Ir al contenido principal

32 Domingo TO C 2019 Igrexa Diocesana

CAMIÑANDO NA SINODALIDADE
CANTO GOZOSO
o    ENTRADA: Unha xuntanza de amor (Nº 7)
o    LECTURAS: A túa Palabra (Nº 25)
o    OFERTORIO: Eu soñei (Nº58)
o    COMUÑÓN: Ide e pregoade (Nº 55)

OLLOS ABERTOS
As persoas fixemos e facemos de todo con Deus. Unhas séntense na obriga de defendelo (aínda que sexa condenando aos irmáns e, sobre todo, ás irmás); outras mesmo ousan dicirlle o que debería facer nestes tempos de ateísmo e crise moral; algunhas seguen aferrándose a imaxes relixiosas e concepcións infantís. Hainas tamén que falan del coma se coñecen ao detalle os seus plans e designios; e quen invoca a súa autoridade a tempo e a destempo. Fanse e fixéronse demasiadas caricaturas de Deus... nas que as mais das veces non sae demasiado favorecido, pois El non é un Deus nin destrutor, nin castigador, nin vingativo, senón un Deus que crea, sostén e leva á plenitude a vida das persoas.
E neste contexto de vida, celebramos hoxe a Xornada da Igrexa Diocesana que pon diante de nós a necesidade de camiñar xuntos, sinodalmente, en palabras do papa Francisco, para sentírmonos comunidade que camiña compartindo ledicias e tristuras no amor e na misericordia de Deus.

CORAZÓN MAGOADO
    Porque dicimos que queremos vivir, e pola contra facemos imposible a vida contaminando, explotando e asolando a Casa Común que nos deches, SEÑOR, LÉVANOS NO TEU COLO.
    Porque pola febleza da nosa fe seguimos vendo a morte como final de meta, cando en realidade é comezo de vida en plenitude, CRISTO, LÉVANOS NO TEU COLO.
    Polas veces nas que non quixemos comprometernos a camiñar en comunidade, SEÑOR, LÉVANOS NO TEU COLO.
PALABRA QUE INTERPELA

Afirmar que Deus é un Deus de vida e non de morte, supón que nunca creremos:

    no Deus que sorprenda ás persoas nun pecado de debilidade,
    no Deus que ame a dor,
    no Deus que lle poña luz vermella ás ledicias humanas,
    no Deus que esterilice a razón das persoas,
    no Deus que bendiga aos novos Caíns da humanidade,
    no Deus mago e feiticieiro,
    no Deus que se fai temer.

Afirmar que Deus é un Deus de vida e non de morte, supón que nunca creremos:

    no Deus que non se deixa chamar de ti,
    no Deus que non precisa das persoas,
    no Deus quiniela.... co que se acerta só por sorte,
    no Deus árbitro, que xulga só co regulamento na man,
    no Deus incapaz de sorrir diante das trasnadas das persoas,
    no Deus que manda ao inferno,
    no Deus que non sabe esperar

Afirmar que Deus é un Deus de vida e non de morte, supón que nunca creremos:

    no Deus que adoran os que son capaces de condenar ás persoas,
    no Deus incapaz de amar o que moitos desprezan,
    no Deus incapaz de perdoar o que moitos condenan,
    no Deus incapaz de redimir a miseria,
    no Deus que lle impida ás persoas medrar, conquistar, transformarse,
    no Deus que esixa renunciar a ser persoa para crer,
    no Deus que non acepte unha cadeira baleira nas nosas festas.

Afirmar que Deus é un Deus de vida e non de morte, supón que nunca creremos:

    no Deus que só poden entender as persoas maduras, sabias e ben situadas,
    no Deus a quen lle agrade a beneficencia de quen non practica a xustiza,
    no Deus que condena a sexualidade,
    no Deus que se arrepinte de terlle dado a liberdade ás persoas,
    no Deus que prefira a inxustiza á desorde,
    no Deus mudo e insensible nos problemas da humanidade,
    no Deus que cre discípulos desertores das tarefas do mundo.

Afirmar que Deus é un Deus de vida e non de morte, supón que nunca creremos:

    no Deus que poña a lei por riba da conciencia,
    no Deus que dea por boa a guerra,
    no Deus que cause o cancro, a sida ou calquera enfermidade,
    no Deus que non saia ao encontro de quen o abandonou,
    no Deus que non tivese unha palabra distinta, persoal, propia para cada persoa,
    no Deus que non tivese misterio,
    no Deus que non fose maior ca nós,
    no Deus incapaz de facer novas todas as cousas.

A Palabra que vimos de escoitar é clara. A que tren subimos, ao de vida ou ao de morte?.

