Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2013

Domingo 31 TO C

ACOLLER E AMAR: DÚAS ACTITUDES QUE MOSTRAN A PRESENZA DO ROSTRO DE XESÚS ENTRE NÓS EN TEMPOS DE INCERTEZA E DESAMOR PÓRTICO O amor fainos sentir iguais, preto, preocupados, dispostos e sempre solidarios para cos demais. Entendemos entón por que para Xesús o amor é fonte e cumio da súa vida e da dos que o seguen. Moitas veces cantamos nas celebracións que na tardiña baixa da nosa vida, o único exame que imos pasar é o do amor; nel mostraremos se verdadeiramente temos tomado en serio a invitación de Xesús de amarnos uns aos outros. Desde este amor, sen límite e sempre comprensivo e misericordioso, invítasenos hoxe a achegarnos á mesa do altar para compartir a celebración na que Xesús se nos mostra na Palabra proclamada e no pan e viño da mesa da fraternidade. Que poñamos como guieiro e tarefa da nosa vida o amor, que unha vez acadada nos mostra o rostro de quen amou ata ser capaz de dar a vida en totalidade. O PERDÓN ·         Porque nos falta compaixón e nos sobra intol

Todos os Santos

A FESTA DA PLENITUDE NO ENCONTRO GOZOSO CO PAI DA ESPERANZA PÓRTICO A cantos hoxe nos reunimos celebrando a festa de Tódolos Santos, únenos a mesma convicción: Deus, que é amor e esperanza, non nos deixa solos, senón que nos acolle ao seu carón para invitarnos á confianza diante de toda a desconfianza que nos rodea; para chamarnos polo noso nome fronte ao anonimato que nos ignora e silencia; para tendernos a súa man nun momento no que o individualismo e o interese puramente materialista se queren impor por riba da amizade, o amor e a espiritualidade que nos leva a descubrir a Deus no encontro xeneroso cos irmáns e na profundidade das decisións que orientan e dan sentido a nosa vida. A festa de hoxe quere ser, logo, chamada a non deixarse arrastrar do pesimismo, para facer agromar a esperanza daquel que sempre se achega a nós e non cansa de dicirnos: benaventurados. Por tant@s benaventurad@s que responderon a súa invitación, compartimos e celebramos hoxe este momento de oración.

Domingo 30 TO C

SE O DEUS NO QUE CREMOS NON FAI DIFERENZA ENTRE AS PERSOAS, POR QUE OS QUE NOS CHAMAMOS SEGUIDORES SEUS NON FACEMOS O MESMO? PÓRTICO Nun mundo aparentemente tan ben comunicado e no que semella que estamos tan preto uns dos outros, resulta que nunca tanto coma hoxe as persoas estiveron solas, esquecidas, sen ninguén que as escoite e lles preste atención. Que nos pasa?. Esquecemos a diferenza entre o importante e o accesorio?. Xa non sabemos distinguir entre un carballo, por moitos anos que teña, e unha persoas que sofre, á que ninguén lle fai caso ou está enferma?. Cómo temos chegado a esta situación?. Tan duros somos de corazón que nos esquecemos das persoas e da dignidade que entre nós compartimos? Deixemos que a Palabra que hoxe imos proclamar aniñe e enchoupe o noso corazón e estimule a nosa vida. O PERDÓN ·          Para que non deixemos que a friaxe e a indiferenza aniñen no corazón, SEÑOR, TÉNDENOS A TÚA MAN. ·          Para que nin os pobres nin a p

29 domingo To C

INDA QUE NÓS CANSEMOS, DEUS NIN CANSA NIN SE ABURRE DE NÓS PÓRTICO Sempre andamos con présa: a misa non pode durar moito, cos veciños non temos tempo para quedar e falar un pouco, aos enfermos non temos tempo de ilos ver, cos fillos non podemos sentar para escoitalos, falar con eles o xogar un pouco... Andamos tan atarefados!. Pero tanto, tanto, que imos deixando escapar as mellores posibilidades e momentos de gozar do tempo, da contemplación da natureza, da compaña das persoas, da palabra dos seres queridos... Cando nos daremos conta de que o que agora parece que nos escapa xa non ten volta atrás, que xa non volveremos ter outro momento ou situación igual?. A Palabra de Deus quere invitarnos hoxe a que paremos e pensemos sobre todas estas oportunidades que imos deixando escapar, para así reconsiderar a nosa postura, e volver de novo ao importante. As présas non son nunca boas compañeiras, as persoas si que o son. Que a paciencia e a perseveranza volvan ocupar o sitio que me

28 domingo TO C

POUCAS VECES, QUEN RECIBE O QUE NON MERECE, AGRADECE O QUE RECIBE PÓRTICO A todas as persoas nos debería saír facilmente do noso corazón e dos nosos beizos a palabra GRAZAS. Na nosa casa, na nosa familia, no noso traballo, na nosa comunidade… en todos os lugares e circunstancias da nosa vida. Pero non só como unha mera palabra ou como norma de educación, senón como algo máis fondo: coma unha actitude que emana do amor que Xesús dixo que nos debía caracterizar, pois a gratitude significa valorar ao outro, tratalo con respecto e consideración, estimalo. E esta gratitude tamén debe a nosa actitude para con Deus, porque… temos tantas cousas que agradecerlle!!!!!!!!!!!!!: a vida, a familia, @s amig@s, a natureza… Que esta celebración nos abra á gratuidade para con Deus e para cos demais. O PERDÓN ð   Porque en demasiadas ocasións vimos celebrar a fe por cumprir un precepto, por unha tradición, por rutina… sen deixarnos enchoupar pola túa graza e polo teu amor, SEÑOR, LIMP