Ir al contenido principal

VIXILIA PASCUAL 2011

MONICIÓN AO COMEZO

  1. LITURXIA DA LUZ
  • Bendición do lume
  • Acendemos as veas
  • Procesión ao templo
  • Pregón pascual


     

  1. LITURXIA DA PALABRA
  • Monición
  • Primeira Lectura (Xén.)
  • Segunda lectura (Xén.)
  • Terceira lectura (Éx.)
  • Cuarta lectura (Ez)
  • GLORIA
  • ORACIÓN COLECTA
  • Quinta lectura (Rom)
  • Evanxeo (Mt)
  • REMUÍÑO
  1. LITURXIA BAUTISMAL
  • Monición
  • Ladaíñas
  • Bendición da auga
  • Renovación das promesas bautismais
  • Oración da comunidade


     

  1. LITURXIA DA EUCARISTÍA
  • Ofertorio
  • Santo
  • Noso Pai
  • Paz
  • Comuñón
  • Reflexión
  • Despedida

Monición ao comezo

Na noitiña deste día, e camiñando cara á próxima amencida, dispoñémonos a celebrar a gran festa da nosa fe: a Pascua. Como ocorreu naquel día, nós tamén hoxe nos xuntamos, pero agora sen medo e cheos de esperanza, para celebrar que a nosa fe é vida, cambio, renovación… primavera. Unha primavera que posibilita que xermolen experiencias novas e ilusionantes nos corazóns e na acción de tantos homes e mulleres que comparten a súa fe e para quen Xesús de Nazaret non foi un gran home do pasado ao que lembramos con cariño, senón o Fillo de Deus, sempre presente na nosa viva, que vai acompañando o camiñar de toda aquela persoa que traballa e se esforza para que a Boa Nova da salvación e, polo tanto da liberdade, a xustiza, a solidariedade e o amor se vaian construíndo no noso aquí e agora desde a paz. Que esa paz que nos trae cada día Xesucristo, sexa luz , non fume, ao longo do camiño da nosa vida. Participemos ledos e illusionad@s na celebración que xunt@s agora comezamos.

1.- Liturxia da luz


 

No paso da morte a vida de Xesús estabamos tod@s presentes, os daquel tempo e os de hoxe, nós. Neste paso queremos expresar que a vida, sendo camiño sempre aberto, é unha aposta continua por non deixarse levar nin pola sensación de fracaso nin polo pesimismo. Que a pouco que o analicemos iremos descubrindo que, a pesares da dor e da tristura que moitas veces nela teñen aparecido, estes quedan atrás fronte a moitos máis momentos de ledicia, esperanza e fraternidade, compartidas no ámbito familiar, nas nosas relacións cos veciños ou no tempo disfrutado ao carón dos amigos. Todas estas experiencias de luz queremos agora bendicilas coa claridade de quen viu ao mundo coa misión de facer del berce e colo cheos de amor.

Bendición do lume

Señor, por medio do teu Fillo Xesús,

déchesnos a terra, o aire, a auga e o lume.

Neles estás Ti coma principio e orixe de todo.

Coa presenza dos membros da nosa comunidade,

queremos bendicilos +,

para que sexan verdadeiro signo

de transformación renovadora das nosas vidas,

e que a pascua que agora comeza

prenda en cada un de nós

para poder abrir brazos e agarimar, no teu nome,

a tantos irmáns e irmás que agardan de nós

a aperta solidaria do teu amor.P.X.N.S.Amén.

B) Préndense a chama do cirio no lume bendicido, e vaise pasando esta luz duns a outros a través do prendido das velas que leva cadaquén. Namentres cántase: A Cristo cantamos na luz que alumea


 

Procesión e canto
(Paramos tres veces)

1.- Na entrada da igrexa: Luz de Cristo. Deamos grazas.

2.- Na metade da igrexa: Luz de Cristo. Deamos grazas

3.-Diante do altar: Luz de Cristo. Deamos grazas


 

Pregón pascual (con tódalas luces apagadas)

Abride as portas, limpade a casa, que entre o aire, chega algo novo. É un trebón gozoso que nos quere renovar. Cambiade o corazón, deixade atrás os medos, tendede a man ao irmán, usemos a palabra digámoslle ao Señor:

XESÚS RESUCITOU!