ORAMOS EN COMUNIDADE
Pondo a nosa esperanza no Deus que sabe acompañar as nosas vidas e respectar a nosa liberdade, compartamos agora a nosa oración, sabéndoa por ao seu dispor para dar froitos de amor solidario e confiado, e digamos.

GRAZAS, SEÑOR DA VIDA
Dámosche grazas pola Igrexa, hoxe especialmente agradecemos a nosa pertenza á diocese de Tui-Vigo. Para que sempre nos sintamos corresponsables da nosa tarefa evanxelizadora, OREMOS
GRAZAS, SEÑOR DA VIDA
Dámosche grazas polos nosos grupos cristiáns, parroquiais ou diocesanos. Para que non nos deixemos levar pola indiferenza, senón que convertamos a nosa resposta de fe en acción a favor das persoas que máis precisan de nós, OREMOS.
GRAZAS, SEÑOR DA VIDA
Dámosche grazas tamén pola vida. Para que nos esforcemos cada día en vencer a tentación de facer da resposta que nos pide Xesús un simple cumprimento de preceptos, normas ou mandatos, sen ser capaces de poñerlle vida, ilusión e risco, OREMOS.
GRAZAS, SEÑOR DA VIDA

Grazas, Señor, por lembrarnos unha vez máis que Ti es un Deus de vida e que por iso podemos atoparte sempre onde as persoas traballan por unha humanidade máis humana. P.X.N.S. Amén.


REFLEXIÓN
(Propoñemos coller unha parte do remuíño, cadaquén a que queira, e lela como reflexión)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Corpus 2025

  MENTRES HAXA PERSOAS, HAI ESPERANZA CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Pan do ceo, pan da vida (Nº 54) o     LECTURAS:  Ti es o pan do ceo (Nº 33) o     OFERTORIO:  Quédate, Señor, connosco (Nº 63) o     COMUÑÓN:  O amor é o meirande (Nº 120) PARA NON PERDER O PASO Hoxe é día do Corpus Christi, festa grande. Festa da mesa preparada para compartir. Festa da mesa que acolle, reúne, escoita e acompaña. Festa da comuñón e non da soidade. Festa que nos urxe a camiñar; pero non de calquera xeito, senón polo camiño da, esperanza que, neste ano xubilar, cobra un sentido especial para as persoas cristiás, converténdose en camiño para peregrinar na súa procura, e tamén para sandar o sufrimento de tantas persoas que loitan por atopar unha saída á súa dor. O camiño da esperanza é sempre un camiño de busca. Unha busca que nos convida a ser persoas portadoras e sementadoras da bondade e da tenrura de Deus, ese Deus que h...

Igrexa Diocesana 2025

  DEDICACIÓN DA BASÍLICA DE LETRÁN (DÍA DA IGREXA DIOCESANA) UN CHAMADO Á SANTIDADE CANTO GOZOSO      ENTRADA:  Non vou so    LECTURAS:  Eu sei de quen me fiei    OFERTORIO:  Cantádelle ao Señor    COMUÑÓN:  Acharte presente   PÓRTICO Hoxe a Igrexa celebra a festa da dedicación da basílica de Letrán, catedral de Roma e signo visible da comuñón de cada diocese co papa. Neste día, convídasenos tamén a facer memoria agradecida das persoas santas que floreceron nas nosas Igrexas particulares, testemuñas de que a santidade é posible en cada tempo e lugar. Coincidindo con esta festa, celebramos o Día da Igrexa Diocesana, unha Xornada para lembrar que as persoas cristiás somos parte dunha gran familia que é a Igrexa, en comuñón co noso bispo e con toda a comunidade diocesana. Dispoñamos o noso corazón para celebrar con gozo esta celebración. O PERDÓN   Por esquecer que somos parte dunha gran familia, coa que temos ...

Santos 2025

  BENAVENTURADAS AS XENTES DE BEN QUE, AO ESTILO DE XESÚS, PASARON SEMENTANDO XENEROSIDADE Canto para agradecer Ø    Entrada.-  Benaventurados Ø    Lecturas.-  Podo do divino e do humano Ø    Ofertorio.-  Na nosa terra Ø    Comuñón.-  No colo da miña nai Ollos para ver          Hoxe é a festa de tódolos Santos, a festa do agradecemento a tantas persoas de ben que foron deixando no medio de nós pegadas de solidariedade xenerosa e entregada. Falamos daquelas persoas, moitas delas témolas coñecido, que nos deixaron esa sementiña de esperanza en momentos nos que a vida se volvía dura e difícil.          Homes e mulleres que foron construíndo a súa santidade desde a sinxeleza e a humildade de facer canto o corazón lle pedía para construír un mundo mellor. Homes e mulleres aos que Francisco lles chamaba os santos da porta do lado, porque a ...