXILIA PASCUAL 2011

MONICIÓN AO COMEZO LITURXIA DA LUZ Bendición do lume Acendemos as veas Procesión ao templo Pregón pascual   LITURXIA DA PALABRA Monición Primeira Lectura (Xén.) Segunda lectura (Xén.) Terceira lectura (Éx.) Cuarta lectura (Ez) GLORIA ORACIÓN COLECTA Quinta lectura (Rom) Evanxeo (Mt) REMUÍÑO LITURXIA BAUTISMAL Monición Ladaíñas Bendición da auga Renovación das promesas bautismais Oración da comunidade   LITURXIA DA EUCARISTÍA Ofertorio Santo Noso Pai Paz Comuñón Reflexión Despedida Monición ao comezo Na noitiña deste día, e camiñando cara á próxima amencida, dispoñémonos a celebrar a gran festa da nosa fe: a Pascua. Como ocorreu naquel día, nós tamén hoxe nos xuntamos, pero agora sen medo e cheos de esperanza, para celebrar que a nosa fe é vida, cambio, renovación… primavera. Unha primavera que posibilita que xermolen experiencias novas e ilusionantes nos corazóns e na acción de tantos homes e mulleres que comparten a súa fe e para quen Xesús de Nazaret non foi un gran home do pasado
22 DE ABRIL (VENRES SANTO) CAMIÑANDO CO POBO   ESQUEMA Monición ao comezo Enunciado da estación e texto bíblico Resposta: "Adorámoste Cristo, e bendicímoste que pola túa Santa Cruz redimiches ao mundo" Reflexión Silencio Noso Pai e Avemaría Canto: Camiñarei na presenza do Señor ORACIÓN INICIAL     Como membros de diferentes comunidades parroquiais reunímonos nesta noite para facer un camiño de reflexión, oración e comuñón. Sabémonos compañeir@s deste camiño e unímonos para que este momento sexa verdadeiramente camiño de paso da morte á vida; da tristura á desesperanza. É noite de Venres Santo, e a Cruz quere ser símbolo de inicio de novas ilusións, proxectos e esperanzas. Nela e a ela unímonos compartindo momentos da nosa vida nos que descubrimos a necesidade que temos de cambiar, de comezar de novo ou de deixar atrás actitudes e palabras que feriron e levaron dor e tristura ás persoas que de nós as recibiron. Poñámonos logo en camiño co compromiso de querer cambiar e renova

VENRES SANTO 2011

LITURXIA DA PALABRA Lecturas: Isaías : " El soportou os nosos sufrimentos e aguantou as nosas dores" Salmo: " Pai, nas túas mans encomendo o meu espírito" Paixón segundo Xoán Homilía   ORACIÓN UNIVERSAL : Solidarizámonos e pedimos a Deus especialmente por tod@s @s crucificad@s do mundo   ADORACIÓN DA CRUZ   COMUÑÓN   CAMIÑANDO CO POBO   PÓRTICO O amor de Deus que celebrabamos onte, faise hoxe "amor ata o extremo", ata a morte. Cristo, que se despoxou da súa categoría de Deus meténdose ata o fondo nos ambientes humanos, chegou ata a fin, identificándose cos máis pobres e morrendo na cruz. Aparentemente, a súa vida foi un fracaso, a súa presenza creativa, viva e significativa entre os pescadores, os pobres, os enfermos... provocou que todo e todos se poñan na súa contra, empuxándoo cara á cruz. Pero no seu aparente fracaso, a morte de Xesús leva consigo unha vitoria total. Desde entón a d

XOVES SANTO 2011

CANTO DE ENTRADA PÓRTICO PERDÓN GLORIA ORACIÓN COLECTA LECTURAS 1ª Lectura : Ex 12,1-8.11-14 Canto : Sede o sal, sede a luz 2ª Lectura : 1 Co 11,23.26. Evanxeo : Xn 13,1-15 REMUÍÑO CREDO ORACIÓN DA COMUNIDADE OFRENDAS NOSO PAI PAZ COMUÑÓN TRASLADO AO MONUMENTO ALTARES. RETÍRANSE OS MANTEIS O PAN QUE SE PARTE E SE REPARTE FAISE VIDA ENTREGÁNDOSE AOS DEMAIS Pórtico O Xoves Santo é o día do amor máis grande: o do amor ata o extremo. O amor de Xesús non ten límite, senón que é un misterio que chega a nós con toda a súa fondura neste e durante todos os días da nosa vida. Somos incapaces de abranguelo co noso pobre corazón, xa que é un amor que chega e inclúe a todas as persoas: non hai diferenza, boas e malas, libres e escravas, sinxelas e orgullosas,… Neste día Xesús quixo manifestar o seu amor coas palabras e os signos máis sorprendentes. E iso mesmo facemos nós hoxe, no Xoves Santo, no comezo do Triduo Pascual, non só lembrar algo que fixo Xesús hai moitos anos, senón facelo presente,