Non esteades tristes, renovade ilusións, camiñade alegres, non miredes atrás, o futuro está por diante, e tócanos a nós facelo e anuncialo, dicindo si a Deus. E sempre na túa compaña non cansamos de dicir:

XESÚS RESUCITOU!

Como Israel un día, digamos si á chamada, perdamos a vergoña, deamos testemuño coa nosa vida digna, cargada de traballo que vai cambiando o mundo, para que del nós fagamos un verdadeiro fogar, non quedándonos calados se nos veñen enganar. E dispostos a loitar, de novo coa nosa voz volvemos xuntos dicir:

XESÚS RESUCITOU!

Primeiro foi Abrahán o que che dixo si. Moito non comprendía, pero díxoche si.

Detrás xa viu Moisés, quen tirou de todo o pobo, poñéndose en camiño, seguiron as pegadas. Nin deserto nin mar Vermello. Todo xa quedou atrás. Polo vieiro seguro, ofrécenos liberdade, para loitala e vivila, entregándoa aos demais, e tendo sempre moi claro que a outros habémola dar. Nesta noite de esperanza, Xesús quérenolo lembrar, para que xuntos digamos:

XESÚS RESUCITOU!

Patriarcas e mais xuíces con Saúl, Salomón e David, foron levando ao pobo na túa fidelidade. Tomando a iniciativa, fixeches a Alianza, e inda que moitas veces, perdiamos a memoria, seguiches sempre fiel, porque en nós confiabas; por iso queremos dicirche:

XESÚS RESUCITOU!

Cando nos esqueciamos, mandáchesnos aos profetas, que con palabra e máis vida, sempre nos ían guiando, para que non esqueceramos que es o noso amigo, pai e mesmo guieiro, sen deixar de agarimarnos co teu amor sabio e firme. Xuntos e nesta noite, queremos tod@s dicirche:

XESÚS RESUCITOU!

Xoán non quixo ser menos, respondeu á túa chamada, non fixo teorías, abriunos o camiño para que ti mostraras o amor no teu Fillo: "que os coxos andan, os cegos ven, os xordos oen…", e nesta noite dicimos:

XESÚS RESUCITOU!

Xesús non tivo medo a rachar coas rutinas, denunciou os abusos, non quixo componendas nin tampouco privilexios, somentes camiñou sementando o amor. Agora nós dicimos:

XESÚS RESUCITOU!

El escolleu a doce e levounos consigo. Mostroulles o camiño, non sen dificultades e, a pesar dos atrancos e das incomprensións, seguiron sempre fieis ás túas mostras de amor. Por eles e con eles non cansamos de dicir:

XESÚS RESUCITOU!

Pedro, Paulo e Andrés, ,María ou Salomé, Exeria, Irineu, Tomás ou Francisco, Clara e máis Tareixa, Xoán da Cruz e Ignacio, Martiño, Rosendo e Froilán, Pedro Damián, Vicente e Don Bosco, Maximiliano ou Tareixa de Calcuta, Xoán XXIII e tantas e tantos outros, que no silencioso anonimato, conseguiron facer da súa vida un canto de esperanza. Con eles e sempre xuntos, volvemos hoxe dicir:

XESÚS RESUCITOU!

    Porque a cruz só é paso, porque a morte atrás quedou, abrámonos xuntos á vida, que hoxe comeza a levedar. Un levedo doce e morno que nos ha alimentar, contra toda tentación, lonxe ou preto que máis dá!, de facer do irmán, cousa sobre a que abusar. Para iso e moito máis:

XESÚS RESUCITOU!

Esquecendo que hai moito tempo, puxeches en nós dignidade. E de novo agradecidos, xuntos queremos berrar, buscando sempre esperanza, vida nova e dignidade, que nos abran o camiño que fai a fraternidade. Esta noite é noite nova, de festa e máis esperanza; unha vida que renace e non quere esmorecer, facéndose sempre presente, alí onde esteamos nós. Chámasnos á confianza construíndo irmandade, pídesnos deixar atrás canto impide levedar, e facer da nosa vida, plenitude esperanzada do Deus que resucitou, e querendo ser amigo, vólvesnos a invitar, a que digamos sen medo:

XESÚS RESUCITOU, E CON NÓS XA VAI QUEDAR! ALELUIA, VEÑA A LUZ!

