Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2020

1 novembro 2020 Todos os Santos

BENAVENTURADAS AS PERSOAS QUE DESCUBREN CRER, CONFESAR E AMAR COMO FOLLA DE RUTA NO CAMIÑO DA VIDA CANTO GOZOSO ENTRADA: Vinde axiña (Nº 10) LECTURAS: O Señor é o meu pastor (Nº 27) OFERTORIO: Benaventurados (Nº 119) COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50) CELEBRANDO A ACOLLIDA Bo día!. A festa de tódolos santos, a festa das persoas sinxelas de corazón e vida, volve convocarnos unha vez máis neste comezo de novembro para que fagamos memoria agradecida de tanta xente de tantos tempos e lugares que camiñaron como servos e servas de Deus; tantos homes e mulleres que creron sempre que o amor era o meirande ben; de tanta xente, dunha moitedume tan inmensa que nos enche o corazón de esperanza, porque, coñecidas ou descoñecidas, todas aquelas persoas que hoxe celebramos viviron o que nós queremos vivir, e por iso nos axudan e nos acompañan. Que Deus non é de mortos senón de vivos é unha realidade. Que Deus sigue presente no mundo por medio da Igrexa e d@s cristiáns é unha r

30 Domingo TO A 2020

  SE A ORACIÓN NON ENRAÍZA NA VIDA, A FE FAISE ENTRETEMENTO CANTO GOZOSO ENTRADA: Unha parroquia LECTURAS: Déixate querer (Nº 61) OFERTORIO: Señor Xesús (Nº 52) COMUÑÓN: Quédate, Señor, connosco (Nº 63) MIRANDO AS BEIRAS Coa saturación das palabras que cada día oímos, se non sabemos prestar atención e escoitar ben, podemos acabar confundindo o importante co secundario. Por iso as lecturas de hoxe úrxennos a que no noso actuar cotián lle prestemos atención ás cousas importantes; ás cousas que nos falan de persoas, poñéndoas no centro das decisións. Porque a fe non é algo abstracto e manipulador, senón un encontro íntimo, si ; pero tamén social con Deus desde a atención prestada aos irmáns e ás irmás e ao mundo no que están e estamos. Só sabéndoa vivir deste modo, lograremos entender a palabra que cada día se proclama nas nosas celebracións e evitaremos que caia en saco roto. CORAZÓN MISERICORDIOSO Porque movemos moito os nosos labios, pero cambiamos pouco o corazón; SEÑOR, QUE A DUREZA

29 domingo TO A 2020

DIANTE DUN MUNDO DE ANONIMATO E INVISIBILIDADE, DEUS SEGUE A CHAMARNOS POLO NOSO NOME CANTO GOZOSO ENTRADA: Andarei na presenza (Nº 11) LECTURAS: Cantádelle ao Señor (Nº 23) OFERTORIO: Eiquí están (Nº 32) COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50) POÑENDO OS OLLOS NA REALIDADE A fraternidade que nos iguala e nos saca do anonimato de quen non ten identidade, chámanos tamén a poñer a nosa mirada nas persoas, tal e como somos. Non como aparentamos ser. Porque nelas descubrimos quen somos e de onde procedemos: do amor do Deus Pai/Nai. Compartir identidade e non esquecer nunca as nosas raíces, esíxenos un permanente esforzo por non deixarnos enganar nin das aparencias nin dos comentarios que só ven en nós o positivo, pero calan, quen sabe por que, as nosas limitacións. Non nos deixemos engaiolar por quen non busca máis que aproveitarse do que nós non temos medo en compartir, pero diante do que si buscamos sempre sinxeleza e sinceridade! RENOVANDO O CORAZÓN  Porque non sempre buscamos o ben e

27 Domingo TO a 2020

DA VIÑA Á MESA: O BANQUETE CO VIÑO NOVO DA FRATERNIDADE CANTO GOZOSO ENTRADA: Con ledicia vamos todos ao altar (Nº 2) LECTURAS: Como che cantarei? (Nº 28) OFERTORIO: Señor Xesús, bendito sexas (Nº 52) COMUÑÓN: Grazas, Señor, graciñas (Nº 50) POÑENDO OS OLLOS NA REALIDADE O pasado sábado 3 de outubro, na cidade de Asís, o papa Francisco asinaba a terceira encíclica do seu pontificado: Fratelli tutti, sobre a fraternidade e a amizade social. Nun fermoso e profundo documento, Francisco anima á humanidade a recoñecernos como irmáns e irmás e a vivir como tales na casa común que Deus Pai nos confiou. Só desde o amor avanzaremos como sociedade cara un futuro sostible e xusto. Ao longo dos domingos pasados, a viña foi a comparanza utilizada por Xesús para chamarnos a traballar en comunidade e a dar froitos de amor e de xustiza. Hoxe, a comparanza do banquete de voda, invítanos a vestir de festa o noso corazón co traxe do amor para poder entrar ao banquete. Non rexeitemos esta invitación!

27 Domingo TO 2020 Ciclo A

NA VIÑA DE TOD@S, O ESFORZO TAMÉN HA SER COMÚN. NON CARGUEMOS SOBRE OS DEMAIS O QUE SÓ A NÓS CORRESPONDE CANTO GOZOSO ENTRADA : Camiñando pola vida (Nº 9) LECTURAS: Escoita ti (Nº 26) OFERTORIO: Ti es o pan do ceo (Nº 54) COMUÑÓN: Señor Xesús, bendito sexas (Nº 52) POÑENDO OS OLLOS NA REALIDADE Traballar na viña do Señor, facelo sen exclusións e poñendo da nosa parte o mellor, é a invitación que nos fai hoxe o Evanxeo. Pensemos o que serían as nosas vendimas se o traballo das persoas que, coma nós, poñen o seu tempo e esforzo para recoller a uva, non fose nin recoñecido nin valorado. Sería unha actitude inxusta e prepotente. A superar inxustiza e prepotencia é ao que nos invita a celebración de hoxe. Iso supón, un esforzo da nosa parte por revisar comportamentos e actitudes coas que andamos pola vida. Que o Señor, que nos chama a traballar na súa viña, atope en nós acollida e gratitude! RENOVANDO O CORAZÓN Porque non acabamos de comprometernos no coidado da túa viña, e deixamos que