Ir al contenido principal

Todos os Santos 2019

1 de Novembro, Festa de Tódolos Santos
Cantos.-
Entrada.- Benaventurados  (  )
Lecturas.- Ergo os meus ollos ( 112)
Ofertorio.- Eiqui están, señor (  )
Comuñón.- Gracias, Señor, graciñas  ( 50  )
Invitad@s a súa mesa
Na mesa da Eucaristía somos hoxe invitad@s para dar grazas. Grazas polas persoas que co seu testemuño foron converténdose para nós en referente de compromiso, de actuación, de honestidade... de verdadeira imaxe e semellanza do amor de Deus. Por iso queremos dar grazas a deus por ir poñendo n nos camiño a tantas persoas que van facendo posible que non perdamos nunca nin a esperanza nin a capacidade de seguir confiando nos demais.
Grazas, Señor, polos testemuños de vida que pos no noso camiño para que poidamos seguilo e ser cada día un chisco mais felices. Como sabemos que están ao teu lado, compartimos a súa alegría e comezamos a celebración dispondo o corazón a compartir este momento de presenza e lembranza no teu amor.
Abríndonos á misericordia
 Polas veces nas que nos obran palabras e nos faltan feitos. Señor, grazas por non darnos as costas.
 Polas veces nas que non somos capaces de aledarnos polo triunfo e recoñecemento dos demais. Cristo, grazas por non darnos as costas.
 Polas veces nas que non quixemos que o sorriso agromase nos nosos beizos e no noso corazón, dando lugar á amargura e á desconfianza. Señor, grazas por non darnos as costas.
Na acollida da Palabra
 En tempos de afastamento de Deus e desconfianza nas persoas, nós seguimos, non a moda de pasatempo ou evasión, a celebrar con agarimo a festa de tódolos Santos. Todas esas persoas que foron deixando, non só en nós, senón no mundo e na historia testemuños de bo facer para que a trstura se convertera en ledicia e o esquecemento en compañia compartida. Agradecemos ante o Deus qe pasou facendo o ben, que nos teña deixado o exemplo de tantas persoas, máis alá da súa crenza, lingua, cultura, continente... que foron facendo da casa común unha experiencia de sinodalidade compartida dese a man ofrecida a quen necesitaba erguerse ou o traballo realizado para que ninguén fose quedando esquecid@ nas beiras  da historia e máis da vida. É para os crentes, a festa de tódolos santos, non un acordo de truco ou trato, senón de valoración e recoñecemento daquelas persoas que fixeron da verdade experiencia de vida. Por iso aquí, e neste día, non podemos facer outra cousas que dar grazas a eles polo moito que nos deixaron, e a Deus por telo feito posible. Grazas por ese ceo novo que nos fostes abrindo e cara onde , tamén nós, queremos camiñar!

 E ese testemuño de amor por eles manifestado fainos tomar conciencia de que nunca ,inda que as veces nolo pareza, imos sós. Que o noso é un camiño compartido por pés que levan a mesma dirección e se dirixen cara o mesmo horizonte. Pés moitas veces doloridos pero que non paran ante as dificultades, ao contraio, seguen avanzando, apesares da dor, para que non se rompa a cadea de camiñar e traballar en común na busca de canto fai posible que a persoa se recoñeza como centro, fin e dignidade no medio dun mundo tantas veces cheo de engano e mentira. Celebrar a festa dos Santos móstranos que é posible vencer todos eses intentos de manipular aos demais, mesmo as veces a nós mesmos, con medias verdades ou intentos de utilizarnos como se fósemos obxectos que se moven ao antollo de quen só pensa que as persoas somos cousas en beneficio propio.

 E porque segue a haber persoas santas, seguimos a proclamar a benaventuranza de Deus, como acabamos de escoitar no Evanxeo. Polo que tamén hoxe podemos dicir, coma dixo Xesús naquel tempo: benaventuradas tódalas persoas que non se deixan vencer polo engano dos poderosos, que non calan ante o intento de manipulación dos que queren sacar rendibilidade usando as persoas como se fósemos algo; benaventuradas as persoas que miran para as beiras e tenden a man a quen está alí tirada; benaventuradas as persoas que seguen crendo que se poden facer cousas polos demais sen buscar interese persoal nin réditos de ningún tipo; benaventuradas as persoas ás que hoxe queremos honrar coa nosa oración e agradecemento no día da súa festa, e que pasaron pola nosa vida e o noso corazón, estimulándonos a non rendernos nin virnos abaixo ante as dificultades! Por iso só podemos dicir: grazas polo vosa testemuño, que nós saibamos continualo! 
Compartimos a oración con agradecemento
Porque Deus segue a ofrecernos testemuños de persoas que nos abren os ollos e na loita por un mundo máis xusto e fraterno, dicimos: Grazas, Señor, pola xente de ben.

 Para que a Igrexa non se deixe vencer polos profetas  de calamidades, que todo o critican e que nada son capaces de construír. Oremos. Grazas, Señor, pola xente de ben.

