Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2013

13 domingo TO C

SUPERANDO O EFECTO GASOSA: XESÚS CHAMA AO SEGUIMENTO, NON SE QUEDA NO EFÉMERO DA EUFORIA Pórtico             Día a día vaise impondo no noso xeito de pensar e facer as cousas a idea de que todo é efémero, de que as cousas son para o aquí e agora e nada máis. E a forza de ilo repetindo e escoitando unha e outra vez, acabamos por crelo. A consecuencia deste xeito de pensar e actuar é clara: nada vale nada, aos demais sempre podemos utilizalos para os nosos intereses, non importa ter valores, principios ou horizontes na vida, para que?. Vivamos ao día, vivamos a tope, non nos preocupemos nin dos outros nin do que pasa ao noso lado. Total, para que, se todo dura nada e vale menos?. Deste xeito, o efecto gasosa –moita forza pero para pouco tempo– non só se vai impoñendo na percepción da realidade, senón que o futuro nin nos importa nin o esperamos. E tan así é a cousa que as consecuencias estámolas a vivir cada día: as persoas non valen nada e, polo tanto, que máis dá enganalas,

12 Domingo TO C

O COMEZO DUNHA GRANDE AMIZADE NA QUE FLÚE O DIÁLOGO: OS SACRAMENTOS Pórtico             Os católicos temos setes sinais cos que queremos mostrar que a presenza do amor de Deus se vai manifestando sempre na vida: os sacramentos . Cada un destes sinais quere achegarse a unha faceta da nosa vida para expresar que nela nos atopamos con Deus nunha experiencia de sentido e amizade. Son sete sinais de encontro e agarimo; nada que ver cos ritos baleiros nos que os temos convertido. Deus non nos deixa nunca, sempre quere encontrarse con nós. Desde o comezo ata o remate das nosas vidas, esta presenza vai dándonos a forza para ser misericordiosos, solidarios no alimentar aos irmáns, servizais na disposición a dedicar tempo a quen o necesite, consolo e agarimo na enfermidade e amor fiel que enriquece a convivencia.               Neste domingo, esta experiencia de encontro e relación con Deus preséntanola Paulo ao dicirnos que o bautismo non é costume nin tradición, senón incorporación

11 Domingo TO C

A RECONCILIACIÓN DESDE O AMOR: CAMIÑO DE VIDA E MADUREZ PERSOAL PÓRTICO Toda a celebración litúrxica deste domingo xira ao redor da experiencia da reconciliación, da que tod@s nós, por unha ou outra razón, estamos necesitad@s. Reconciliación con nós mesmos –que pouco nos queremos ás veces!; reconciliación cos demais, reconciliación con Deus e mesmo reconciliación co mundo do que formamos parte. Reconciliarse é unha tarefa esixente: volver a unir o que por rutina, comodidade, costume ou indiferenza se foi rompendo, illando ou destruíndo. E o cumio da reconciliación é o cambio: volver a poñérmonos de novo en camiño, saber onde está a meta que tantas veces foramos deixando atrás. Nunha palabra, reconciliarse é conseguir de novo a ilusión na vida. Xesús, no evanxeo que imos escoitar hoxe, danos un novo exemplo de que, se queremos, nada pode impedir que nos reconciliemos con Deus, con nós e cos demais. É unha cuestión de liberdade. A liberdade de coñecer, querer e saber. Non é Deu