Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2019

6 domingo Pascua 2019 C

Pascua do Enfermo Pascua do enfermo: o paso desde o amor invisible á visibilidade do servizo Cantos Entrada.- Amigos nas penas e na festa amigos/ A Cristo cantamos (Nº 124) Lecturas.- Xesús é Señor (16) Ofertorio.- Señor Xesús, bendito sexas (52) Comuñón.- Non vou só (60) Oídos atentos Achegámonos hoxe á Mesa do Pan compartido para compartir a forza da tenrura de Deus que nos invita a vivila no acompañamento e escoita da xente enferma. Porque hoxe, sexto domingo de Pascua, celebramos a xornada das persoas enfermas. E se na gratuidade temos recibido o don da fe, gratis temos tamén que poñer ese don convertido en servizo e achega para coas persoas enfermas. Que a nosa oración sexa hoxe un agradecer este don e un compromiso para non deixar nas beiras, onde ninguén nunca se para, a persoas que sabemos que necesitan de todo canto poidamos ofrecerlles para facerlles a vida máis fácil, colledora e con sentido. Corazón misericordioso ·        Polas veces nas que non soubem

4 domingo da Pascua 2019

PASTORES DE AMOR E POR AMOR NUN MUNDO DE INTERESES E CONSUMO RELIXIOSO Descarga o ficheiro Cantos Entrada.- Que ledicia miña ( 4)     Lecturas.- Escoita ti a palabra de Deus  (26)     Ofertorio. -  Eu soñei  (58)     Comuñón.- Acharte presente (51 ) Mirada poliédrica     No día do Bo Pastor, festa litúrxica que no cuarto domingo de pascua nos invita sempre a ser propositivos e non autoreferenciais – mirar só para nós mesmos– que grande oportunidade de reflexionar sobre a importancia de ser unha Igrexa sinodal; unha Igrexa que non camiña como se fose unha pirámide que o ve todo desde arriba, senón como un poliedro onde tod@s , por diferentes que sexamos, temos cabida. Que mellor momento para tomar conciencia de que se queremos que a Igrexa cambie e sexa distinta, tamén temos que cambiar nos para colaborar, participar, expresarnos e decidir. A Igrexa é sinodal - xunt@s – e nesta sinodalidade renovemos o noso compromiso pola creatividade de quen non repite fórmulas

3 domingo Pascua 2019

3º Domingo de Pascua No “ ordinario ” da presenza, descubrimos o “ extraordinario ” da transcendencia Descarga o ficheiro Cantos     Entrada.-   Vinda axiña  (  10  ) Lecturas.- As túas palabras, Señor, son Espírito e vida  (   ) Ofertorio.- Grazas, Señor, na mañá  (   ) Comuñón.- Acharte presente na vida (   ) Mirando as beiras     Vai avanzando o tempo de Pascua, e con el a nosa vivencia alegre e esperanzada do que nos trae a Pascua: a presenza do Señor ao noso lado. Do mesmo xeito que Xesús se ía mostrando aos apóstolos, tamén se nos mostra a nós no pan da Eucaristía e a prolongación dese pan na mirada que facemos do mundo e da nosa implicación nel.     A pascua non é un mero repetir cada ano o ciclo litúrxico das celebracións, senón a actualización permanente de que no camiño da vida, por dura e difícil que esta sexa, non mos sos. O resucitado faise pan para o camiño e sustento desde o que afrontar o esforzo por  non pechar os ollos nin da-las costas á re