Ir al contenido principal

30 Domingo TO A 2020

 SE A ORACIÓN NON ENRAÍZA NA VIDA, A FE FAISE ENTRETEMENTO

CANTO GOZOSO

  • ENTRADA: Unha parroquia

  • LECTURAS: Déixate querer (Nº 61)

  • OFERTORIO: Señor Xesús (Nº 52)

  • COMUÑÓN: Quédate, Señor, connosco (Nº 63)

MIRANDO AS BEIRAS

Coa saturación das palabras que cada día oímos, se non sabemos prestar atención e escoitar ben, podemos acabar confundindo o importante co secundario. Por iso as lecturas de hoxe úrxennos a que no noso actuar cotián lle prestemos atención ás cousas importantes; ás cousas que nos falan de persoas, poñéndoas no centro das decisións. Porque a fe non é algo abstracto e manipulador, senón un encontro íntimo, si ; pero tamén social con Deus desde a atención prestada aos irmáns e ás irmás e ao mundo no que están e estamos.
Só sabéndoa vivir deste modo, lograremos entender a palabra que cada día se proclama nas nosas celebracións e evitaremos que caia en saco roto.

CORAZÓN MISERICORDIOSO

  • Porque movemos moito os nosos labios, pero cambiamos pouco o corazón; SEÑOR, QUE A DUREZA DA PEDRA NON ANIÑE NO NOSO CORAZÓN.
  • Porque ante a dor de quen está só, miramos para o outro lado; CRISTO, QUE A DUREZA DA PEDRA NON ANIÑE NO NOSO CORAZÓN.
  • Porque non acabamos de deixar atrás usos e costumes que se desentenden das dores e dificultades das persoas que temos ao noso lado; SEÑOR, QUE A DUREZA DA PEDRA NON ANIÑE NO NOSO CORAZÓN.

PALABRA PROCLAMADA


PROCLAMACIÓN DA PALABRA RECOLLIDA NO LIBRO DO ÉXODO

Di o Señor.
Non aflixirás nin asoballarás aos forasteiros, pois forasteiros fostes vós en terras de Exipto.
Non oprimirás as viúvas nin os orfos. Se de feito os oprimes, e eles se queixan a min, eu escoitarei certamente a súa queixa. O meu noxo acenderase e fareivos morrer a espada. As vosas mulleres quedarán viúvas e os vosos fillos orfos.
Se lle emprestas diñeiro a un do meu pobo, ao pobre que vive onda ti, non te portarás coma un usureiro, cobrándolle intereses. Se tomas en préstamo o manto do teu próximo, antes de poñerse o sol devolverasllo, pois é o vestido que ten para cubrir o seu corpo. ¿Con que, se non, se taparía ó deitarse? Se se queixa a min, escoitareino, porque eu son misericordioso.

PALABRA DO SEÑOR


PROCLAMACIÓN DA BOA NOVA DO NOSO SEÑOR XESUCRISTO SEGUNDO MATEU

Naquel tempo, os fariseos ao se informaren de que Xesús lles tapara a boca ós saduceos, reuníronse; e un deles, que era xurista, preguntoulle para poñelo a proba:
Mestre, ¿cal é o mandamento máis importante da Lei?
El respondeulle:
"Amarás o Señor, o teu Deus, con todo o teu corazón, con toda a túa alma e con todo o teu entendemento. Este é o mandamento primeiro e máis grande. O segundo é semellante a el: Amarás o teu próximo coma a ti mesmo. Destes dous mandamentos dependen a Lei enteira e mais os profetas.

PALABRA DO SEÑOR

OLLOS ABERTOS E PÉS NO CHAN

A palabra de Deus que acabamos de proclamar na celebración de hoxe, volve insistir no que é un eixe fundamental da fe cristiá: o recoñecemento da outra persoa como alguén igual. Unha igualdade que non vén dada nin pola moda nin tampouco pola imposición dunha lei que así o esixa cumprir. A igualdade que nos fraterniza é froito do noso ser imaxe e semellanza de Deus, do recoñecemento de que a dignidade das persoas vén de seu, e non a concede ningunha constitución nin ningún acordo entre gobernantes. Ter asumido este principio fundamental da antropoloxía cristiá úrxenos a non esquecer endexamais que facer dano supón darlle as costas a Deus. E cando falamos de dano estámonos a referir a todo tipo da actuación sobre as persoas que lles provoque sufrimento, escravitude, sometemento ou desprezo porque vai en contra do proxecto que Deus ten para cada un e cada unha de nós en particular, e para a casa común en conxunto. Disto concrétase que non aprender a acoller, non escoitar, mentir ou utilizar o nome de Deus para acadar intereses políticos ou económicos, non comprometerse na loita polas causas xustas que dignifican e resarcen ás persoas diante do mal que se lle ten causado, vai no carril contrario do que nos pide a palabra de Deus que hoxe acabamos de escoitar: non poñer dor nin tristura nin no corazón nin na vida das persoas, especialmente das máis vulnerables.
E esta ha ser unha tarefa permanente na nosa vida; unha tarefa da que non podemos pedir días de vacacións ou baixa. Alí onde esteamos, o noso actuar ha por riba de calquera outra causa o ben das persoas. Un ben que non é obriga e si decisión persoal e alegre que nos fai ver a Xesús no irmán e na irmá cos que queremos facer o camiño xunt@s. Pois se falta a alegría e o noso actuar non nos fai descubrir que estando de paso no mundo as nosas pisadas han ser pegadas de Deus, a nosa fe non sería nada máis que comodidade e tristura. Que dificilmente conseguirían ter unha actitude creativa e sempre renovadora ao estilo de Xesús.
Quen, como acabamos de ver, responde a aqueles que, de novo, andaban a buscarlle as cóxegas que só quen ama e toma en serio que o amor ten que despregarse na vida cumpre o mandamento máis importante da Lei. A través e por medio de actitudes que nos fagan ter unha mirada que una e non separa; que achega a non aparta; que cambia o que xa non vale e non segue a repetir o mesmo inda que ninguén lle preste atención nin saiba por que se fai. O amor, cando é sincero, concrétase na capacidade de servizo, unión, transformación, renovación e sempre, iso si, sempre aberto á esperanza de que hai un horizonte de plenitude, que non nos deixaremos roubar.

