Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2008

Domingo 27

Unha viña con uvas a rebordar Pórtico Na viña do Señor, na Igrexa, hai moitas clases de uvas: grandes, pequenas, doces, agreas, de boa e de mala calidade. Nestas uvas estamos representados cada un e cada unha de nós. Que a anada sexa boa ou mala depende de moitas cousas: tipo de terra, clima, tratamento...pero cando un planta a viña o que busca é que dea o mellor froito. Iso mesmo quere Deus de nós. Sabe que somos distintos, que cada un ten o seu xeito, a súa maneira, o seu proceso...pero o importante é que día a día vaiamos preparando a terra para dar bo froito, e froito en abundancia: as nosas boas obras. Que a celebración de hoxe nos faga caer na conta da necesidade de formarnos máis e mellor para que o noso froito sexa abundante. O PERDÓN Porque nos sobra crítica e fáltannos traballo e compromiso, SEÑOR, QUE DEIXEMOS ATRÁS A DESGANA. Porque nos sobran prexuízos e clasismos e fáltanos coherencia entre o que dicimos e rezamos e o que facemos, CRISTO, QUE DEIXEMOS ATRÁS A DESGANA. Por

Domingo 26 TO

NADA DE “XUNTÉMONOS… E IDES” Pórtico Moitas veces no noso actuar, cústanos rectificar, e tamén nos custa descubrir que os demais poden cambiar. Sempre buscamos segundas intencións, comportamentos interesados ante o cambio dos demais: farao porque… ese é así, por algo será… A celebración de hoxe, móstranos, por un lado que é importante rectificar os erros que cometemos, pero tamén é moi importante recoñecer o cambio nas demais persoas, pois como nos di un salmo: o Señor ensina o seu camiño aos humildes. Que a celebración que agora comezamos nos axude a abrir o noso corazón para deixarnos guiar polo Señor. Perdón Polas veces en que lle botamos as culpas aos demais do noso actuar, escondendo a man e acusando sen dificultades, SEÑOR, A TÚA MISERICORDIA É ETERNA. Porque moitas veces preferimos que os outros fagan o traballo, actuando segundo a lei do mínimo esforzo, reducindo a nosa vida a un deixarnos levar , CRISTO, A TÚA MISERICORDIA É ETERNA . Polas veces que quere

Domingo 25

As oportunidades non son rebaixas:grazas por lembrárnolo! PÓRTICO O mundo da economía vai marcando o noso tempo. Todo o valoramos desde o punto de vista da rendibilidade económica. Así, o traballo, o tempo de lecer, as relacións familiares, o tempo de meditación e reflexión, mesmo o tempo de formación van levando a impronta da economía, e rapidamente nos sae a pregunta de cánto nos custou ou cánto gastamos en cada unha destas actividades. Porén, Xesús hoxe dinos algo que mesmo nos pode resultar novidoso, ou mellor dito, dados os tempos que corren, subversivo: para El o que menos importa é o valor económico das cousas, pode incluso que este sexa ruinoso; o que verdadeiramente vale é o valor humano: a nosa capacidade de sentir, aledarnos, acoller, perdoar, comprender...escoitar. Que a celebración que agora comezamos nos faga caer na conta deste gran regalo que Xesús nos fai. O PERDÓN Porque non damos entendido que a salvación é un dereito fundamental de toda persoa, para o que non fai f

Domingo 24

A GRANDEZA DE SABER PEDIR PERDÓN E DE SABER PERDOAR Pórtico A nosa sociedade caracterízase polas alianzas políticas, polos tratos de favor, polas contraprestacións…Tratamos de sacar o maior rédito económico e social de toto… tamén das relacións persoais. Moitas veces temos privilexios e non somos parciais nas nosa relacións, especialmente á hora de esixir e incluso de perdoar e ser perdoados. A celebración de hoxe móstranos que o mellor camiño é o do perdón e o do amor, un perdón e un amor que non levan contas, senon que son xenerosos e sempre buscan o ben da persoa. Que esta celebración nos faga sentir a tod@s @s que nos xuntamos para celebrar a nosa fe a urxencia de sentir o perdón como algo fondamente enraizado nela. Perdón Porque moitas veces somos vingativos nas nosas relación e levamos conta de todo o que nos fan, SEÑOR, TEN PACIENCIA CONNOSCO. Polas veces nas que só pensamos en nós mesmos, no noso propio lucro, en que os demais se fixen en nós, CRISTO, TEN PACIENCIA CONNOSCO. Po