(Acéndense as luces e cántase o Aleluia)

Liturxia da Palabra

Monición Á PROCLAMACIÓN DA PALABRA

Hoxe, a Palabra que imos proclamar, catro lecturas do Vello Testamento e dúas do Novo, invítanos a facer un camiño de salvación. Vainos levar pola historia do mundo para mostrarnos que, de xeitos distintos e maneiras diversas, Deus sempre estivo á carón das persoas desde o comezo; e segue hoxe estando tamén ao noso lado. Acollamos entón esta Palabra que quere mostrarnos que non estamos solos. E sexamos agradecidos levándolla a cantos aínda non a coñecen, non só co noso dicir; senón, e o que é moito máis importante, co noso facer e vivir.

PRIMEIRA LECTURA (Xén 1, 1-2, 2)

Salmo : Canto: Manda o teu Espírito

ORACIÓN: Pai, que pos diante nosa o mundo e convértesnos en señor@s de canto fixeches; aleda o noso esforzo por facer del a casa de todas as persoas, onde ninguén se poida sentir estraño e desprazado. P.X.N.S.Amén.

SEGUNDA LECTURA (Xén. 22, 1-18)

Salmo: Canto: Aquí estou Señor

ORACIÓN: Señor, aquí estamos tamén nós para responder á túa invitación. Que nunca nos creamos superiores, que nunca te cambiemos por tantos falsos deuses que ilusionan no agora, pero entristecen e desesperan porque non se abren ao mañá. P.X.N.X. Amén.

TERCEIRA LECTURA. (Ex. 14, 15-15,1)

Salmo: Canto: Cantádelle ao Señor unha cantiga nova

ORACION: Tamén nós, Señor, temos desexado moitas veces saír de Exipto, é dicir, deixar atrás as nosas escravitudes, que nos van atando e impedindo ser nós mesmos e verdadeiramente felices. Unhas escravitudes do efémero que van esmorecendo e deixándonos no máis absoluto dos baleiros. P.X.N.S. Amén.

CUARTA LECTURA (Ez. 36, 16-28)

Salmo: Canto: Danos un corazón

ORACION: Que duros son moitas veces os nosos corazóns!. Duros para chorar con quen chora, para amar a quen o necesita, para unirse a quen está fundido e necesita de nós para erguerse. E que dureza a dos nosos corazóns, que impide que abramos as nosas mans e nos fundamos nunha aperta fraternal e sincera. P.X.N.S. Amén.

GLORIA

Canto e rezo: Gloria a Deus, gloria, gloria a Deus ( 3 veces)

ORACION COLECTA

Deus, noso Pai,

Ti fas resplandecer esta noite santa

coa gloria da resurrección do Señor.

Aviva na túa Igrexa o espírito de sermos fillos teus,

para que renovados no corpo e no espírito,

te sirvamos con corazón quente de amor. P.X.N.S.Amén.

QUINTA LECTURA (Rom 6, 3-11)

Salmo. Canto: Canta aleluia, aleluia ao Señor

ORACION: O bautismo, Señor, incorpóranos á comunidade; pero moitas veces estas nosas comunidades esmorecen pola nosa pouca alegría e pola nosa deixadez. Que esta incorporación á vida nova da graza e da esperanza na que fomos mergullados o día do noso bautismo, saibamos mantela viva en cada momento da nosa vida. P.X.N.S. Amén.

EVANXEO (Mt 28, 1-10)

Canto: Aleluia, aleluia, aleluia, aleluia, aleluia, aleluia, o Señor resucitou


 

