Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2019

Sagrada Familia 2019

A familia berce para convivir para madurar e crecer en humanismo Cantos Entrada.- Eu soñei
Lecturas.- As túas Palabras, Señor, son Espírito e vida
Ofertorio.- Velaquí, Señor, o viño
Comuñón.- Gracias, Señor, graciñas

​A familia é berce de acollida ao que chegamos de primeiras ao abrir os ollos á vida. Berce no que imos crecendo e aprendendo; berce no que descubrimos o mellor e tamén as dificultades da vida. Por iso dicimos que é escola, a primeira, onde a clase dura vinte catro horas, e na que o profesorado é a tempo completo, sen estar preocupados polo cambio de clase nin polo remate da xornada laboral. A familia é escola permanente. Deste este seu ser, hoxe, na Igrexa celebramos a súa festa, o que pode ser un bo momento ara dar grazas por ela e por todo canto temos aprendido, cos seus luscos e fuscos, ao longo do tempo. Sen familia que nos quixera e axuda, non estariamos hoxe aquí. Celebremos logo con alegría esta invitación a dar grazas a Deus. Corazón misericordiosoPorque moitas…

4 domingo advento 2019

Imagen

3 advento 2019 ciclo A

Imagen
Non hai nada máis consolador que saber que o noso corpo resucitará; que a morte e a conseguinte separación das persoas ás que amamos non é a última palabra. ( Carlo Mª Martini) Fagamos do Advento unha escaleira de igualdade SINAL DE ADVENTO Nesta terceira semana colocamos a terceira lenda da nosa escaleira: Deixemos atrás o chanzo da ansia de dominio CANTO GOZOSO oENTRADA: Volve Señor (Nº 90) oLECTURAS: Vén, vén Señor non tardes (Nº 37) oOFERTORIO: Velaquí Señor o viño (Nº 36) oCOMUÑÓN: Xesús chamado amigo (Nº 89) ESPERTANDO Á RENOVACIÓN Non cansa de dicir o papa Francisco que o Evanxeo, en todas e cada unha das súas poliédricas vertentes, é sempre alegría: alegría para vivilo e para compartilo. Neste terceiro domingo de Advento, a alegría quere ser o guieiro que nos vai acompañar no camiño de facelo presente na vida. Porque a tristeza, o desencanto, o pesimismo... nada axudan a preparar a acollida de Xesús. Que saibamos reverter a terra reseca dos desacougos que nos van chegando, en auga fresc…

3 Domingo Advento Ciclo A

Imagen
A IDENTIDADE DE XESÚSAté a prisión de Maqueronte, onde está encerrado por Antipas, chéganlle ao Bautista noticias de Xesús. O que está a ouvir déixao desconcertado. Non responde ás súas expectativas. El espera un Mesías que se impoña coa forza terríbel do xuízo de Deus, salvando aos que acolleron o seu bautismo e condenando a quen o rexeitaron. Quen é Xesús? Para saír de dúbidas, encarga a dous discípulos que lle pregunten a Xesús sobre a súa verdadeira identidade: «Es ti o que ha vir ou temos de esperar a outro?». A pregunta era decisiva nos primeiros momentos do cristianismo. A resposta de Xesús non é teórica, senón moi concreta e precisa: comunicádelle a Xoán «o que estades a ver e a ouvir». Pregúntanlle pola súa identidade, e Xesús respóndelles coa súa actuación curadora ao servizo dos enfermos, dos pobres e desgraciados que atopa polas aldeas de Galilea, sen recursos nin esperanza para unha vida mellor: «Os cegos ven e os inválidos andan; os leprosos fican limpos e os xor…

2 domingo Advento 2019 A

Imagen
Fagamos do Advento unha escaleira de igualdade SINAL DE ADVENTO Nesta segunda semana colocamos a segunda lenda da nosa escaleira: Deixemos atrás o chanzo da falta de respecto a outras opinións:
CANTO GOZOSO ENTRADA: Volve Señor (Nº 90)
LECTURAS: Vén axiña visitarnos (Nº 86)
OFERTORIO: Na nosa terra (Nº 36)COMUÑÓN: Coa nosa naiciña do ceo (Nº 69)
ESPERTANDO Á RENOVACIÓN Seguimos subindo, neste tempo de Advento, a nosa escaleira da igualdade. Hoxe, no día no que celebramos o segundo domingo de Advento e a Inmaculada Concepción de María, invítasenos a deixar atrás a nosa prepotencia e o noso orgullo que, tantas veces, nos impiden aprender dos irmáns e das irmás. Si. Hoxe a nosa escaleira invítanos deixar atrás o chanzo da falta de respecto cara outras opinións; mais como nos custa!!!!!!!

Porén, nun mundo poliédrico, temos que aprender a respectar e a dialogar. Este é o único camiño válido: un diálogo construtivo, sen caer no relativismo, sen renunciar ás nosas conviccións nin á nosa identida…