Ir al contenido principal

Domingo Ramos 2011

ESQUEMA DOMINGO DE RAMOS

FÓRA DO TEMPLO

  • CANTO DE ENTRADA: QUE LEDICIA A MIÑA
  • SAÚDO
  • PÓRTICO
  • PROCLAMACIÓN DA PALABRA (Is. 50, 4-7)
  • CANTO: ESCOITA TI A PALABRA DE DEUS
  • BENDICIÓN DOS RAMOS
  • CANTO PROCESIONAL: CAMIÑAREI

DENTRO DO TEMPLO

  • PERDÓN
  • GLORIA
  • ORACIÓN COLECTA
  • LECTURA DA PAIXÓN
  • REMUÍÑO
  • CREDO
  • ORACIÓN DA COMUNIDADE
  • OFERTORIO: NA NOSA TERRA
  • PAZ: QUE VEÑA A PAZ
  • COMUÑÓN: TI ES CAMIÑO E VERDADE
  • REFLEXIÓN
  • BENDICIÓN


 

DOMINGO DE RAMOS

A festa vai comezar, non perdamos tempo

(Comézase fóra, a poder ser nun lugar un pouco afastado da Igrexa, para poder camiñar procesionalmente unha vez bendicidos os ramos).

CANTO: QUE LEDICIA A MIÑA

SAÚDO:

Quen preside: A paz, o ben e máis a xustiza de quen pasou polo mundo facendo o ben, estean con todas/os vós.

PÓRTICO

Toda preparación é un proceso no que se vai de menos a máis. Ocorre nos diferentes ámbitos da vida nos que as persoas nos vemos inmersos. Por exemplo o noivado é un tempo de coñecemento de dúas persoas ao final do cal deciden compartir xuntos a vida; no deporte ocorre o mesmo, os deportistas tíranse tempo preparándose para unha gran competición, e nese tempo todo é sumar para acadar os mellores resultados: preparación física, alimentación, descanso… ; mesmo no campo da política podemos velo tamén. Así, a un mes de que teñamos unhas eleccións, os partidos prepáranse desenvolvendo os seus programas electorais, establecendo un calendario de encontros cos veciños, etc.

Pois ben, na nosa vida de fe, sen ser o mesmo que os exemplos anteriores, tamén necesitamos un tempo previo aos grandes acontecementos para prepararnos e obter neles o mellor dos rendementos, e isto foi o que viñemos facendo ao longo de todo o tempo de coresma: prepararnos. Agora non nos queda máis que poñer a render canto de bo temos vivido e experimentado para facelo render ao cento por un na Pascua. A celebración de hoxe, Domingo de Ramos, é o inicio deste gran momento; coma Xesús, tamén nós queremos encamiñarnos cara o noso Xerusalén persoal; a Xerusalén da esperanza, do triunfo da vida, da derrota do pesimismo e a desgana… Poñámonos logo en camiño, e que os ramos e palmas que portamos sexan o mellor dos símbolos que expresen que preparado o noso camiño, estamos dispost@s a acoller con alegría ao Señor que entra no corazón de cada un de nós. Hosanna, bendito o que ben no nome do Señor!

PROCLAMACION DA PALABRA (Is. 50, 4-7)

PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NA PROFECÍA DE ISAÍAS

O Señor Deus concedeume lingua de discípulo para saber instruír ao cansado cunha palabra que o anime cada mañá.

El espreguiza pola mañá o meu oído para escoitar coma discípulo.

O Señor Iavé abriu o meu oído, e eu non me rebelei, non me botei para atrás.

Ofrecín o lombo aos que me azoutaban, e a miña cara aos que me arrincaban a barba. Non escondín a miña cara dos insultos e das cuspiñadas.

Pero o Señor axudarame, por isto non me sinto avergonzado, e poño a miña cara coma un diamante, pois sei que non me avergonzarei.

PALABRA DO SEÑOR

CANTO : ESCOITA TI A PALABRA DE DEUS

BENDICIÓN DOS RAMOS

Como aquel día en Xerusalén, tamén nós, Señor, queremos acollerte con alegría e espírito de festa. Os ramos e palmas que hoxe traemos, ofrecémoschos como mostra da nosa disposición a ser portadores de renovación, cambio e luz no medio do noso mundo. Un mundo que está falto delas e no que ti nos invitas a estar dando testemuño de que é posible ser diferente e cambiar as cousas.

Sabedores de que non imos estar nunca solos, facemos presente a túa bendición +
de Pai que invita, do Fillo que testemuña e do Espírito que acompaña, para que estes ramos e palmas sexan sempre imaxe de que camiñas no medio de nós. Por Xesucristo o noso Señor.Amén.

