Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2012

Domingo 31 TO B

ESCOITA, ISRAEL.... ESCOITA, IGREXA: O PRIMEIRO, O MÁIS IMPORTANTE É O AMOR. NON O ESQUEZAS NUNCA PÓRTICO Como lle dicía a Israel, tamén Deus se dirixe a nós hoxe a través da súa palabra para dicirnos: “escoita” . Unha escoita que ten que ser sempre activa, vivida na participación e comprometida no esforzo de saber descubrir a Deus alí onde nos atopamos cunha persoa, sen importar que sexa rica ou pobre, branca ou negra, católica ou doutra relixión. O importante é ser capaz de ver nela ao Deus que nos invita a prestar atención a canto pasa no mundo, e a non andar pola vida sen xirar a cabeza nin preocuparnos dos que temos ao lado. De que nos valerían os nosos rezos se temos os oídos taponados para escoitar a dor, dificultades e tristuras que vemos ao noso redor? Porque o amor é o guieiro e motor principal da proposta que Deus nos fai, acostumémonos a vivilo no encontro cos demais, na man tendida ao compartir e no sorriso desde o que animar a quen a dureza da vida llo vai quit

Santos 2012

BENAVENTURADAS AS PERSOAS QUE DESCUBREN CRER, CONFESAR E AMAR COMO FOLLA DE RUTA NO CAMIÑO DA VIDA PÓRTICO Bo día!. A festa de tódolos santos, a festa dos sinxelos de corazón e vida, volve convocarnos unha vez máis neste comezo de novembro para que fagamos memoria agradecida de tantas persoas de tantos tempos e lugares que camiñaron como servos e servas de Deus; tantos homes e mulleres que creron sempre que o amor era o meirande ben; de tanta xente, dunha moitedume tan inmensa que nos enche o corazón de esperanza, porque, coñecidos ou descoñecidos, todas aquelas persoas que hoxe celebramos viviron o que nós queremos vivir, e por iso axúdannos e acompáñannos. Que Deus non é de mortos senón de vivos é unha realidade. Que Deus sigue presente no mundo por medio da Igrexa e d@s cristiáns é unha realidade. Que moitas persoas, na súa vida de cada día, transparentan esa presenza de Deus, a pesares das dificultades, a dor, o rexeitamento, o sufrimento, a exclusión... é unha realida

30 Domingo TO B

SABER CONSOLAR É A MELLOR MANEIRA DE VER NO IRMÁN A PRESENZA DE DEUS PÓRTICO Nunca tanto coma hoxe tivemos a oportunidade de coñecer as posibilidades que se nos van presentando na vida. A pesares da forte crise que estamos a vivir, se nos comparamos con persoas doutros continentes máis empobrecidos, nós seguimos a ter moitas posibilidades; e o que é máis triste, seguimos sen aproveitalas e sacarlle verdadeiro rendemento. Cómo gozarían tantos rapaces novos de África, América do Sur ou Asía se puidesen estudar, inda que fora con recortes e axustes!. Cómo e canto valorarían poder formarse!. Porén, aquí, seguen a crecer os chamados nin nin –nin traballan nin estudan- que non son para tomalos a broma, senón para que reflexionemos sobre ata onde temos chegado á hora de desaproveitar oportunidades e ter construído unha sociedade saciada e opulenta, que na hora das dificultades, renuncia a facerlle fronte e a non deixarse ir sen rumbo. Hoxe, a Palabra preséntanos un Deus que acolle, es

Domingo 29 TO B Domund 2012

UNHA MISIÓN DE SERVIZO, DESDE A FE, AO DESENVOLVEMENTO INTEGRAL DO SER HUMANO (XORNADA DO DOMUND 2012) PÓRTICO Os textos que imos proclamar hoxe móstrannos que seguir a Xesús non é tanto relatar a súa vida e a súa mensaxe, como esforzarse por estar real e verdadeiramente ao lado das persoas pobres, excluídas, as que non contan no noso mundo tan inxusto e desigual. Isto esixe de nós constancia e perseveranza, porque só quen é quen de seguir a pesares de que as dificultades non son poucas, só quen sabe buscar portas abertas e ventás de aire fresco, só quen vai descubrindo que a universalidade da fe leva unida a solidariedade dos cristiáns, pode entender por que, unha vez máis, celebramos o día das misións, a xornada do DOMUND, compartindo gozos e esperanzas cos homes e mulleres que, en situacións e mundos difíciles, están a traballar polo Reino, entregando xenerosamente a súa vida, o seu tempo e as súas capacidades. Só se somos capaces de entender isto, poderemos entender tamén

28 domingo TO B

DA ABUNDANCIA DO CORAZÓN FALA A BOCA Pórtico Cántas veces non temos escoitado aquela frase que di “da abundancia do corazón fala a boca”. Si, cantas veces non o temos feito; e tamén que pouco caso lle temos prestado, inda que sexa verdade o que di.  No noso xeito de actuar, moitas veces non nos damos conta que aquilo que verbalizamos, o que falamos, o noso xeito de expresar e dicir as cousas, non é máis que un sacar para fóra o que pensamos, a nosa forma de ver e entender as cousas, o xeito que leva a que sexamos desta maneira e non doutra. Por iso é tan importante pensar antes de dicir, calar antes de falar e escoitar no canto de actuar con premura e precipitación.  Sobre todo isto invítanos a pensar a Palabra que proclamaremos. Prestémoslle atención para facer dela un verdadeiro pulo á hora de actuar e mostrar os valores que verdadeiramente nos importan, e polos que loitamos e traballamos, cada día. Perdón Para que deixemos atrás o que nos impide presentarnos diante