Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2018

5 Domingo Pascua 2018 B

Esforcémonos por afastar de nós canto impide que a esperanza da resurrección asente no noso corazón Descarga o ficheiro

CANTO GOZOSO oENTRADA: Que ledicia a miña (Nº 4) oASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 125) oLECTURAS: Canta aleluia (Nº 21) oOFERTORIO: Deixade esta terra oCOMUÑÓN: Acharte presente (Nº 51) PARA NON PERDER O PASO No quinto domingo de pascua, Xesús segue acompañando coa súa presenza aos discípulos, e loitando para que non se deixen abater pola tristura e a desesperanza. Nós hoxe, continuadores daquela tarefa, tamén nos reunimos no nome de Xesús, para non deixar que ese desánimo e esa tristeza acampen no noso corazón, converténdonos en persoas sen rumbo na vida e sen capacidade de reaccionar ante as adversidades e dificultades que cheguen a ela. Esforcémonos para afastar de nós canto impide que a esperanza da resurrección asente no noso corazón. E comecemos esta celebración coa confianza no Deus que nos reúne e nos fai sentir comunidade que se esforza por ser vide que dá os mellor…

4 Domingo Pascua 2018 B

A ledicia do servizo pasa pola capacidade de testemuñar de xeito esperanzado Descarga o ficheiro


CANTO GOZOSO
ENTRADA: Amigos nas penas ASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 125) LECTURAS: Sede o sal, sede a luz OFERTORIO: Señor da mañá e da tarde (Nº 131) COMUÑÓN: O amor é o meirande (Nº 50)
PARA NON PERDER O PASO Ser pastores no mundo de hoxe significa ter unha permanente actitude de servizo e dispoñibilidade. Non poñer nin o interese persoal nin carteira por diante do servizo e da actitude de acollida. Xesús dinos no Evanxeo que escoitaremos logo que o pastor é quen de poñer a vida ao servizo do seu rabaño. Francisco no cansa de insistir nesta idea con imaxes e metáforas suxestivas e estimulantes. Que falla entón? A capacidade de acoller esta mensaxe por parte de aqueles que comprometeron a súa vida ao servizo das comunidades, facendo do “full time“ –tempo completo– o sentido da súa vida. Por iso esta mañá queremos rezar como comunidade polos pastores das comunidades cristiás, para que non ant…

3 Pascua 2018 B

Só o verdadeiro discernimento nos pode sacar da ignorancia. Non teñamos medo.
Descarga o ficheiro
CANTO GOZOSO
oENTRADA: Que ledicia a miña (Nº 4) oASPERSIÓN: A auga do Señor (Nº 125) oLECTURAS: As túas palabras, Señor, son espírito e vida (Nº 113) oOFERTORIO: Grazas, Señor, na mañá (Nº 117) oCOMUÑÓN: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) PARA NON PERDER O PASO Cando unha persoa obra por ignorancia, a súa responsabilidade no actuar queda minguada, xa que a súa maneira da facer as cousas non está movida desde a interioridade e a liberdade que ha estar sempre no desenvolvemento do actuar maduro e imputable, senón polo descoñecemento. Na primeira lectura de hoxe, Pedro dille a aqueles que o escoitaban en Xerusalén que o seu actuar fora un actuar arroutado e superficial; o que os levou a tomar decisións equivocadas e contrarias ao ben da comunidade e mais da xustiza. Tamén hoxe nos pasa na nosa sociedade, quizais mesmo a nós, que o actuar de moita xente, tamén o noso moitas veces, está movido polo des…