REMUÍÑO

  • Noite nova: Comeza un novo ciclo na nosa vida de fe. Un ciclo a través do que iremos vivindo, compartindo, estreitando lazos de amizade e encontro, e sempre desde a esperanza de que non camiñamos solos: Xesús, o Resucitado, vai connosco e maniféstase de xeitos e maneiras imprevisibles, pero sempre mostrando perspectivas de cambio, esperanza, novidade, tarefa compartida.
  • Noite leda: Non a ledicia rutinaria de quen ri porque toca, sae porque é sábado e vístese de festa porque o fan tod@s, senón a ledicia que xermola do fondo do corazón de cada un/ha de nós. A ledicia que é máis profunda que o sorriso e máis sincera que a provocada por un par de copas ou grolos de viño. Esta noite é leda porque Cristo, Aquel ao que nós temos descuberto na vida e con quen nos temos atopado tantas veces neste camiño, moitas veces difícil e duro, sae ao noso encontro para dicirnos: non vos quededes na tristura dos acontecementos, aprendede a mirar máis alá, a ir ao cerne das cousas. Esta é noite leda porque a vida é posible, non de xeito individualista e insolidario, senón facendo agromar en nós a capacidade de encontro, axuda e corresponsabilidade.
  • Noite de auga e lume: A auga que limpa e purifica, e nos di que podemos comezar de novo, que non todo está perdido, que as equivocacións, os fracasos, as desilusións… se nós queremos, poden quedar atrás. E lume purificador que vai facendo que todo aquilo que é vello, o que nos fixo sufrir tantas veces, o que nos impedía descubrir o rostro amigable de Xesús no irmán e na irmá, hai que queimalo, destruílo, afastalo de nós, para deixarnos purificar polo lume novo do que emerxe a luz, Cristo, que quere iluminar a nosa vida e canto nela esteamos dispostos a facer e vivir.
  • Noite de deslocalización: Si, xa non está aquí na tumba, resucitou, e úrxenos que o anunciemos, que non quedemos calados, que o compartamos, non só coa palabra, lévaa o vento, senón cunha vida crible e verdadeiramente capaz de afrontar as dificultades para non deixarnos levar polo derrotismo, e poder entón camiñar na esperanza. Deslocalicémonos!, é dicir, movámonos, non quedemos parados, Cristo vive, que se nos note!.


     

3.- Liturxia bautismal

Monición

Á liturxia da Palabra sucédelle a liturxia da auga; a parte que nos vai lembrar o noso bautismo. É dicir, que a partires do momento no que os nosos pais/nais pediron para nós o bautismo e se comprometeron, xunto cos nosos padriños e madriñas, a educarnos na fe, comezamos o camiño de seguimento de Xesús. Non reducido a unhas prácticas externas e que moitas veces non entendemos, senón un camiño no que imos facendo vida o que é o eixe fundamental da súa mensaxe: o Reino. O bautismo convértenos, e úrxenos, a ser construtores do Reino de Deus no medio do noso mundo, por medio do noso xeito de actuar e comportarnos. A bendición da auga e posterior aspersión sobre cada un e cada una de nós, quere ser un signo de canto vimos de manifestar: non podemos estar no mundo cos brazos cruzados.

E porque neste camiño non estamos nunca solos, todo o contrario, cada día e de xeito constante, de nós dependera deixalo entrar ou non na nosa vida, ofrécensenos para acompañarnos os testemuños de entrega e doazón aos demais de tantos homes e mulleres aos que chamamos santo/as, e que agora invocamos agradecidos pola xenerosidade das súas vidas entregadas ao servizo dos demais.

LADAÍÑAS

Señor, ten piedade.

Cristo, ten piedade.

Señor, ten piedade.

Santa María, Nai de Deus, que te acollamos co corazón.

San Miguel, que te acollamos co corazón.

San Xosé, que te acollamos co corazón.

San Pedro, que te acollamos co corazón.

San Paulo, que te acollamos co corazón.

San Francisco de Asís, que te acollamos co corazón.

Santa Clara, que te acollamos co corazón.

San Andrés, que te acollamos co corazón.

San Xoán, que te acollamos co corazón.

Santa María Magdalena, que te acollamos co corazón.

San Estevo, que te acollamos co corazón.

S.Fins, que te acollamos co corazón.

San Lourenzo, que te acollamos co corazón.

San Xoán Bautista, que te acollamos co corazón.

Santiago, que te acollamos co corazón.

San Breixo, que te acollamos co corazón.

San Mateu, que te acollamos co corazón.

San Rosendo, que te acollamos co corazón.

San Froilán, que te acollamos co corazón.

San Martiño, que te acollamos co corazón.