CANTO PROCESIONAL: CAMIÑAREI

--------------------------DENTRO DO TEMPLO----------------------

O PERDÓN

  • Por non estar dispostos a poñernos no camiño que deixa atrás egoísmo, envexa e soberbia, SEÑOR, QUE RENOVEMOS AS NOSAS ACTITUDES.
  • Por non querer abrir os ollos e descubrir que ao noso lado segue habendo persoas que nos tenden a man en busca de compaña, tempo e consolo, CRISTO, QUE RENOVEMOS AS NOSAS ACTITUDES.
  • Por non acabar de convencernos que a celebración da pascua solo se pode vivir e celebrar con fondura se a coresma ten sido tempo de perdón, misericordia e renovación interior e exterior, SEÑOR, QUE RENOVEMOS AS NOSAS ACTITUDES.

GLORIA

ORACIÓN COLECTA

PROCLAMACION DA PAIXÓN SEGUNDO MATEU

REMUÍÑO

  • Coma Xesús, tamén nós queremos entrar en Xerusalén. Ela é a porta que nos permite entrar no que significa vivir e celebrar a Semana Santa. Se queremos entender o sentido destes días necesitamos vivir a experiencia que tamén Xesús viviu ao entrar en Xerusalén. Cantas veces nós non temos sido recibidos e acollidos con alegría, festa e no que en principio pensabamos era respecto; pero tamén, cantas veces esa alegría festa e respecto se teñen convertido en rexeitamento, incomprensión e calumnia?. Pois isto, que máis dunha vez nos ten pasado e entristecido, foi o que lle ocorreu a Xesús: aqueles que o acollían saíndo ás rúas e alporizándose, eran os mesmos que uns días máis tarde non dubidaban en pedir para El a crucifixión. Unha crucifixión coa que quixo poñer de manifesto que a vida é dureza, esforzo, pero tamén liberación e cambio. Que outra cousa é senón a salvación que a posibilidade de superar atrancos e dificultades e non deixarse vencer polo derrotismo, para experimentar e gozar o amor de Deus e o sentido comunitario de canto facemos e supón avance, liberación e graza?. A fe non é polo tanto un conxunto de verdades desconectadas da vida que se viven desde a máis firme ortodoxia, senón o gozo de saber que no camiño, que persoal e comunitariamente imos facendo, non estamos deixados da man de Deus, senón acompañados e agarimados polo seu amor.
  • E todo isto queremos expresalo coa celebración do Domingo de Ramos. Non é un costume de estrear e saír á rúa con palmas e ramos, senón.o sentir a alegría que no irse facendo da nosa vida, o noso compañeiro non é algo abstracto que nos mantén na falsa ilusión dunha esperanza que non vemos, senón o Fillo de Deus que, tendo experimentado na súa propia experiencia o desamor, o abandono e a sensación de fracaso, quere ser para nós cercanía e solidariedade no concreto de cada día. O servo sufrinte de Isaías evita que non caiamos na falsa ilusión de que as cousas xa se solucionarán, ao contrario ponnos de manifesto que a vida é un conxunto de contrastes ao que temos que facerlle fronte para saír e atopar solución. Solo así entenderemos o que queremos dicir cando falamos da resurrección como triunfo e novidade.
  • Non podemos logo quedarnos parados no Domingo de Ramos, necesitamos seguir camiñando para pasar polo Xoves Santo do amor, o Venres Santo da morte, xa que deste xeito entenderemos por que a plenitude non chegará máis que na resurrección, o novo, as posibilidades que cada un temos, do Sábado de gloria. Seguro que non nos arrepentiremos deste camiño que coa celebración de hoxe iniciamos.

CREDO

ORACIÓN DA COMUNIDADE

Cos nosos ramos e palmas estendidos cara Ti e aos irm@ns, compartimos a oración comunitaria na confianza de que unid@s sentimos sempre a forza da túa presenza, por iso dicimos xunt@s:

QUE A ALEGRÍA DE HOXE NOS ENCAMIÑE Á PASCUA

  • Toda a Igrexa, dun cabo ao outro do mundo, reúnese hoxe para iniciar o camiño que nos conduce ao renacer pascual, que saibamos vivilo non solo dentro dos templos, senón na nosa vida de cada día, coas actitudes que animan e ilusionan, Oremos.

QUE A ALEGRÍA DE HOXE NOS ENCAMIÑE Á PASCUA

  • As nosas comunidades parroquiais tamén hoxe se poñen en camiño. Nós damos o paso cara adiante para dicirlle ao Señor: aquí estamos. Que esta resposta se traduza en capacidade de escoitar, dispoñibilidade para axudar e paciencia para acompañar, Oremos.

