Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2019

Sagrada Familia 2019

A familia berce para convivir para madurar e crecer en humanismo Cantos Entrada.- Eu soñei Lecturas.- As túas Palabras, Señor, son Espírito e vida Ofertorio.- Velaquí, Señor, o viño Comuñón.- Gracias, Señor, graciñas ​A familia é berce de acollida ao que chegamos de primeiras ao abrir os ollos á vida. Berce no que imos crecendo e aprendendo; berce no que descubrimos o mellor e tamén as dificultades da vida. Por iso dicimos que é escola, a primeira, onde a clase dura vinte catro horas, e na que o profesorado é a tempo completo, sen estar preocupados polo cambio de clase nin polo remate da xornada laboral. A familia é escola permanente. Deste este seu ser, hoxe, na Igrexa celebramos a súa festa, o que pode ser un bo momento ara dar grazas por ela e por todo canto temos aprendido, cos seus luscos e fuscos, ao longo do tempo. Sen familia que nos quixera e axuda, non estariamos hoxe aquí. Celebremos logo con alegría esta invitación a dar grazas a Deus. Corazón misericordioso

4 domingo advento 2019

SINAL DE ADVENTO Nesta derradeira semana colocamos a cuarta lenda da nosa escaleira: Deixemos atrás o chanzo da apariencia. CANTO GOZOSO ENTRADA: Volve Señor (Nº 90) LECTURAS: Preparade o camiño ao Señor OFERTORIO: Eiquí están Señor (Nº 32) COMUÑÓN: No colo da miña nai (Nº 49) ESPERTANDO Á RENOVACIÓN             Entramos na última semana deste tempo de Advento. Nas tres semanas anteriores fomos deixando atrás, na escaleira da igualdade vital, chanzos que sabiamos nos impedían subir co espírito da acollida cara á celebración do Nadal do Deus que se fai un de nós. A piques de chegar ao cumio, non esquezamos que o sinal, os carteis, as lendas... non son nada máis ca medios para que interiormente nos vaiamos preparando á celebración que trouxo a luz ao mundo, dándolle á historia un relampo de claridade que nin o pecado dos que no nome do Señor din servir ás comunidades, nin a indiferenza de cantos levan por costume o nome de cristiáns, foron capaces de apagar. Su

3 advento 2019 ciclo A

Non hai nada máis consolador que saber que o noso corpo resucitará; que a morte e a conseguinte separación das persoas ás que amamos non é a última palabra. ( Carlo Mª Martini) Fagamos do Advento unha escaleira de igualdade SINAL DE ADVENTO Nesta terceira semana colocamos a terceira lenda da nosa escaleira: Deixemos atrás o chanzo da ansia de dominio CANTO GOZOSO o    ENTRADA: Volve Señor (Nº 90) o    LECTURAS: Vén, vén Señor non tardes (Nº 37) o    OFERTORIO: Velaquí Señor o viño (Nº 36) o    COMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89) ESPERTANDO Á RENOVACIÓN          Non cansa de dicir o papa Francisco que o Evanxeo, en todas e cada unha das súas poliédricas vertentes, é sempre alegría: alegría para vivilo e para compartilo. Neste terceiro domingo de Advento, a alegría quere ser o guieiro que nos vai acompañar no camiño de facelo presente na vida. Porque a tristeza, o desencanto, o pesimismo... nada axudan a preparar a acollida de Xesús. Que saibamos reverter a

3 Domingo Advento Ciclo A

A IDENTIDADE DE XESÚS Até a prisión de Maqueronte, onde está encerrado por Antipas, chéganlle ao Bautista noticias de Xesús. O que está a ouvir déixao desconcertado. Non responde ás súas expectativas. El espera un Mesías que se impoña coa forza terríbel do xuízo de Deus, salvando aos que acolleron o seu bautismo e condenando a quen o rexeitaron. Quen é Xesús? Para saír de dúbidas, encarga a dous discípulos que lle pregunten a Xesús sobre a súa verdadeira identidade: «Es ti o que ha vir ou temos de esperar a outro?» . A pregunta era decisiva nos primeiros momentos do cristianismo. A resposta de Xesús non é teórica, senón moi concreta e precisa: comunicádelle a Xoán «o que estades a ver e a ouvir» . Pregúntanlle pola súa identidade, e Xesús respóndelles coa súa actuación curadora ao servizo dos enfermos, dos pobres e desgraciados que atopa polas aldeas de Galilea, sen recursos nin esperanza para unha vida mellor: «Os cegos ven e os inválidos andan; os leprosos fican lim

2 domingo Advento 2019 A

Fagamos do Advento unha escaleira de igualdade SINAL DE ADVENTO Nesta segunda semana colocamos a segunda lenda da nosa escaleira: Deixemos atrás o chanzo da falta de respecto a outras opinións: CANTO GOZOSO ENTRADA: Volve Señor (Nº 90) LECTURAS: Vén axiña visitarnos (Nº 86) OFERTORIO: Na nosa terra (Nº 36)COMUÑÓN: Coa nosa naiciña do ceo (Nº 69) ESPERTANDO Á RENOVACIÓN Seguimos subindo, neste tempo de Advento, a nosa escaleira da igualdade. Hoxe, no día no que celebramos o segundo domingo de Advento e a Inmaculada Concepción de María, invítasenos a deixar atrás a nosa prepotencia e o noso orgullo que, tantas veces, nos impiden aprender dos irmáns e das irmás. Si. Hoxe a nosa escaleira invítanos deixar atrás o chanzo da falta de respecto cara outras opinións; mais como nos custa!!!!!!! Porén, nun mundo poliédrico, temos que aprender a respectar e a dialogar. Este é o único camiño válido: un diálogo construtivo, sen caer no relativismo, sen renunciar ás nosas convicció