Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2014

2 Domingo Pascua A 2014

Descarga o ficheiro FRONTE AO PENSAMENTO ÚNICO, DEAMOS GRAZAS POLA INVITACIÓN Á PLURALIDADE E Á TOLERANCIA ESCOITA ACTIVA         A luz do cirio pascual fainos tomar conciencia de que estamos de festa, de que a ledicia da Pascua témola que ir vivindo e desenvolvendo en cada unha das tarefas que vaiamos facendo. Pascua é paso e reorientación do camiño. Un paso que deixa lonxe o que sería máis doado para nós: deixarnos ir e investir o tempo en laios e queixas, para tomar en serio, e comezar de verdade, a poñer banzos que nos axuden a crecer en positividade, respecto, aceptación do que pensan outros, e por riba de todo, crecer en esperanza. Moitas cousas son posibles se nos implicamos e cremos nelas. Cristo abriunos o camiño, participemos desta andaina. CORAZÓN MISERICORDIOSO (Podemos substituír esta parte pola aspersión á comunidade e o canto A auga do Señor ) û   Para que non deixemos agromar o que non nos esixe e converte a nosa vida en mediocridade, SEÑOR, QUE UNAMOS

Pascua de Resurección

VIXILIA PASCUAL (ESQUEMA) Descarga o ficheiro 1) ESCOITA ACTIVA 2)      LITURXIA DA LUZ ð   BENDICIÓN DO LUME ð   ACENDEMOS AS VEAS ð   PROCESIÓN AO TEMPLO ð   PREGÓN PASCUAL ð   GLORIA 3)      LITURXIA DA PALABRA ð   MONICIÓN ð   PRIMEIRA LECTURA (Xén.) ð   SEGUNDA LECTURA (Xén) ð   TERCEIRA LECTURA (Ex.) ð   CUARTA LECTURA (Is.) ð   QUINTA LECTURA (Ez.) ð   SEXTA LECTURA (Rom.) ð   EVANXEO (Mt.) ð   REMUÍÑO 4)      LITURXIA BAUTISMAL ð   MONICIÓN ð   LADAÍÑAS ð   BENDICIÓN DA AUGA ð   RENOVACIÓN DAS PROMESAS BAUTISMAIS ð   FRATERNIDADE ORANTE 5)      LITURXIA DA EUCARISTÍA ð   OFERTORIO ð   SANTO ð   NOSO PAI ð   PAZ ð   COMUÑÓN ð   MIRADA ESPERANZADA ð   DESPEDIDA NON TIREMOS AS PEDRAS QUE FOMOS DEIXANDO ATRÁS AO LONGO DA CORESMA; APROVEITÉMOLAS PARA CONSTRUÍR A CASA, NON PARA PECHARNOS NELA PRESCINDINDO DOS DEMAIS, SENÓN PARA ABRILA E OFRECELA A CANTOS CON NÓS SENTEN O SEU CORAZÓN DE CARNE QUE LATEXA BUSCANDO