QUE A ALEGRÍA DE HOXE NOS ENCAMIÑE Á PASCUA

  • Que este Domingo de Ramos sexa para tod@s nós domingo para estrear non só roupa, senón, o que é máis importante, capacidade de romper con rutinas, desganas, tradicións e costumes que van facendo da fe non a forza para responder na vida, senón un conxunto de exhibicións culturais e sen sentido de relación con Deus OREMOS.

QUE A ALEGRÍA DE HOXE NOS ENCAMIÑE Á PASCUA

Señor, que esta alegría que acabamos de manifestar e compartir xunt@s, sexa sempre experiencia renovadora desde o amor vivido desde o servizo aos irmáns. P.X.N.S. Amén.

Canto do ofertorio: NA NOSA TERRA

Canto da paz: QUE VEÑA A PAZ

Canto da comuñón: TI ES CAMIÑO E VERDADE

Para a reflexión

"Non vin para ser servido, senón para servir" (Mc 10, 44)

Os meus brazos, para levantar ao caído e para defendelo.

As miñas mans, para lavar os seus pés e curar as súas chagas.

Os meus beizos, para ensinarlles e bicalos.

As miñas costas, para cargar cos seus pesos e os seus pecados.

O meu corpo, para dárllelo en comida.

O meu sangue, para dárllelo en bebida.

O meu corazón, para convertelo en fonte de salvación.

Ou Cristo, Noso Deus e Salvador,

grazas polos teus servizos, que nunca se esgotan,

e ensínanos a servir.

CANTOS

  • COMEZO: Que ledicia a miña
  • DESPOIS DA LECTURA: Escoita ti
  • CANTO PROCESIONAL: Camiñarei
  • OFERTORIO: Na nosa terra
  • PAZ: Que veña a paz
  • COMUÑÓN: Ti es camiño e verdade

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

2 Pascua 2023

A paz é  camiño  de  e speranza e resurrección   ( Pódese, ad libitum, facer a aspersión no momento penitencial) Cantos •  Entrada.-  Que ledicia miña ( Nº 4 ) •  Lecturas.-   Canta   Aleluia ( Nº 21 ) •  Ofertorio.-  Recibe Señor ( Nº 31 ) •  Comuñón.-  Gracias, Señor, graciñas ( Nº 50 )   Mirada agradecida   ​ O tempo de Pascua é tempo de testemuño e esperanza compartida. O primeiro, o testemuño, vano dando os seguidores e seguidoras de Xesús a medida que van vencendo os seus medos e comezan a saír e  compartir  coa veciñanza que Cristo vive; que a súa vida foi semente de vida nova e alegría que precisaban anunciar. E é  esperanza  porque esa alegría é froito da presenza, sempre alentadora, de Xesús na súa  cotidianeidade. Xesús non é o ausente ao que se lle recorda, ao contrario, é presenza viva que fai reactivar a aqueles e aquelas que o coñeceron e acompañaron . Deste xeito pouco a pouco  foron  vencendo medos e dúbidas; deste xeito, tamén nós recibimos tamén a invitación de ser h

Vixilia Pascual 2023

       1      5)     LITURXIA DA EUCARISTÍA  ð   OFERTORIO  ð   SANTO  ð   NOSO PAI  ð   PAZ  ð   COMUÑÓN  ð   MIRADA ESPERANZADA   ð   DESPEDIDA  ð     6)     CANTO GOZOSO •         Ao prender o lume : A Cristo cantamos (Nº 110)  •         Na procesión cara o templo : Amigos nas penas  •         Lecturas  o   1º Ergo os meus ollos cara aos montes (Nº 112)   o   2º Pai, Pai, póñome nas túas mans  o   3º As túas Palabras, Señor, son espírito e vida  o 4º Benaventurados (Nº 119)  o   Canta Aleluia (Nº 21)  •         Aspersión:  A auga do Señor (Nº 124) •         Ofertorio : Sementar, sementarei  •         Santo:  Santo es ti (Nº 39)  •         Noso Pai : No camiño do amor (Nº 43)  •         Comuñón : Grazas, Señor, graciñas (Nº 50)   •         Canto final á Virxe:  Boas noites (Nº 70)      P ORQUE A MORTE FOI VENCIDA ,  FAGAMOS QUE  AS BÁGOAS SE CONVERTAN EN SORRISOS   LUME DE QUENTURA E LUZ   Ao redor do lume, que nos ofrece luz e quentura, xuntámonos no nome do Señor para comezar a cel