Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Nadal

Epifania 2025

A ESTRELA DE DEUS GUÍA O CAMIÑO CARA Á BELÉN DA SINXELEZA CANTOS:  Panxoliñas OLLOS ABERTOS Paz e ben. Hoxe é un día máxico e de maxia. Máxico porque Deus móstrasenos a toda a humanidade, sen distincións. El non repara na nosa condición social, na cor da nosa pel, no noso xénero ou na nosa idade. El é man aberta que acolle e abraza sen exclusións de ningún tipo. Pero tamén é día de verdadeira maxia, para pequenos e grandes: a maxia da ilusión e da capacidade de sorprendernos pola estrela do Señor, que guía a nosa vida. Con esta invitación a non perder nunca a maxia da ilusión, comecemos a nosa celebración de hoxe. CORAZÓN MISERICORDIOSO Señor, inda que Ti nos invitas á maxia da ilusión, nós confundimos o camiño e andamos no pesimismo, por iso che dicimos, SEÑOR, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, Ti non cansas nunca de dicirnos que só quen ten capacidade de sorprenderse seguirá fiel no teu vieiro, por iso che pedimos, CRISTO, QUE NOS ABRAMOS Á MAXIA DO TEU AMOR. Señor, pol...

2 domingo Nadal 2025

Bendito Aquel que coa súa encarnación nos trouxo a esperanza!   Cantos . Entrada.- Que ledicia miña (4) Lecturas.- Escoita ti a palabra de Deus (25) Ofertorio.- Na nosa terra (36) Comuñón.- No colo de miña nai (49 ) Ollos abertos e corazón aquecido Escoitaremos hoxe na proclamación da palabra que fomos bendicidos por Deus; unha bendición que temos recibido coa encarnación de Xesús. El fíxose dos nosos para que nós puideramos ser Del. Neste dinamismo revolucionario, Deus non queda no abstracto de ser algo que vixía e controla, ao contrario, faise alguén para, poñendo os pés na terra, ofrecernos un proxecto de dignificación, de salvación e de esperanza. Nesta esperanza volvemos reunirnos nesta mañá para agradecela, compartila, celebrala e rezala comunitariamente. Corazón de misericordia Porque non sempre temos sido capaces de facer da or...

Santa Maria Nai de Deus 2024

  UN ANO DE PERDONANZA Ao comezar un novo ano damos grazas por todo o que recibimos de ti, Xesús. Primeiramente agradecemos o amor e apoio da familia, a vida compartida coas persoas que nos queren e axudan, a saúde, polo cariño e amor que recibimos, polos días cheos de proxectos e esperanzas e tamén por eses días tristes e difíciles que tamén aparecen na nosa vida, polos amigos, polo traballo, por todo o que de ti imos recibindo. Agradecemos canto temos vivido ao longo do ano que onte rematou, no que rimos e sufrimos, traballamos e descansamos, onde puidemos construír momentos bonitos e solidarios; grazas porque foron aparecendo no noso camiño persoas que nos fixeron felices ao cruzarse nós: os amigos, os compañeiros de traballo, os veciños, as persoas que amamos, as que están lonxe, os que nos botaron unha man, aos que puidemos axudar, AS QUE SE NOS FORON E DEIXARON EN NÓS LEMBRANZA IMBORRABLE. ​E neste ano Xubilar que como Igrexa celebraremos a forza da túa misericordia, pedímosc...

Sagrada Familia 2024

FAMILIA, FONTE DE ESPERANZA CANTOS                  Entrada .-  Eu soñei                Lecturas .- Escoita ti a palabra de Deus                Ofertorio. - Na nosa terra                Comuñón .- Acharte presente   OLLOS PARA VER             Neste domingo toda a Igrexa se une nunha mesma oración para dar grazas a Deus polas familias, porque hoxe é o domingo da Sagrada Familia: a Familia de Nazaret. E desde ela sentímonos tamén nós familia aquecida no colo, sempre agarimoso de Deus. Porque a familia é colo de acollida, de aloumiño, de compaña, e tantas veces, tamén pano de bágoas. Unámonos logo esta mañá para dar grazas a Deus por ter unha fam...