Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2019

1 Advento 2019 A

Fagamos do Advento unha escaleira de igualdade SINAL DE ADVENTO Ao longo deste tempo de Advento, utilizaremos como sinal unha escaleira de catro chanzos, que chamaremos a escaleira da igualdade. Cada un dos domingos iremos colocando neles, comezando por abaixo, unha lenda que poña de manifesto que este tempo de Advento ha ser para nós a ocasión de ir deixando atrás aqueles comportamentos que fan que nos sintamos persoas atrapadas na rutina de non prestar atención á xente e ao dano que lle podemos procurar; xente que vai creando desigualdade nas nosas relacións e formas de pensar. As lendas para cada un dos domingos serán:             1º.- Deixemos atrás o chanzo do control             2º.- Deixemos atrás o chanzo da falta de respecto a outras opinións             3.- Deixemos atrás o chanzo da ansia de dominio             4º.- Deixemos atrás o chanzo da aparencia Nesta primeira semana coloca

Cristo Rei 2019 Ciclo C

CONSTRUÍNDO REINADO DE DEUS ASENTADO NO DIÁLOGO E A INTEGRACIÓN Descarga o ficheiro CANTOS Entrada.- Veña o teu Reino (88) Lecturas.- Moito me alegrei cando me dixeron  Ofertorio.- Na nosa terra (36) Comuñón.-  Señor Xesús, bendito sexas (52) OÍDOS ATENTOS Cando unha palabra se repite moitas veces e en tódolos sitios, corre o risco de converterse nun retrouso ao que ninguén lle presta atención nin lle fai caso. Isto é o que lle pode ocorrer á palabra diálogo que tanto usamos hoxe unh@s e outr@s. Si, porque de tanto apelar teoricamente á necesidade de dialogar na política, na Igrexa, na economía, na educación ... corremos o risco de que non lle prestemos a atención que merece. Porén, sen diálogo leal, sincero e responsable dificilmente podemos superar tensións, enfrontamentos, rancores ou odios ancestrais, o que nos fará seguir vivindo no desacougo interior de quen mantén permanentemente supurando as feridas do enfrontamento, a intolerancia e o desprezo. Neste últim

33 Domingo TO C 2019

A ESPERANZA DAS PERSOAS POBRES NUNCA SE FRUSTRARÁ (III XORNADA MUNDIAL DAS PERSOAS POBRES) Descarga o ficheiro CANTO GOZOSO o    ENTRADA: Benaventurados (Nº 7) o    LECTURAS: O Señor é o meu Pastor (Nº 27) o    OFERTORIO: Eu soñei (Nº58) o    COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55) OLLOS ABERTOS Hoxe, último domingo do tempo ordinario, celebramos en toda a Igrexa a terceira xornada mundial das persoas pobres, instituída polo papa Francisco en 2016. Invítasenos a poñer ollos, oídos, mans e, sobre todo, corazón, nas persoas máis desfavorecidas das nosas parroquias, das nosas dioceses, da nosa Igrexa. Elas son o lugar teolóxico no que podemos atopar o rostro de Cristo Resucitado que nos interpela. Como ben di o papa, ás veces, requírese pouco para devolverlle a alguén a esperanza. Basta con deterse, sorrir e escoitar. As persoas pobres non son números aos que poder recorrer para presumir con obras e proxectos, senón que son persoas ás que, como Igrexa en saída, temos que i