San Ignacio, que te acollamos co corazón.

Santa Tareixa de Ávila, que te acollamos co corazón.

San Bieito, que te acollamos co corazón.

Santa Catarina de Siena, que te acollamos co corazón.

Beato Xoán XXIII, que te acollamos co corazón.

Nai Tareixa de Calcuta, que te acollamos co corazón.

Óscar Romero, que te acollamos co corazón.

Dom Helder Cámara, que te acollamos co corazón.

Ghandi, Luther King e demais testemuñas de paz e amor, que vos acollamos co corazón.

Tódolos homes e mulleres de ben, que vos acollamos co corazón.

Pola túa morte e resurrección, que te acollamos co corazón.

Pola forza do Espírito Santo cada día en nós, que te acollamos co corazón.

(Si hai bautizos )

Para que o bautismo incorpore a estes fillos teus na comunidade, que os acollamos co corazón.

Para que a auga do bautismo sexa para eles símbolo de nova vida, que os acollamos co corazón.

Xesús, Fillo de Deus e amigo de Tod@s, que te acollamos no corazón.


 

Que a túa eficacia se manifeste nestes sacramentos, Deus de vida e luz. Que o Espírito se faga presente nas súas vidas para alentalas a acompañalas. Que a túa man acompañe a acción de quen, no teu nome, os vai acoller na fe da Igrexa.P.X.N. S.Amén.

BENDICIÓN DA AUGA (e inmersión do cirio na pía bautismal)

Señor da vida
e da auga, que realizas nos teus sacramentos obras admirables coa túa presenza invisible, e de xeitos diversos servícheste da auga para significar a graza do bautismo.

Señor da vida e da auga, que desde o comezo do mundo quixeches acompañar a presenza do ser humano santificándoo coa compaña do teu Espírito.

Señor da vida e da auga, que nas augas do diluvio expresaches o teu proxecto dunha nova humanidade que fose capaz de deixar atrás a angustia, o enfrontamento e as ansias de dominio de uns para cos outros.

Mira agora esta Igrexa en oración e abre para ela a fonte do bautismo. Que esta auga reciba, polo Espírito Santo, a graza do teu Fillo, para que aqueles que creaches á túa imaxe e semellanza, polo bautismo morramos ao vello que levamos en nós e renazamos á luz dunha nova humanidade inaugurada en Xesús e plenificada na súa pascua.

Que a presenza do Espírito Santo, polo teu Fillo + descenda sobre esta auga que hoxe poñemos ao pé da pía bautismal, para que incorporados a Cristo, camiñemos cara á vida nova en esperanza. P.X.N.S.Amén.

  • RENOVACIÓN DAS PROMESAS BAUTISMAIS

Renovemos agora persoal e comunitariamente esta fe que hoxe celebramos cheos de esperanza e vida:

Estades dipost@s a loitar contra o mal que nos fai infelices e nos pecha no egoísmo?. Si, estou disposto.

Estades dispost@s a non deixarvos levar de canto nos aparta de Deus e fire aos irm@ns?. Si, estou disposto.

Estades dispost@s a que no voso corazón non aniñe a cobiza, a insolidariedade e a envexa?. Si, estou disposto.

Credes en Deus Pai e amigo da vida, que puxo nas nosas mans o mundo que El creou?. Si, creo.

Credes en Xesús, o seu Fillo, que naceu de Santa María e pasou polo mundo facendo o ben, e que no seu amor e fidelidade entregou a súa vida para abrirnos a nós o camiño da resurrección?. Si, creo.

Credes na forza e presenza do Espírito Santo, na Igrexa, comunidade de fe e vida, na comuñón dos santos, no perdón e na resurrección que nos levará a gozar para sempre da presenza de Deus?. Si, creo.


 

Pai, que esta fe que acabamos de proclamar e confesar sexa sempre para nós a lento e esperanza no camiño da nosa vida.P.X.N.S.Amén.