FRATERNIDADE ORANTE

Seguindo o estilo do que nos fuches deixando pegada, facemos da oración experiencia comunitaria e dicimos:
SEÑOR, QUE FAGAMOS DO BEN COMÚN FRATERNIDADE
Para que a Igrexa e na Igrexa sexamos berce de acollida para coas persoas que precisan vida digna e respecta, OREMOS.
SEÑOR, QUE FAGAMOS DO BEN COMÚN FRATERNIDADE
Para que aprendamos a ser comunidades cristiás fraternas e acolledoras, OREMOS.
SEÑOR, QUE FAGAMOS DO BEN COMÚN FRATERNIDADE
Para que na nosa vida saibamos seguir as pegadas de Xesús a través da nosa entrega en tempo compartido para quen nos precise, OREMOS.
SEÑOR, QUE FAGAMOS DO BEN COMÚN FRATERNIDADE
Aléntanos ,Señor, nesta permanente tarefa Ti que vives facendo da túa vida compaña. P.X.N.S. Amén.

MIRADA DIFERENCIADA

Para quen a fe nos leva a ser seguidores e seguidoras de Xesús,
para todos os homes e para todas as mulleres de boa vontade,
dar continuidade ao proxecto de Xesús convértese nunha tarefa primordial.
As persoas cristiás, de xeito especial, polo bautismo, quedamos asimiladas á Cristo e unxidas polo Espírito Santo.
Correspóndenos a nós ordenar todas as realidades cara a Deus,
sen eliminar a dimensión secular de todas elas.
Así o ser humano convértese en co-creador,
en canto leva a creación cara a Deus xerando xustiza, solidariedade e verdade...
Nesta tarefa, Xesús ha ser o guía que nos debe marcar o rumbo
e a luz do Evanxeo ten que converterse na luz que oriente os nosos pasos.
É POSIBLE OUTRA IGREXA, PROFÉTICA, SERVIDORA e COMUNITARIA.

(http://www.redescristianas.net/?s=igrexa)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

4 advento 2023

  Advento, tempo de Xenerosidade Sinal de Advento .- Engadimos un novo elemento ás miradas con corazón deste Advento, a Xenerosidade Cantos          Entrada.-   Volve, Señor ( 90 ) Lecturas.- Benaventurados ( 119   ) Ofertorio.-   Velaqui Señor o viño ( 37) Comuñón.-   Xesús chamado amigo   ( 89 ) Abrindo o corazón Chegamos ao final de traxecto deste tempo de Advento. Ao longo destas catro semanas fóisenos invitando a facer un fondo proceso de revisión das nosas actitudes e comportamentos. E non era calquera o que nos invitaba, foi a voz de Xoán Bautista a que nos ía marcando este camiño que tiñamos que preparar cada un e cada unha de nós de maneira repousada, tranquila, sincera e liberadora. E para que? Para poder chegar a esta noite co corazón preparado para acoller nel ao neno que chega para traernos ilusión, esperanza, xenerosidade e, por riba de todo, a salvación. É dicir, sentido e horizonte para a nosa vida. Unámonos logo par co

Transfiguracón 2023

  COS OLLOS ABERTOS E COS PÉS NO CHAN CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Vinde axiña (Nº 10) o     LECTURAS:  Escoita ti (Nº 26) o     OFERTORIO:  Déixate querer (Nº 61) o     COMUÑÓN:  Quédate Señor connosco  ESCOITA ACTIVA O medo a correr riscos é unha das cousas máis paralizantes. Temos medo ao novo, como se conservar o pasado garantira automaticamente a fidelidade ao Evanxeo. Por medo calamos cando teriamos que falar, desentendémonos cando deberiamos intervir, non debatemos temas importantes para evitar plantexamentos novidosos. Temos medo a revisar liturxias e ritos que valeron noutro tempo, pero que na actualidade non din nada. Temos medo a falar de dereitos humanos, de diversidade, a recoñecer o papel da muller dentro da Igrexa. Temos medo a poñer por riba de todo a misericordia...  Segundo o relato evanxélico, os discípulos caen por terra cheos de medo.... pero Xesús achégase e dilles –dinos-:  erguédevos, non teñades medo . Que a celebración deste domingo, a Transfiguración do Señor