Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de julio, 2012

17 domingo TO B

CANDO DEUS SE CONVERTE EN SOLIDARIEDADE, O POUCO SEMPRE É MOITO. SEN EL, O MOITO QUEDA EN NADA PÓRTICO A medida que pasan os días as dificultades son cada vez maiores e a esperanza vai esmorecendo. O que noutro tempo era de moitas cores, pasou logo a gris, para irse convertendo, cada vez para máis persoas, na negrura máis absoluta. A negrura de quen non ve saída e a quen todas as posibilidades se lle van pechando; a negrura da decepción de quen se esforzou, buscou e non conseguiu atopar un pequeno claro na súa vida. En situacións así, a fe, sen que teña solucións de tipo técnico, convértese en pequena lumieira que vai mantendo a forza para non virse abaixo de xeito definitivo. Unha fe que ve en Xesús a aquel que loitou contra toda desesperanza, que confiou a pesares de que os seus o abandonaran renegando del. Como lle ocorreu a Xesús, tamén a fe volve a ofrecérsenos como chama que mantén viva en nós a capacidade de non deixarnos vencer polo abatemento e a desesperación,

Santiago Apóstolo 2012

BEBER DA PALABRA DE DEUS PARA FACELA PRESENTA NOS GOZOS E ESPERANZAS DAS XENTES DE BEN Pórtico             A festa de Santiago Apóstolo volve xuntarnos de novo ao redor do altar para compartir e celebrar a fe. Desde o testemuño que temos recibido a través dos textos da palabra de Deus, podemos dicir que Santiago foi un home de fe profunda, coherente co que cría e facía. O seu aparente arrouto non era máis que expresión da súa dispoñibilidade para levar o seguimento de Xesús ata o extremo, e abofé que o fixo. A vida entregada como servizo ao Evanxeo é para tod@s nós, crentes do terceiro milenio, unha imaxe desde a que somos invitad@s a construír e desenvolver a nosa propia vida. E difícil sería facelo se non tiveramos os pés no chan, e non compartiramos alentos e desalentos cos homes e mulleres do noso tempo, de aí que tamén o día de hoxe sexa cando @s galeg@s celebramos a festa da nosa terra, o día de Galicia, para que como Santiago, saibamos ser fieis á nosa xente, sabendo comp

Domingo 16 TO B

NUN MUNDO DE LOBOS, NECESITAMOS PASTORES QUE ACOLLAN, ESCOITEN E AGARIMEN, NON QUE ESCORRENTEN PÓRTICO O domingo é para nós os seguidores de Xesús o Día do Señor; o día no que nos reunimos ao redor do altar para compartir a fe, alentarnos mutuamente, rezar xuntos agradecendo a graza de ter ao noso carón persoas que coma nós, sen sentirse nin superiores nin mellores que os demais, compartimos o mesmo reto de ir facendo da nosa vida, de canto dicimos e facemos, experiencia de presenza e imaxe de Deus. Non é logo a nosa unha reunión movida por un simple ritual que se repite de xeito cansiño cada oito días. Tampouco é a reunión dun grupo que se considera excluído, perseguido ou incomprendido, e desde o complexo de ser vítima, convértese en guetto que escapa do mundo. Non, o noso encontro do Domingo quere ser sempre experiencia compartida de fe, agradecemento comunitario de solidariedade e presenza viva de Deus no medio dunha comunidade que se reúne para celebrar e gozar de que o amor

Domingo 15 TO B

NON FAGAMOS CASTAS QUE SE ENROCAN EN SI MESMAS, SENÓN COMUNIDADE VIVAS DE DIÁLOGO E PARTICIPACIÓN PÓRTICO En tempos difíciles, a tentación é baixar a garda das convicións, dos valores e dos principios e arrimarse ao sol que máis quenta. E isto é o que moita xente está a facer hoxe en día desde unha actitude do “sálvese quen poida”; o que non deixa máis que traslucir unha fonda desesperanza á vez dunha fonda desconfianza en todo e todos. Porén, para nós os cristiáns a fe quere ser sempre un plus de sentido, estímulo, ilusión, constancia e esperanza. Cada unha destas afirmacións ponnos de manifesto que crer é forza, sentido e loita nas dificultades, de aí que non deberamos esquecer que neste momento non nos toca baixar a garda e deixarnos ir; ao contrario, correspóndenos a nós, cando parece que todo se derruba e que a confianza non ten espazo no mundo actual, manter viva a presenza da mensaxe de Xesús que, unha vez máis, chámanos a non caer na mediocridade. Venzamos a tentación d