 Para que reparemos nas persoas que están preto de nós e cada día nos van mostrando que é posible ser crente sen prexuízos nin medos, nun mundo cheo deles e con capacidade de facer da indiferenza maneira de tratar ás persoas. Oremos. Grazas, Señor, pola xente de ben.
 .Para que a festa dos Santos non sexa un rito nin un costume na nosa vida, senón un momento de memoria agradecida das persoas ás que lle poñemos nome e apelido, porque pasaron pola nosa vida facéndonos moito ben. Oremos. Grazas, Señor, pola xente de ben .
Grazas, Señor por este momento de oración comunitaria na que lembramos ás persoas boas e xenerosas que sementaron e seguen a sementar a túa presenza  no medio do noso mundo, tan afastado  de Ti e da túa proposta de xustiza e amor. Por Cristo o noso señor. Amén.
Aprendendo a descubrir e agradecer
Non pensemos só n@s  - sant@s – xa beatificad@s ou canonizad@s. O Espírito Santo derrama santidade por todas partes, no santo pobo de fiel de Deus, porque “ foi vontade de Deus santificar e salvar ás persoas, non illadamente, sen conexión algunha de uns para cos outros, senón constituíndo un pobo, que lle confesara en verdade e o servira santamente”. O Señor na historia da salvación, salvou a un pobo. Non existe identidade plena sen pertenza a un pobo. Por iso ninguén se salva só/a, coma individuo illado, senón que Deus atráenos tomando conta da complexa trama de relacións interpersoais que se establecen na comunidade humana. Deus quixo entrar nunha dinámica popular, na dinámica dun pobo. ( Francisco, Aledádevos e rebulida, 6)

Comentarios

Entradas populares de este blog

Domund 2023

Corazóns aquecidos, Pés no camiño Cantos Lecturas.-  Misioneiro serás  ( 115 ) Entrada.-  Como che cantarei  (8 ) Ofertorio.-  Recibe, Señor  ( 31 )  Comuñón.-   Acharte presente  ( 51 ) Mirada agradecida             A Xornada Mundial das Misións, que en España chamamos DOMUND, é o día no que a Igrexa reza dun xeito moi especial pola evanxelización no mundo e lémbranos que todas e todos estamos chamados a participar activamente na misión.        Oración e axuda solidaria forman unha unión inseparable, porque como crentes non podemos rezar sen comprometernos solidariamente coas nosas accións, pero tampouco podemos facer accións solidarias se non as facemos xurdir da oración persoal e comunitaria.        Neste día, e do mellor das maneiras, a Igrexa mostra a súa universalidade sen fronteiras para tender a man e poñer o corazón, desde a mirada de Deus, en tódalas persoas que, dun cabo ao outro do mundo, o precisen. Palabra de misericordia ·        Porque son moitas as veces nas que nos fa

4 advento 2023

  Advento, tempo de Xenerosidade Sinal de Advento .- Engadimos un novo elemento ás miradas con corazón deste Advento, a Xenerosidade Cantos          Entrada.-   Volve, Señor ( 90 ) Lecturas.- Benaventurados ( 119   ) Ofertorio.-   Velaqui Señor o viño ( 37) Comuñón.-   Xesús chamado amigo   ( 89 ) Abrindo o corazón Chegamos ao final de traxecto deste tempo de Advento. Ao longo destas catro semanas fóisenos invitando a facer un fondo proceso de revisión das nosas actitudes e comportamentos. E non era calquera o que nos invitaba, foi a voz de Xoán Bautista a que nos ía marcando este camiño que tiñamos que preparar cada un e cada unha de nós de maneira repousada, tranquila, sincera e liberadora. E para que? Para poder chegar a esta noite co corazón preparado para acoller nel ao neno que chega para traernos ilusión, esperanza, xenerosidade e, por riba de todo, a salvación. É dicir, sentido e horizonte para a nosa vida. Unámonos logo par co

Transfiguracón 2023

  COS OLLOS ABERTOS E COS PÉS NO CHAN CANTO GOZOSO o     ENTRADA:  Vinde axiña (Nº 10) o     LECTURAS:  Escoita ti (Nº 26) o     OFERTORIO:  Déixate querer (Nº 61) o     COMUÑÓN:  Quédate Señor connosco  ESCOITA ACTIVA O medo a correr riscos é unha das cousas máis paralizantes. Temos medo ao novo, como se conservar o pasado garantira automaticamente a fidelidade ao Evanxeo. Por medo calamos cando teriamos que falar, desentendémonos cando deberiamos intervir, non debatemos temas importantes para evitar plantexamentos novidosos. Temos medo a revisar liturxias e ritos que valeron noutro tempo, pero que na actualidade non din nada. Temos medo a falar de dereitos humanos, de diversidade, a recoñecer o papel da muller dentro da Igrexa. Temos medo a poñer por riba de todo a misericordia...  Segundo o relato evanxélico, os discípulos caen por terra cheos de medo.... pero Xesús achégase e dilles –dinos-:  erguédevos, non teñades medo . Que a celebración deste domingo, a Transfiguración do Señor