Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2008

SER CRISTIÁN COMPLICA, PORQUE IMPLICA, A VIDA

PÓRTICO As relixións, calquera relixión, son algo moi cómodo. Trátase de cumprir cunha serie de obrigas, non comer carne, por exemplo, e xa somos bos… Ir á pagoda, á mesquita, ao templo… facer as oracións e as novenas… e xa está. E, ademais, hai tantas relixións que mesmo podemos servirnos á carta. O caso é que realizando algúns ritos teñamos contento a Deus, que ganemos o ceo. Despois, tranquilos e contentos, sen problemas. Só temos que seguir as normas, canto máis ao pé da letra, mellor. Porén…ser cristián e cristiá e outra cousa; ser cristián e cristiá complica, porque implica, a vida… Complica a vida pero paga a pena. Que a celebración que agora comezamos nos axude a descubrilo. O PERDÓN       Limpa os nosos ollos polas veces nas que non poñemos luz na vida das persoas, senón que co noso comportamento, sementamos máis dúbidas, SEÑOR, QUE O PODER NON NOS DESHUMANICE.       Limpa os nosos ollos de ver o negativo, o que non ten remedio, de ver con mirada xulgadora, con es

A AUGA DO SEÑOR, CAMBIOUME O CORAZÓN

PÓRTICO             Estamos sedent@s, temos que recoñecelo. Sedent@s de comprensión, cariño, tenrura, amizade…. Temos verdadeira sede de podermos saír da soidade á que nos empurra esta nosa sociedade do desacougo, da presa, da desconfianza, da competitividade.             Que bo é ter sede!. Porque o que o sabe todo, non pregunta; o que se cre sant@, non pide perdón; o que se sente rico, non pide nada… o que non ten sede, non buscará a fonte da auga.             Hoxe, a nosa andaina da coresma chámanos dun xeito especial a, dentro dunha sociedade violenta, a ter sede de paz, de comprensión, de diálogo. Que na celebración que agora comezamos sexamos quen de descubrir a Cristo coma fonte inesgotable de auga viva. PERDÓN ·         Porque moitas veces non deixamos que a auga do Evanxeo limpe as nosas envexas, os nosos ciumes ou a nosa capacidade de poñer distancia entre os irmáns, SEÑOR, QUE O PODER NON NOS DESHUMANICE. ·         Porque moitas veces, quizais demasiadas, non qu

… E XESÚS ESTABA NA POLA

PÓRTICO De entre todos os tempos litúrxicos, a Coresma na que estamos mergullad@s, leva parella unha connotación negativa. Falar de Coresma evoca en nós palabras como renuncia, sacrificio, austeridade…. Valores que non están de moda na nosa sociedade de hoxe. E iso é verdade: a Coresma é tempo de renuncia, de sacrificio, de austeridade… pero sobre todo é tempo de reflexión, de preparación… para vivir o acontecemento que alumea e dá sentido á nosa vida cristiá: a resurrección de Cristo. Que a celebración deste segundo domingo da Coresma nos dea azos para seguir camiñando neste tempo de conversión e de cambio, neste tempo de graza. O PERDÓN Ø       Porque moitas veces negámonos a saír de nós mesmos para ir ao encontro d@ outr@ e descubrir que ao noso carón existen persoas que non teñen traballo, saúde, acceso á educación…. SEÑOR, QUE O PODER NON NOS DESHUMANICE. Ø       Por negarche cada día momentos de oración e paz, CRISTO, QUE O PODER NON NOS DESHUMANICE. Ø       Polas

Remol e a Nota Espiscopal

             “ Salvo en situacións moi excepcionais, nas que estean en xogo de maneira colectiva os dereitos fundamentais da persoa e da sociedade, a autoridade eclesiástica non pode sinalar a obrigación moral de votar nun determinado sentido. En todo caso, á vez que recoñecemos e defendemos a liberdade de opción política dos cristiáns, temos que insistir tamén na obrigación que todos temos de exercer este dereito coa   máxima responsabilidade moral, tendo en conta o conxunto de bens materiais, morais e espirituais que constitúen o ben común da nosa sociedade. ( 122. CATÓLICOS EN LA VIDA PÚBLICA )   Hai uns días, a permanente da Conferencia Episcopal Española emitía unha nota coa que quería invitar aos católicos a emitir un voto responsable e maduro nas próximas eleccións. Sen negarlles aos bispos a liberdade de facelo, tamén nós, os que facemos Remol, cristiáns cheos de esperanza e ilusionados na tarefa de ir construíndo pequenos anaquiños de sociedade desde a semente gozosa da

I DOMINGO DA CORESMA

CAMPAÑA DE MANS UNIDAS PÓRTICO Comezamos o tempo da Coresma. É unha chamada forte á conversión e á reconciliación con Deus, coa Igrexa, cos irmáns e irmás. Neste primeiro domingo, invítasenos a meditar cómo Xesús, antes de emprender a súa vida pública, retirouse ao deserto para orar e vencer as tentacións; e neste contexto, co lema “ Nais sanas, dereito e esperanza ”, celebramos a campaña XLIX de Mans Unidas. Que esta celebración que agora comezamos nos dea azos para loitar contra todo aquilo que nos afasta do camiño de Deus. O PERDÓN ð Ti aseguraches que o ser humano non vive só de pan. Por todos os nosos materialismos, SEÑOR, QUE O PODER NON NOS DESHUMANICE. ð Ti rexeitaches a tentación da presunción. Por todas as nosas irresponsabilidades, CRISTO, QUE O PODER NON NOS DESHUMANICE . ð Ti superaches a tentación do poder e do triunfo. Por todas as nosas idolatrías, SEÑOR, QUE O PODER NON NOS DESHUMANICE. REMUÍÑO O plan de Deus sobre a persoa é un plan

REFLEXIÓN PARA O MÉRCORES DE CINZA

Un pouco de cinza ao comezar a Coresma grítanos desde o profundo: *    Ábrete ao esencial *    Ábrete ao importante *    Ábrete ás preguntas que non pasan *    Ábrete á misericordia *    Ábrete aos novos camiños *    Ábrete á Palabra de Deus Onde vas?. Onde te encamiñas?. E se tiveses que torcer o teu camiño e emprender a ruta que leva á liberdade dos fill@s de Deus?.

Coresma 2008

INTRODUCIÓN Comezamos o tempo coresmal. Os corenta días antes da Pascua cóntanse a partires do mércores de cinza. Unha corentena de preparación para unírmonos plenamente a Cristo no seu misterio pascual. Necesitaremos máis oración, máis austeridade, máis caridade. Necesitamos máis fe e máis apertura á Palabra de Deus. Porque se Deus é amor, a nosa Coresma deberá ensinarnos a amar e a exercitarnos para vivir no amor. Un camiño para alcanzar a Cristo e bañarse nos ríos do seu costado. Dito doutro xeito, é un camiño interior para descubrir a Xesucristo, que xa nos alcanzou primeiro. Está dentro de nós. Entre El e nós non hai distancia. Está en ti, aínda que te sobrepasa, pero é o teu verdadeiro “eu”. Vivifícate e plenifícate. Sexa, pois, a nosa Coresma un exercicio continuado de amor. Vamos pornos en camiño ao longo da Coresma, coma aquel samaritano,e seguro que cada día atoparemos persoas abandonadas, que morren por falla de amor e axuda. Cantas Coresmas precisaríamos para chegarmo