(Agora tod@ nós recibimos a aspersión coa auga bendicida, que sela o noso compromiso de ser fieis á alianza bautismal)


 

Canto: A auga do Señor, cambioume o corazón


 

ORACIÓN DA COMUNIDADE

E agora agradecemos a Deus canto foi poñendo no camiño da nosa vida para facer de nós homes e mulleres de forza e esperanza, e dicimos xuntos:

QUE RESUCITEMOS A UNHA VIDA EN ESPERANZA

  • Que esta noite sexa o comezo dun camiño que é capaz de deixar atrás unha Igrexa de poder, dominio, control das conciencias e autoritarismo, para converterse nunha Igrexa de acollida, escoita e pluralidade evanxélica, Oremos.

QUE RESUCITEMOS A UNHA VIDA EN ESPERANZA

  • Que esta noite sexa o comezo dun camiño que é capaz de deixar atrás unhas comunidades parroquias adormecidas, superficiais e acomodadas a costumes e modas, Oremos.

QUE RESUCITEMOS A UNHA VIDA EN ESPERANZA

  • Que esta noite sexa para nós o comezo dunha vida na que o desacougo, a ansia de facer mal ao veciñ@, a crítica destrutiva e falsa, a preguiza por visitar aos enfermos ou a acomodación silenciosa diante de situacións de violencia, explotación e abandono que vemos ao noso redor, dean paso á perda dos medos e o sentir xeneroso e solidario de tempo e amor, Oremos.

QUE RESUCITEMOS A UNHA VIDA EN ESPERANZA

Grazas, Señor, por invitarnos a resucitar contigo e cambiar o rumbo da nosa vida.P.X.N.S.Amén.

4.- Liturxia da Eucaristía

OFERTORIO

(Presentamos, xunto co pan e o viño, a árbore á que ao longo da coresma lle foron crecendo as polas do Evanxeo. Ao ser signos que se nos foron explicando nas semanas anteriores, facémolo en silencio, sen ningún tipo de monición explicativa). Mentres, cantamos Canta o sol.

Santo: Hosanna e benia o Fillo, que veu traer a salvación

Noso Pai: No camiño do amor

Paz: Por riba das nosas distancias

Comuñón: Grazas, Señor, graciñas

Canto final á Virxe: Boas noites María

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

4 advento 2023

  Advento, tempo de Xenerosidade Sinal de Advento .- Engadimos un novo elemento ás miradas con corazón deste Advento, a Xenerosidade Cantos          Entrada.-   Volve, Señor ( 90 ) Lecturas.- Benaventurados ( 119   ) Ofertorio.-   Velaqui Señor o viño ( 37) Comuñón.-   Xesús chamado amigo   ( 89 ) Abrindo o corazón Chegamos ao final de traxecto deste tempo de Advento. Ao longo destas catro semanas fóisenos invitando a facer un fondo proceso de revisión das nosas actitudes e comportamentos. E non era calquera o que nos invitaba, foi a voz de Xoán Bautista a que nos ía marcando este camiño que tiñamos que preparar cada un e cada unha de nós de maneira repousada, tranquila, sincera e liberadora. E para que? Para poder chegar a esta noite co corazón preparado para acoller nel ao neno que chega para traernos ilusión, esperanza, xenerosidade e, por riba de todo, a salvación. É dicir, sentido e horizonte para a nosa vida. Unámonos logo par co

Transfiguracón 2023

  COS OLLOS ABERTOS E COS PÉS NO CHAN CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Vinde axiña (Nº 10) o     LECTURAS:  Escoita ti (Nº 26) o     OFERTORIO:  Déixate querer (Nº 61) o     COMUÑÓN:  Quédate Señor connosco  ESCOITA ACTIVA O medo a correr riscos é unha das cousas máis paralizantes. Temos medo ao novo, como se conservar o pasado garantira automaticamente a fidelidade ao Evanxeo. Por medo calamos cando teriamos que falar, desentendémonos cando deberiamos intervir, non debatemos temas importantes para evitar plantexamentos novidosos. Temos medo a revisar liturxias e ritos que valeron noutro tempo, pero que na actualidade non din nada. Temos medo a falar de dereitos humanos, de diversidade, a recoñecer o papel da muller dentro da Igrexa. Temos medo a poñer por riba de todo a misericordia...  Segundo o relato evanxélico, os discípulos caen por terra cheos de medo.... pero Xesús achégase e dilles –dinos-:  erguédevos, non teñades medo . Que a celebración deste domingo, a Transfiguración do Señor