Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2012

Trindade 2012

HERDEIR@S DUNHA GRAN FACENDA: A TERRA CASA DE TOD@S E CHAMADA A DAR FROITOS DE DIÁLOGO E COMUNICACIÓN Pórtico Como ben nos di a primeira lectura, temos que aprender a preguntarlle ao tempo por Deus. Ao tempo difícil, convulso, cargado de pesimismo e cheo de nubes baixas a punto de abrirse e soltar a auga sobre nós; ao tempo que nos invitas a construír entre tod@s, porque nos necesitamos e ninguén debe quedar á marxe; ao tempo no que as cousas non saen como pensabamos; ao tempo que tantas veces perdemos por non dar entendido que é tarefa nosa, libre e responsable, aproveitalo para que dea froito; ao tempo no que o froito está chamado a medrar e a estenderse, facendo da nosa casa, barrio, parroquia, traballo... momento de colaboración, entendemento, diálogo e escoita, como Ti nos aprendiches nesa relación fonda e sempre agarimosa de Pai que no seu Fillo nos deixa gozar da forza e presenza do Espírito. Neste domingo da Santísima Trindade, domingo de comuñón e relación, que apren

Pentecostes 2012

A IGREXA: UNHA MESMA PARTITURA CON INSTRUMENTOS DIFERENTES PÓRTICO Pentecostes, cincuenta días despois da Pascua, quere ser unha chamada aos cristiáns a non esquecer que presenza de Deus e a súa relación persoal con cada un/ha de nós, non é exclusiva dun grupo ou dunhas cantas persoas unicamente, senón unha chamada a tod@s sen exclusión, porque a forza do Espírito non distingue entre uns, os bos, e outros, os malos, senón que El alenta, anima e acompaña a tod@s. Por iso podemos dicir que a festa de hoxe é unha gran partitura para que sexan moitos os instrumentos que a interpreten; e estes, sendo tan diferentes e diversos, acaban formando unha melodía chea de harmonía e sentido. A harmonía e o sentido que nos ofrece a Palabra de Deus e as boas obras de tantas persoas que, co seu actuar, responderon na súa vida ao don do Espírito Santo que nos fai ser fortes nas dificultades e solidarios no compartir. O PERDÓN Para que deixemos atrás unha fe que ten como partitura o

Ascensión 2012

UNHA FE NON PARA GARDAR, SENÓN PARA ESPALLAR: IDE E ANUNCIADE PÓRTICO Mirar os acontecementos da nosa historia só cara arriba é propio da maxia. Miralos cara atrás é propio da superstición. Porén nós, coma cristiáns, temos unha mirada propia: cara arriba, confiando en Deus; cara ós lados, buscando aos irmáns; e cara adiante, construíndo futuro con optimismo, coa ledicia de sabérmonos acompañad@s. Mais sempre temos a tentación da mirada máxica ou supersticiosa. A Pascua é tempo de espabilar, de renunciar a estas tentacións, de rachar cadeas que escravizan. Busquemos coa mirada a Cristo, miremos ao irmán e á irmá comecemos esta celebración recoñecendo neles a imaxe do Resucitado. O PERDÓN Por non acabar de recoñecer que nos falta alegría para anunciar a Xesús, SEÑOR, QUE NON CANSEMOS NA TAREFA . Por non ser capaces de deixar atrás canto non serve para expresar coa nosa vida a grandeza da túa mensaxe, CRISTO, QUE NON CANSEMOS NA TAREFA . Por non querer entender que o m

Pascua do enfermo 2012

PÓRTICO Temos escoitado moitas veces que a fe cristiá é universal, que non ten fronteiras, que está por riba de razas, linguas, países, culturas, condición sexual, situación económica, laboral ou social. E iso é verdade, o que ocorre que a esta afirmación teórica é necesario poñerlle vida, praxe, rostro, persoas, para evitar que se quede nun marabilloso pronunciamento. A iso, a poñerlle nome e rostro humano ás cousas, é ao que nos invita a celebración de hoxe desde as lecturas que imos proclamar; unha invitación para que espertemos do sono de reducir a fe a un simple estar nas celebracións, e a convertamos en forza, alento e motor do que facemos na vida. Deste xeito faremos realidade a chamada que Xesús nos fai de ser testemuñas súas desde o servizo aos homes e mulleres do noso tempo. Neste poñer nome e rostro humano, a pascua do enfermo que hoxe celebramos achéganos a un mundo, o da enfermidade, que nos ensina a outra cara da realidade: a da debilidade, a da propia limitación